Skip to Content

Física e Química

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

PROFESORES:

  • Gerardo Aller Camiña (Xefe de Departamento)
  • María Teresa Sumay Lobato.

MATERIAS:

  • Física e química: 2º,3º e 4º ESO e 1º BAC
  • Ciencias aplicadas á actividade profesional: 4º ESO
  • Física: 2º BAC
  • Química: 2ºBAC

PROGRAMACIÓN ANUAL DO DEPARTAMENTO:

Proxecto Ríos IES Praia Barraña

PROXECTO RÍOS: INSPECCIÓN PRIMAVERA 2021

O IES Praia de Barraña ten concedida a participación no Proxecto Ríos co obxectivo de educar no desenvolvemento sostible e sensibilizar ao alumnado da importancia de poñer en valor e conservar o noso medio natural.

O alumnado de 3º ESO de Física e Química e Bioloxía, acompañado polos seus profesores Juan e Áurea saíron ao Río Coroño durante tres horas para facer a toma dos datos correspondente á inspección de primaveira. Foi unha saída breve na que despois de percorrer o tramo de estudo observando canto era posible, o alumnado procedeu a realizar as análises pertinentes co fin de cubrir a ficha na que se reflicten tres aspectos do río: calidade hidromorfolóxica, calidade físico-química e calidade biolóxica.

Os resultados foron os seguintes:

 

1.- Calidade hidromorfolóxica:

Hábitat: a auga flúe, o nivel de auga era baixo pola proximidade ao mar e coincidir ca marea baixa e ademáis viva, a auga estaba totalmente transparente, o substrato son coídos e gravas con area e limos, a cobertura de vexetación acuática é boa e o río ten moita sombra e poucos claros. Esto lévanos a unha valoración final do hábitat boa, de 61 puntos, que se interpreta como un hábitat que pode soportar unha boa comunidade de macroinvertebrados.

Bosque de ribeira: árbores propias de ribeira (amieiro, salgueiro, loureiro, freixo, Carballo ,abedul, olmo , vimbieira, chopo).

Plantas invasoras: carballo americano( Quercus rubra), eucalipto (Eucalyptus globulus) e acacia ( Acacia melanoxylon) e a margarida africana (Arctotheca caléndula).

 

2.- Calidade físico-química. Medimos unha serie de parámetros e os resultados

foron os seguintes: Temperatura da auga 15ºC , transparencia boa na zona de mostraxe xa

que se aprecian 3 sectores, nitratos 5mg/l, osíxeno disolto de 4mg/l ,PH 6

e nivel de saturación de osíxeno ……………………

 

3.- Calidade Biolóxica: para valorala, fixámonos sobre todo nos macroinvertebrados

xa que son doados de capturar cun trueiro e son organismos bioindicadores que

dan unha idea rápida da calidade do ecosistema.

 

Identificamos: tricópteros (larvas con estuche) de tipo Limnephilidae e Sericostomidae, larvas de libélula (Libellulidae) e de cabaliño do demo (Calopterygidae), Heterópteros como o zapateiro común (Gerridae) e dípteros (Chironomidae e Simullidae).

Segundo os macroinvertebrados atopados, tendo en conta que cada familia ten

unha categoría (moi boa, boa, moderada, deficiente e mala) e que para determinar

o rango de calidade debemos atopar polo menos 3 familias representadas que

indiquen o mesmo, chegamos á conclusión de que o tramo de río estudiado presenta boa calidade tal como indican as larvas de libélulas, dos cabaliños do demo e os tricópteros.

 

Conclusión:

O río está en bo estado e así o reflexan os datos da área de mostraxe. A participación do alumnado foi moi positiva e paréceunos importante facer este tipo de actividade porque ademais de facer unha clase distinta, demostramos que ás veces pequenos estudios son suficientes para sacar conclusións importantes e tamén serven para concienciar da importancia que ten conservar o medio natural e de que somos cada un de nós quen debe facelo.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut