Skip to Content

CHARLA POLA IGUALDADE DAS MULLERES EN BOLIVIA

O luns día 4 de Febreiro tivemos a sorte de contar ca presenza da activista feminista,  Martha Noya Laguna para impartir unha charla aos alumnos de 1º Bacharelato do centro.

 

Martha Noya Laguna é  avogada, exVice Ministra de Asuntos de Xénero e Xeneracional do Governo de Bolivia, membro do Tribunal de Imprenta, voluntaria da ONG Centro Juana Azurduy, en defensa dos dereitos das mulleres.

Autora de publicacións como:

“Hasta que la violencia nos separe” – Violencia contra a muller (2002)

“En una mano ley y en otra hiel” – Violencia contra os nenos (2003)

 

“La sana crítica del Juez en la aplicación de la justicia a los casos de violencia contra mujeres” (2014)

 

 

 

Alumnado de 2º de Bacharelato do noso IES participa na LV Olimpíada Matemática

 

 

 

Miranda Carou Laíño, Jorge Hermo González, Pablo Manuel Piñeiro Insua e Marina Ramallo Blanco, alumnos de 2º de bacharelato do IES Praia Barraña de Boiro participaron o pasado venres 18 de xaneiro na fase galega da LV edición da Olimpíada Matemática Española.

 

A proba celebrouse na facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela. 107 alumnos e alumnas de centros de toda Galicia enfrontáronse a seis problemas repartidos en dúas sesións de 3 horas e media, unha pola mañá e outra pola tarde. Os tres mellores pasan a formar parte do equipo galego na fase estatal.

 

O gran labor da organización, co profesor Felipe Gago Couso, permitiu que os premios se entregasen esa mesma noite. Marina Ramallo Blanco, quen cursou a ESO no IES A Cachada, recibiu unha das dez mencións de honra e Pablo Manuel Piñeiro Insua acadou o 3º premio nesta edición da fase galega.

 

Este 3º premio supón a súa partipación na LV Olimpiada Matemática Española formando parte do equipo galego xunto con Júlia Misaki Anguera Zemba do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo e Roi Vence Nogueira do IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela. Este ano, a fase estatal da Olimpíada Matemática terá lugar en Ourense do 21 a 24 de marzo.

 

 

Pode atoparse máis información da olimpíada en http://www.usc.es/olympia/news.htm

 

O Proxecto Erasmus plus do noso Centro: "A importancia da Educación e a Historia"

 

Durante os vindeiros dous cursos o IES Praia Barraña vai participar nun proxecto Erasmus plus de intercambio escolar co colexio Bellahoj Skole de Copenhague (Dinamarca).

O proxecto está dirixido ao alumnado de 3º de ESO, pero esperamos que teña un impacto positivo en  todos os membros de ambas comunidades educativas 

O título do noso proxecto "A importancia da Educación e a Historia" resume a nosa motivación para levalo a cabo.

Durante o presente curso centrámonos na importancia da educación.

Queremos que antes de rematar o seu período de escolarización obrigatoria os nosos alumnos e alumnas comprendan a verdadeira importancia que a educación ten, non so neste momento das súas vidas, senón tamén, e moi especialmente, no  seu futuro.

O noso obxectivo principal é que cando deixen o noso Centro teñan completado os seus estudos e teñan claro o seu itinerario formativo posterior, ben sexa a través da Formación Profesional de Grao Medio ou de Grao Superior ou ben da Formación Universitaria.

Tamén queremos que sexan conscientes da importancia que ten na vida dos nenos e as nenas a crianza e a educación que reciben. Que entendan todo o que se necesita para conseguilo, que comprendan a responsabilidade que supón e que valoren o esforzo que realizan as súas familias para levar a cabo a difícil tarefa de sacalos adiante e educalos.

Así mesmo imos reflexionar sobre a influencia que o lugar de nacemento ten na vida das persoas.

De aí que consideremos fundamental coñecer mellor un período moi duro e especial da historia europea, as décadas dos anos 30 e 40 do século XX, e a súa trascendencia tanto para Dinamarca como para España e o resto de Europa.

A amizade, o bo entendemento, o intercambio cultural entre países da Unión Europea e a mellora no dominio da lingua inglesa, tamén son obxectivos do noso proxecto.

 

 

 

Como coordinadora do proxecto no IES Praia Barraña, estarei encantada de resolver calquera dúbida que teñades sobre o desenvolvemento do mesmo.

Ana Isabel Urbieta Balado 

Celebración do Nadal no IES Praia Barraña

 

 

O próximo 21 de decembro, con motivo da finalización do trimestre, celebraremos durante as dúas últimas horas lectivas desa data unha chocolatada solidaria para todo o centro. Convidámosvos a todos e todas a que participedes na mesma aportando un pouco de comida non perecedeira para poder colaborar co Concello no reparto de comida entre aquela xente do lugar que este Nadal teña algunha necesidade deste tipo.

Os rapaces de 4º da ESO, asemade, aproveitarán  o evento para recadar fondos para a excursión de fin de curso vendendo doces preparados na casa e que poderemos adquirir dunrante esas dúas horas de celebración.

Ademais, disputarase un partido de fútbol sala que enfrontará ao equipo gañador do torneo RecreActivos cunha selección de "vellas glorias" con máis anos ao lombo do profesorado e persoal non docente.

Ao remate destas actividades (13:45 h) cada grupo de alumnos (independentemente de que estea en materias específicas) subirá á súa aula de referencia  para recoller as notas da 1º Avaliación. 

 

 

 

 

Desexámosvos a todos moita sorte e un Bo Nadal.

 

CHARLA SOBRE PROXECTOS SOLIDARIOS

Dende o IES Praia Barraña queremos agradecer a Rubén Lijó Santos a charla sobre proxectos solidarios que impartiu ao noso alumnado de 1º é 2º da ESO.

De seguro que para os alí presentes foi un auténtico pracer escoitar as súas experiencias coma voluntario en Lesbos, Libia, etc.  

Desexamos que pronto poidas continuar co proxecto "Pegasus" e que continues levando axuda e valores solidarios a moitos mais lugares que tanto o precisan. 

Grazas Rubén.

Distribuir contido


by Dr. Radut