Skip to Content

Andaina Castelo de Vitres

       El Departamento de Educación Física del IES Praia Barraña - junto con alumnos de la asignatura Ciencias de la Actividad Física de 2° de Bachillerato - prepararon una ruta a pie que se hizo efectiva este martes 17 de abril. Actividad enmarcada dentro de la V Semana Temática del IES Praia Barraña, dedicada a Boiro en esta edición.

       Participaron más de un centenar de senderistas de nuestro instituto de 1º y 2º de ESO que disfrutaron de un día inolvidable y que demostraron que, con ganas y motivacion, son capaces de superar estos 18 kms. y otros muchos más retos que se les pongan por delante.

¡¡¡Arriba Barraña Deportiva!!!

       Gracias a:

    • Profes acompañantes:  Marieta, Ramón y Celia.
    • A nuestros alumnos de 2 Bachiller (fantásticos guías).
    • Y mención especial para Nacho y miembros de Protección Civil de Boiro por su inestimable colaboración (rescate de zapatilla incluido).

      Estad atentos porque pronto prepararemos más actividades para fomentar hábitos de vida activa y saludable.

I Mostra: Boiro Deportivo

       Dende o Departamento de Educación Física e os alumnos/as de 3º e 4º de ESO baixo o título “I Mostra: Boiro Deportivo” estamos a preparar unha Feira de Mostras no ximnasio do Instituto onde dar a coñecer e promocionar toda a oferta deportiva que se leva a cabo nos clubes deportivos, asociacións, ximnasios públicos e privados, escolas deportivas, etc... do Concello de Boiro. O obxectivo é reunir nun mesmo evento toda a información das posibilidades existentes na contorna próxima dos nosos alumnos e motivar a todo aquel que visite a Mostra a escoller a actividade física-deportiva que mellor se adapte ás súas necesidades para poder levar un estilo de vida activo, deportivo e saudable.

      Esta actividade está enmarcada no V Proxecto Interdisciplinar de Centro coa temática “Boiro: o noso Concello” e celebrarase o venres 20 de abril de 10:10 a 13:30. Os alumnos/as de 1º e 2º de ESO baixarán ao ximnasio en quendas de 30 min. xa programadas previamente e o resto estades todos convidados a visitarnos no ximnasio á hora que poidades.

Quen sabe, o mellor atopades o voso deporte!!!

CELEBRACIÓN DA V SEMANA TEMÁTICA

 

A próxima semana, do 16 ao 20 de abril, celebrarase no centro a V Semana temática coordinada pola Biblioteca escolar, dedicada este curso a Boiro. Ademáis de organizarse diferentes actividades en torno a esta temática, haberá multitude de traballos e exposicións expostos en diversos espazos do centro. 

Aquí abaixo tendes información sobre a planificación das devanditas actividades.

 

 

VISITA DA AUTORA MARÍA LÓPEZ SÁNDEZ

O día 22 de marzo e grazas á axuda recibida polo Ministerio de Educación e Ciencia, tivemos o pracer de contar coa presencia da escritora galega María López Sández. Os alumnos e alumnas de 3º da ESO puideron coñecer como foi o proceso de creación da novela que leron durante o segundo trimestre, O faro escuro.

Atentos, participativos e moi interesados nos pormenores da historia e das personaxes fixeron da charla un momento agradable e distendido no que a autora explicou e respondeu a todas as preguntas dos nosos alumnos.

 

Mercadiño solidario alumnas 2º bacharelato D

Alumnas de segundo de Bacharelato D están levando a cabo un proxecto para a asignatura de Deseño que consiste en crear un mercadiño solidario para donar os beneficios á Cruz Vermella. Venderanse parte das cousas que deseñan e obxetos variados donados por tendas varias.

O evento será  próximo 31 de marzo e 1 de abril de 18:00h a 22:00h(sab.) e 21:00h(dom.) e constará tamén de concertos,debates e charlas feministas donde a entrada será totalmente gratuita.

 

 

 

 

 

VISITA DO ESCRITOR MARCOS CALVEIRO

O pasado 12 de marzo visitou o noso centro o escritor Marcos Calveiro para ofrecerlles aos alumnos de 1º de ESO unha charla sobre a súa novela Palabras de auga, gañadora do Premio Merlín 2012. 

 

VIAXE A LONDRES 2018

Por oitavo ano consecutivo, os alumnos de 3º de ESO trasladáronse á capital británica nunha viaxe organizada polo Departamento de Inglés. Para algúns máis que outros, a excursión converteuse en toda unha aventura, pois era a súa primeira saída ao estranxeiro ou mesmo a primeira viaxe en avión. En Londres tiveron ocasión de visitar os monumentos máis emblemáticos, coñecer aspectos da cultura local, aprender a orientarse nunha gran cidade e poñer en práctica o idioma aprendido na aula, entre outras cousas. A viaxe prolongouse durante seis días, do 1 ao 6 de febreiro. As fotos resumen parte do acontecido.

 

 

             

 

                  

Aprendendo a ser bos condutores e condutoras

O pasado martes 06 de febreiro os alumnos de 1º de Bacharelato do IES asistiron na quenda da tarde a un simulacro de accidente automobilístico con feridos e ao proceso de excarcelación dos mesmos.

Esta acción educativa foi organizada pola Policía Local do Concello de Boiro e contou coa colaboración dos Servizos de Emerxencia e Sanitarios da comarca, da Asociación Stop Accidentes -a través da súa presidenta Jeanne Picard- e dun coñecido boirense que sufriu un grave accidente hai uns anos  e cuxos duros e impactantes testemuños emocionaron ao auditorio presente. Os alumnos do IES Praia Barraña tamén foron participantes e testemuñas de excepción  do devandito simulacro.

A experiencia vivida polo alumnado do IES Praia Barraña foi enriquecedora e serviu para conciencialos dunha condución responsable como condutores que serán nun futuro inminente.

Agradecemos ao Concello e á Policía Local de Boiro o ternos escollido para a realización deste primeiro simulacro de educación vial así como a presenza e impactantes testemuños de Jeanne Picard e de Moncho, e tamén a colaboración do resto de Servizos que colaboraron no mesmo.

 

Velaquí un vídeo do simulacro realizado:

 

 

Andorra, branca ilusión.

 

Cando somos de mar eso da neve é tan poético como alonxado. Sabemos de oleaxe, bateas, mexilón e area. Soñamos con navidades brancas e emocionámonos cando o frío pinta de branco as mañás dalgún inverno, poucos.  Así que ese sábado 27 de xaneiro a expedición á Andorra partiu con tanta ilusión como descoñecemento. Sabiamos que iamos pasar frío, que nos vestiriamos de astronoutas para equiar ou facer snow...Pero Andorra, Grandvalira, foi máis que iso. Foi unha aventura e unha lección de vida impulsada por Pilar e Gustavo dende Educación Física. 

Despois de oito días apredimos uns, confirmamos outras, que con tenacidade, ilusión e  traballo en equipo podemos conseguir case todo. Que despois de eses primeiros días coa dor insoportable nas canelas, a moral e o cú desfeito; días onde a frustración e o cansancio querían facerte abandonar, cando sentías que non podías e vías que ao teu redor todo eran filigranas e conquista; cando todo era negro chegaban unhas palabras de ánimo dun monitor arxentino, unhas risas paliativas, unha terapia nun telesilla cos Pirineos como horizonte, unha bágoas, moitas bágoas e abrazos.  E volta a empezar, e dalle, e volve a darlle.  E entón depois de horas e horas...subidón!! Comezas  a deslizarte a máis de 2000 metros de altura sobre aquel mar que deixamos atrás, a berrar e sorrir a sentir a montaña. Seguía habendo dor, cansancio e desencontros pero daba igual. Todo era branco. Hotel, cea, risas, balneario...Compartir e compartir e loitar coa ilusión como bandeira. Conseguido. 

Despedimos Andorra nevando. De branco tinguiremos as feridas da batalla e intentaremos conservar aquela ilusión que nos facía invencibles e que tanto risco corre nas nosas rutinas e aulas. Algo haberá que facer para mantela. Pensemos. 

 

 

 

CELEBRACIÓN DO NADAL

 

O pasado 21 de decembro, con motivo das vacacións do Nadal, organizouse unha chocolatada solidaria no centro gratamente amenizada por un concerto de música e canto a cargo dalgúns alumnos e dirixido por Mónica, a nosa compañeira de Música.

Os rapaces de 4º da ESO tamén aproveitaron o evento para recadar fondos para a excursión de fin de curso vendendo doces que acompañaban moi ben ao chocolate.

Agradecemos a participación de toda a comunidade educativa xa que a recadación solidaria foi cuantiosa e pasamos unha xornada moi agradable.

Máis abaixo podedes ver algunhas fotos da celebración. (Por problemas técnicos non podemos incluir máis).

En breve poderedes disfrutar tamén dun vídeo que o profesor Pascual de Debuxo gravou ese día.

 

 

 

 

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut