Os Departamentos Didácticos de Xeografía, Historia e Tecnoloxía organizaron para o alumnado das seccións bilingües de 1º Bacharelato e 3º ESO unha visita a Londres que tivo lugar entre os días 29 de xaneiro e 2 de febreiro.
A través desta visita os rapaces practicaron a fala inglesa e ampliaron os coñecementos adquiridos na aula tanto en linguas estranxeiras coma en contidos das materias de Historia do Mundo Contemporáneo, Xeografía e Tecnoloxías. Ademais, os mozos e mozas aprenderon técnicas de orientación nunha grande cidade, coñeceron diferentes culturas e desenvolveron os valores de respecto e tolerancia polos demais.
Os alumnos e alumnas visitaron os lugares máis representativos de Londres: O Parlamento, o Big Ben, Buckingham Palace, o British Museum, son algúns exemplos dos moitos lugares visitados, e mesmo puideron poñer un pé en cada hemisferio no meridiano de Greenwich.
Alumnado e profesorado do IES Praia Barraña diante do Tower Bridge (Londres)