Skip to Content

Lingua Galega e Literatura

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

PROFESORES:

  • Carme Fernández García
  • María José García Merino (Xefa de Departamento)
  • Xacinta Varela Martínez

MATERIAS:

  • Lingua galega e literatura: 1º,2º,3º e 4º ESO
  • Lingua galega e literatura I: 1º BAC
  • Lingua galega e literatura II: 2º BAC

 PROGRAMACIÓN ANUAL DO DEPARTAMENTO:

Modificacións da programación didáctica. Curso 2019 - 2020

CONCURSOS LETRAS GALEGAS 2019

 

O Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Lingua e Literatura Galega do IES Praia Barraña, convocan os concursos de poesía, relato curto e banda deseñada para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao historiador Antonio Fraguas.

 

 

 

BASES:

 

1. Todos os traballos deben ser orixinais e estar escritos en lingua galega.

 

2. O tema é o proposto para o proxecto de investigación deste curso: A loita pola igualdade, a diversidade, a violencia de xénero...

 

3. A data límite de entrega de traballos é a última semana de maio.

 

4. Os traballos, asinados baixo un “pseudónimo” presentaranse nun sobre grande, no que se fará constar no seu exterior a modalidade do concurso. Acompañará outro sobre pequeno pechado que conteña os datos persoais do autor ou autora ( nome, apelidos, curso e grupo ). Deberán gardarse tamén en formato “pen drive” ou soporte dixital para ser editados na revista do centro.

 

POESÍA: O poema ou poemas -máximo tres-, terán unha extensión libre e presentaranse impresos en papel DIN A4 por unha soa cara.

 

RELATO CURTO: O relato terá unha extensión mínima de 2 folios DIN A4, mecanografados a dobre espazo.

 

BANDA DESEÑADA: A técnica, o material e o estilo son libres. Poderán entregarse en papel ou formato dixital (DIN A4 ou proporcional). A extensión tamén é libre. A autoría poderá ser individual ou de dúas persoas (debuxante e guionista).

 

5. O xurado estará formado por profesores e profesoras do centro.

 

6. Establécense tres categorías: Primeiro ciclo da ESO, Segundo ciclo da ESO e Bacharelato. Concederase un premio por categoría.

 

7. Cos traballos presentados en todas as categorías, farase unha selección e serán expostos no centro e os traballos premiados editaranse na revista do centro.

 

8. O xurado pode declarar desertos os premios en calquera categoría, se o considera oportuno.

 

 

A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.

VISITA DO ESCRITOR MARCOS CALVEIRO

O pasado 12 de marzo visitou o noso centro o escritor Marcos Calveiro para ofrecerlles aos alumnos de 1º de ESO unha charla sobre a súa novela Palabras de auga, gañadora do Premio Merlín 2012. 

 

Mónica de Nut. Máis que un obradoiro de técnica vocal.

19/01/2018 10:00
Europe/Madrid

 

Dende as materias de Teatro e Artes escénicas pareceunos imprescindible iniciar ao noso alumnado á técnica vocal así que pensamos que a artista e profesora Mónica De Nut sería unha boa idea.

O xoves 18 de xaneiro non so o confirmamos, senón que asistimos a un obradoiro de voz que foi moito máis que iso. Vintecatro estudantes de Bacharelato compartiron con Mónica de Nut aprendizaxes téoricos frecos, divulgativos e nada pesados; aos que lle seguiron exercizos físicos e de experimentación vocal cos que nos deshibimos e descubrimos que, efectivamente somos instrumentos de vento con aire dentro.  Houbo risas e ninguén con ganas de marchar; concentración máxima.  Despois, ela no teclado e nós na búsqueda da nosa voz. Tarefa difícl.  Somos máis agudas que graves? A que notas podo chegar?. Mil preguntas; seguiamos abrindo fiestras.  

Despois de tres horas de traballo tocaba disfrutar. Mónica de Nut dendo o escenario compartía a súa paixón polos cachibaches electrónicos, pedaleras e amplis para seguir xogando con este instrumento que levamos dentro. E así entre cables e  música eléctronica Mónica de Nut colleu de maleta e  iniciou sen darnos conta unha performance hipnótica, unha viaxe ao lírico, ao canto difónico gutural, á música tradicional, a búsqueda de novas sonoridades; viaxamos a Portugal, a Italia, a Mongolia; sufrimos de amor e de rabia. Haberíamos de felicitarnos pola nosa resistencia, dicía en loop unha Mönica de Nut entregada sen reservas a un público adolescente que se emocionou; houbo lágrimas e un silencio tan poético como esperanzador cando día tras día convivimos rodeados dun ruido que nos alonxa. 

Foi especial. Foron catro horas nos que vintecatro adolescentes experimentaron con contidos que os mass media  desterrran. Hai vida moito máis alá dun talent show e, ademáis de enriquecedora, é entretida. Cultura e  entretenemento, será tan difícil ?

Un pracer. 

( en breve teredes rexistro audiovisual da experiencia)

 

A esmorga

Chegada ao IES Praia Barraña d@s alumn@s de 2º de Bacharelato tras a proxección da película da obra homónima de Eduardo Blanco Amor.

Resaltamos do filme a ambientación, a recreación dos personaxes e unha lograda fidelidade con respecto ao texto orixinal.

Animádevos e ide vela! Paga a pena!

Lecturas

Libro de 2º ESO. Pel de lobo. Xosé Miranda

Libro 4º ESO. Antoloxía do conto galego séc. XX. VVAA.

Libro 2º BTO. A Esmorga. Blanco Amor.

                    Memorias dun neno labrego. Neira Vilas

                    Merliín e familia. Cunqueiro.

                    Á lus do candil. Fole

Distribuir contido


by Dr. Radut