Skip to Content

Hortícolas

VOLVENDO ÁS ORIXES

Data: 24/03/2022

 

Bo día a tod@s! Hoxe estamos de celebración, pois por fin volveron os maiores do centro de día a visitarnos ao centro despois de tanto tempo!

 

Como non podía ser doutra maneira, a brigada Hortícolas xunto coa Asociación AMICOS démoslles unha calorosa benvida, ensinándolles os avances no noso horto. Por outra banda, contamos coa súa grande axuda para darlle o toque final ás nosas rodas, as cales farán de varanda do horto.

 

Por último, deixámosvos unhas fotos do marabilloso día que pasamos.

 

 

 

Saúdos e ata a próxima!

 

ESTAMOS DE ENTROIDO

Data: 3/03/2022

 

Bo día a tod@s! Nesta ocasión queremos recordar aos nosos maiores do centro de día de Boiro, quen debido á situación provocada pola COVID-19, aínda non puideron ter a oportunidade de volver visitarnos e iluminarnos coa súa compaña e coñecementos.

 

Non obstante, sentímolos moi preto de nós e estanse encargando de maneira excelente de facer un espantallo ben xeitoso para o horto.

 

Para non perder o vínculo que nos une, compartiron connosco un vídeo no que se fala tanto de chsites coma de refráns típicos nestas datas onde todo é filloas, orellas, peliqueiros, pantallas, festa e disfraces.

 

Sen máis dilación desfrutade desta obra de arte.

 


Saúdos e ata a próxima!

TEÑO UNHA BONECA VESTIDA DE AZUL... OU SERÍA UNHA MACETA?

Data: 3/03/2022

 

Bo día a tod@s! Despois de tanto tempo solleiro voltou a choiva connosco e puxémonos a pensar que podiamos argallar para o noso horto.

 

Navegando pola rede vimos unha idea moi orixinal: converter macetas en bonecos, sendo o seu pelo as propias plantas que poñamos nelas.

 

Sen máis dilación, puxémonos a funcionar, sempre contando cos nosos camaradas da asociación AMICOS.

 

Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades que traballo non nos sobra, e ganas nunca faltan!!

 

 

Saúdos e ata a próxima!

RODANDO VOU, RODANDO VEÑO...

Data: 10/02/2022

 

Bo día a tod@s! Desta volta imos mostrarvos a nosa última idea: pechar o horto con neumáticos!

 

Grazas a Andrea, coordinadora deste proxecto e directora do noso instituto, puidemos facernos cuns neumáticos ben xeitosos para usalos a modo de varanda, nos cales primeiro pasaremos unha capa de pintura para que queden ben fermosos e, despois, decorarémolos cunhas plantas ornamentais no seu interior.

 

Para elo, na xornada de hoxe dedicámonos a limpalos para poder poñernos mans á obra con eles canto antes, xunto coa axuda dos nosos incombustibles compañeiros e compañeiras da asociación AMICOS de Boiro.

 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo realizado.

 

 

 

Saúdos e ata a próxima!

COMO FACER UN COMPOSTEIRO, ENTRE OUTRAS COUSAS.

Data: 31/01/2022

Bo día a tod@s! Nesta ocasión, compartimos convosco un vídeo no que a nosa brigada desenvolve os seus coñecementos para que poidades elaborar o voso composteiro nas vosas casas.

 

Entre outras cousas, explicamos que é o compost, para que serve, os seus beneficios, e tamén como elaborar un composteiro caseiro na casa.

 

Coma sempre, clicade na imaxe e pdoeredes ver o vídeo.

 

Saúdos e ata a próxima!

 

PRIMEIROS AVANCES DO ANO NO HORTO

Data: 20/01/2022

 

Bo día a tod@s! Despois de moito traballo inauguramos a sección de Hortícolas cun vídeo no que mostramos todo o que traballamos á volta do Nadal, para poñer de novo o horto a funcionar.

 

Nesta ocasión preparamos o noso composteiro para poder ter canto antes o compost, onde contamos brevemente o que imos facendo.

 

Por outra banda, plantamos novos vexetais, como allos, leitu

 

gas, cebolas... coa axuda dos nosos camaradas da asociación AMICOS de Boiro.

 

Para ver o vídeo, soamente pincha na imaxe.

 

Saúdos e ata a próxima!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut