Skip to Content

Seccións Bilingües

Inglés

Na actualidade estanse a impartir 3 Seccións Bilingües de Inglés no IES Praia Barraña:
  • 3º ESO:  Tecnoloxías
  • 3º ESO:  Ciencias Sociais - Xeografía e Historia
  • 1º BAC:  Historia do mundo contemporáneo

Re-enacting History / Re-creando a Historia

Os alumnos e alumnas de Historia do Mundo Contemporáneo- sección bilingüe recrearon un ano máis fotos históricas.

Esta foto é unha recreación realizada por Jessica Fernández dun retrato de Maud Wagner, que a comezos do século XX se converteu na primeira tatuadora coñecida no mundo occidental. 

Jessica elixiu esta fotografía porque amosa o valor da historia cotiá e o importante papel das mulleres na Historia e porque a tatuaxe segue presente na actualidade.

 

Laura Piñeiro recreou esta fotografía de Frida Kahlo por ser unha muller á que admira moito como artista e como persoa pola súa fortaleza ante a enfermidade e pola súa defensa do feminismo.

 

Liz Puerto recreou un cartaz que representa ao Tio Sam, personificación dos EEUU, facendo un chamamento aos homes para loitasr  na I Guerra Mundial. Este cartaz, á súa vez, é unha adaptación doutro anterior realizado no Reino Unido. Liz imitou este cartaz pois tivo un grande impacto na súa época e é reinterpretado de xeitos moi diferentes na actualidade. 

 

Re-enacting Art / Re-creando a Arte

 

Os alumnos e alumnas de 3º de ESO B-sección bilingüe reinterpretaron diferentes obras de arte do Renacemento e do Barroco dentro da materia de Xeografía e Historia.

Unha das obras adaptadas foi A rendición de Breda, de Diego Velázquez, na que recreamos a obra representando un enfrontamento entre dúas bandas urbanas que remata coa reconciliación destas nunha defensa do respecto á diversidade.

Feito por todos os alumnos e alumnas de 3º ESO B.

 

Nesta recreación d'A derradeira cea, de Leonardo da Vinci, denunciamos varias prácticas da actualidade: os malos hábitos alimentarios nos que ten unha excesiva presenza a comida lixo; a enorme produción de residuos por mor do uso de embalaxes innecesarrias e produtos de usar e tirar; a substitución en ocasións dos valores deportivos por rivalidade e violencia no fútbol; e o mal uso que fai en ocasións das novas tecnoloxías.

Feito por Sabela Martínez Tomé, Jorge Saavedra Fungueiriño, Alejandro Tubío Sieiro, Javier Varela Viturro, Alejandro Santos Tubío, Eva Regadas Tubío, Yolanda Casqueiro Fernández, David Triñanes Ozores, Roi García Vidal, Antía Ramallo Blanco e Sandra Martínez Liste (3º ESO B).  

 

Na recreación d'O Nacemento de Venus, de Sandro Botticelli denuncimos a violencia machista na sociedade.

Na representación, a ninfa Clovis é substituída por un home que intenta maltratar a Venus, mentres o vento Céfiro, que representa as forzas policiais, intenta deter a Clovis empregando tamén a violencia. Venus é representada como unha muller. A pedra sobre a que está simboliza o seu poder e forza, mais está axeonllada sobre ela por mor da opresión que sofre. Primavera representa á parte da sociedade que segue a pensar que o papel da muller é coidar da casa e dos fillos, e por iso está a lle ofrecer un mandil a Venus.

Feito por: Sara Blanco García, María Blanco Resúa, Jorge Hermo González,  Laura Pérez López, Pablo Piñeiro Ínsua e Sara Romero López (3º ESO B).

 

O bolero, de José Camarón Bonanat, é unha obra inspirada no estilo rococó francés, pero adaptada ao gusto español. Os personaxes están vestidos segundo a moda madrileña dos majos e as majas. Nós recreamos a fotografía adaptándoa aos bailes tradicionais de Galicia.

Feito por: Miranda Carou Laíño, María Gómez Sánchez, María Jacobs Sánchez, Sonia Romero Vidal e Catariña da Silva Lopes e  (3º ESO B). 

 

Recreamos o cadro Nenos comendo uvas, de Bartolomé Esteban de Murillo, substituíndo a froita por vídeo xogos para representar a importancia que ten este tipo de xogos no lecer dos rapaces e rapazas na actualidade. Esta representación tamén se relación co cadro Nenos xogando aos dados, do mesmo autor, pois permite ver como cambiaron os xogos ao longo do tempo. 

Feito por: Jorge Piñeiro Bermúdez e Pablo Trasbach Sánchez (3º ESO B).

Almorzo co escritor Antón Riveiro Coello

O escritor e membro da comunidade educativa do centro, Antón Riveiro Coello, compartiu un almorzo cos alumnos e alumnas de 1º de bacharelato da materia de Historia do Mundo Contemporáneo, sección bilingüe, e falounos da relación entre historia e literatura.

O escritor repasou os fitos máis salientables da súa traxectoria profesional entretecendo historias reais e ficticias que cativaron aos presentes.  

A seguir, reflexionou sobre os ollares diferentes pero complementarios á realidade desde a historia e a literatura, abriunos unha xanela ao seu proceso creativo, no que destacou o importante papel da súa familia, o seu contorno máis próximo, as historias cotiás e os pequenos detalles como cerna da súa obra, e sinalou o compromiso coa memoria histórica como unha constante na súa produción literaria. 

Aos alumnos e alumnas sóubolles a pouco o tempo co escritor e quedaron con vontade dunha nova xuntanza. 

Blogue sobre enerxías renovables

O alumnado de 3º ESO B (sección bilingüe), con motivo da III Semana Temática "Desenvolvemento Sostible",  realizou  na matería de Tecnoloxías, en colaboración co Departamento de Inglés, un traballo sobre enerxías renovables que se recolle no seguinte blogue: renewablenergiesboiro.blogspot.com.es

LONDON TRIP

Acabamos de regresar da nosa viaxe anual a Londres, que tivo lugar do 12 ao 16 de febreiro. Este ano, o número total de participantes foi de 39, incluíndo tres profesores e 36 alumnos das seccións bilingües de 3º ESO-B e 1º BAC-A/C.

 

 

Aparte de ter a ocasión de practicar inglés e visitar os monumentos máis importantes desta cidade, a viaxe coincidiu cos festexos do Ano Novo Chino na Praza de Trafalgar e o barrio do Soho, e tamén coa cerimonia de entrega dos premios BAFTA (o equivalente británico dos Oscars) na Royal Opera House de Covent Garden, ámbolos dous acontecementos celebrados o domingo 14 de febreiro. Nin que dicir ten que o pasamos moi ben.

 

 

 

Para ver todas as fotos, preme nesta ligazón: https://goo.gl/photos/p6DNBX96Tm1GxP6z5

Re-enacting history/ Re-creando a historia

Os alumnos e alumnas de Historia do mundo contemporáneo bilingüe de 1º de bacharelato, recrearon diferente imaxes históricas, reinterpretándoas en relación coa actualidade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bilingual picnic

O alumnado e profesorado da sección bilingüe de 1º de bacharelato (Historia do mundo contemporáneo) e 3º de ESO (Tecnoloxía e Xeografía) aproveitamos o solleiro día para disfrutar dun picnic americano-galego no xardín do noso instituto. Deste xeito celebramos o fin de curso que se aproxima e despedímonos da nosa auxiliar de conversa, Lindsay Meyer.

Thank you very much, Lindsay, for being so wonderful. We will miss you greatly! 

Prensa: excursión a Londres

(O correo galego, 25 de Febreiro 2015)

Viaxe a Londres. Xa estamos de volta!

ALUMNOS DEL INSTITUTO PRAIA BARRAÑA VIAJAN A LONDRES PARA PRACTICAR INGLÉS

 El Departamento de Inglés en colaboración con los departamentos que imparten secciones bilingües (Tecnología e Historia) organizó un viaje escolar a la capital británica para los alumnos de 3º de ESO y los alumnos de sección bilingüe de 1º de Bachillerato.

A través de las visitas a los lugares más emblemáticos de la ciudad y a algunos de sus museos, los estudiantes tuvieron la oportunidad de practicar distintas fórmulas lingüísticas necesarias para desenvolverse en el hotel, el mercado, en tiendas, restaurantes, museos, etc.

Gracias a las visitas culturales a la Torre de Londres, el Parlamento, el teatro Globe, Buckingham Palace (presenciando el cambio de la Guardia Real), etc, pudieron conocer de cerca algunos de los aspectos culturales e históricos del Reino Unido.

Otros lugares visitados fueron el Museo Británico, el Museo de Historia Natural, el London Eye, el Puento del Milenio, la Catedral de San Paul, el mercado de Candem Town (de la época de la Revolución Industrial) y los famosos almacenes Harrods.

Distribuir contido


by Dr. Radut