Skip to Content

Non é non. 25 N

MOSTRA DE CURTAS EN NOIA

O pasado 7 de novembro os alumnos de Bacharelato tiveron a oportunidade de asistir á XVIII Mostra de Curtas en Noia no Teatro Coliseo Noela. Este evento abarcaba a proxección de máis dunha treintena de curtas, tanto de ficción como de animación, chegadas dende diferentes puntos da xeografía española e de países coma Francia, Arxentina, Reino Unido ou Ecuador. O alumnado saiu encantado e de seguro que repetirán.

Palavra Perduda 2017

<div data-configid="25511319/51122923" style="width:525px; height:371px;" class="issuuembed"></div>
<script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>

Intercambio climático Canarias-Galicia-Segovia 2016-2017

Un ano máis o IES Praia Barraña formou parte xunto co IES Virxe do Mar de Noia, o IES Poeta Añón de Outes, o IES Rosalía de Castro de Santiago e o CIP do Dices de Rois do grupo de cinco institutos galegos que, dentro do proxecto Climántica, realizan o intercambio climático co colexio Decroly de La Laguna (Tenerife). O intercambio desenvolveuse nunha primeira fase, entre os días 30 de marzo e 6 de abril en La Laguna (Tenerife) e encóntrase agora na súa segunda fase que transcorre en Galicia e conclúe o 24 de abril. Nesta fase incorporouse tamén o IES Mariano Quintanilla de Segovia que coordinará entre o 25 de abril e o 1 de Maio a terceira e última etapa deste intercambio triautonómico.

A Canarias viaxaron tres alumnas de 4º de ESO que investigaron o impacto do cambio climático sobre a píllara das dunas (Charadrius alexandrinus). Comezaron o intercambio presentando os resultados da súa investigación escolar no auditorio da UNED de la Laguna. Neste enlace podedes atopar o vídeo que resume o seu traballo.

Os seguintes días dedicáronos a realizar distintos itinerarios didácticos pola Illa de Tenerife.  Estas visitas permitíronlles coñecer a cidade Patrimonio da Humanidade de La Laguna, o Parque Nacional do Teide, o acantilado dos Xigantes, o Parque Rural de Anaga e o Parque Tecnolóxico e das Enerxías Renovables situado no sur da illa. Tamén practicaron sendeirismo, remo e buceo; realizaron avistamento de cetáceos e participaron nun taller de astronomía.

Neste actividade, as familias teñen un papel fundamental, xa que acollen nas súas casas aos alumnos e alumnas de intercambio. Moitas grazas.

Podedes ver as fotos da fase canaria do intercambio premendo neste enlace.

 

 

Guardar

Exposición dos Alumnos do Bacharelato de Artes

O alumnado do Bacharelato de Artes do IES Praia Barraña ten o pracer de convidarvos á inauguración da súa exposición que terá lugar no Centro Social de Boiro o día 25 de abril ás 19:00.

A temática da exposición ven a coincidir co Proxecto da Biblioteca de Centro, Ética e Dereitos dos Animais.

A exposición permanecerá no Centro Social durante un mes.

Concurso Clipmetrajes Manos Unidas

Os  alumnos  do  1ª curso  da ESO  grupo  B  estiveron  traballar  na  aula  de  titoría o tema  do  consumo  responsable  e  os  alimentos  kilométricos. Despois  dun  traballo  de  investigación, comezamos  a  preparar  o  noso  video. Segundo  as  bases  da  ONG Manos Unidas ,  o  videoclip  non  pode  ser  mais  longo  que  un  minuto  e  debe  expresar  a  nosa  idea  de  " Devoramos  o  mundo" . 

Aqui  vos  deixo  on  enlace  e  todos aqueles  que queraides ,  votádeo . 

http://www.clipmetrajesmanosunidas.org/videos/alimentos-kilometricos/

 Gracias

Pury Vez

Distribuir contido


by Dr. Radut