


Macho de pardal co seu babeiro característico |
Hoxe, 20 de marzo, ás 16:35 hora local, comezou a primavera. Tamén é o día mundial do pardal (Passer domesticus). O seu nome científico significa paxaro doméstico, porque esta pequena ave sempre conviviu cos humanos en harmonía, comendo algo do gran das galiñas e outras aves de curral, pero prestando un valioso servizo que era pouco coñecido.
Foi en 1958, cando o dirixente chino, Mao Zedong, descubríu da peor maneira posible a utilidade destes paxariños. Ao ver que os pardais comían parte dos cereais que se cultivaban nos campos, considerounos unha praga e deu a orde de exterminalos. Só en Shanghai sacrificáronse perto dun millón e medio de pardais.
O que os chineses non sabían era que a dieta do pardal inclúe cereais, pero está baseada no consumo de insectos, o que fai deles un insecticida natural, eficiente e seguro. O resultado deste descoñecemento, foi unha praga de lagosta que arrasou os cultivos e provocou a coñecida como "Gran fame chinesa" que causou a morte de entre 15 e 45 millóns de persoas.
Anos despois, as autoridades chinesas recoñeceron o seu erro e comezaron a costosa tarefa de recuperar as poboacións desta ave que presta un servizo esencial nos ecosistemas agrícolas.
Hoxe foi difícil fotografalos en Boiro, houbo que buscalos no seu hábitat favorito: convivindo cos humanos, preferentemente nas casas de campo.
Este fiel compañeiro, está desaparecendo en todo o mundo. Por iso hoxe celebramos o seu día. Se queredes saber máis sobre o pardal, gorrión en castelán, premede nesta ligazón.
Ana Urbieta Balado