Skip to Content

Proxexto EpDLab

Neste curso 2021/2022 o IES Praia Barraña vai ser un dos centros participantes no proxecto EpDLab (Educación para o Desenvolvemento. Laboratorio). O grupo de 1º ESO A, en relación coa materia de Investigación e Tratamento da Información, recibirá cada avaliación a visita de traballadores de Agareso (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) para traballar contidos como igualdade de xénero, racismo, xenofobia, bulos e fake news nos medios de comunicación e redes sociais, consumo responsable, sustentabilidade, cooperación… sempre a través das novas tecnoloxías e das narrativas dixitais. Segundo as súas propias palabras: “Queremos apropiarnos dos medios que temos nas nosas mans para participar en accións innovadoras cara á comunicación inclusiva, ao desenvolvemento social e á denuncia da desigualdade”.

Neste proxecto, coordinado por Agareso e coa financiación  da  Dirección Xeral de Relacións Exteriores e UE, na súa convocatoria pública de axudas para proxectos de Educación para o Desenvolvemento, participarán neste curso o IES de Brión, o IES Pintor Colmeiro (Silleda), o IES Illa de Ons (Bueu), o IES Carlos Casares (Viana do Bolo), o noso centro e un centro educativo de El Salvador.

Este venres 22 de outubro comezaron cunha primeira toma de contacto a través dunha enquisa. Sabemos que vai ser un proxecto moi enriquecedor para o alumnado e agardamos que a final de curso nos fagan partícipes a todos e todas do traballado e aprendido. Mentres tanto, podemos seguir o desenvolvemento do proxecto na web oficial do mesmo: EpDLab.

Obradoiro "Marisqueo a pé"

Este xoves 21 de outubro un grupo de alumnado de 3º de ESO participou no obradoiro "Marisqueo a pé" da man das traballadoras da Asociación de Mariscadoras Mar da Pobra, da Pobra do Caramiñal. Acompañados de profesorado do Departamento de Xeografía e Historia coñeceron de primeira man o duro traballo destas mulleres e o seu respecto e amor polo mar; tamén gozaron dunhas horas de educación fóra das aulas. Profesorado e alumnado coincidiron en que foi unha experiencia estupenda, de aprendizaxe e diversión. Grazas ás anfitroas por recibirnos!

Presentación e inicio das clases

No documento adxunto pódense consultar os horarios das presentaciós e inicio das clases para o curso 2021/22.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN 2024-2025

 

 

 

    INFORMACIÓN XERAL

 

INFORMACIÓN SOBRE ITINERARIOS

ESO 

BACHARELATO

 

 

INFORMACIÓN DE MATERIAS OPTATIVAS

 3º ESO

4º ESO

1º BACHARELATO

2º BACHARELATO

 

IMPRESOS DE SOLICITUDE

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BACHARELATO

2º BACHARELATO

 

 

Proxecto Ríos IES Praia Barraña

PROXECTO RÍOS: INSPECCIÓN PRIMAVERA 2021

O IES Praia de Barraña ten concedida a participación no Proxecto Ríos co obxectivo de educar no desenvolvemento sostible e sensibilizar ao alumnado da importancia de poñer en valor e conservar o noso medio natural.

O alumnado de 3º ESO de Física e Química e Bioloxía, acompañado polos seus profesores Juan e Áurea saíron ao Río Coroño durante tres horas para facer a toma dos datos correspondente á inspección de primaveira. Foi unha saída breve na que despois de percorrer o tramo de estudo observando canto era posible, o alumnado procedeu a realizar as análises pertinentes co fin de cubrir a ficha na que se reflicten tres aspectos do río: calidade hidromorfolóxica, calidade físico-química e calidade biolóxica.

Os resultados foron os seguintes:

 

1.- Calidade hidromorfolóxica:

Hábitat: a auga flúe, o nivel de auga era baixo pola proximidade ao mar e coincidir ca marea baixa e ademáis viva, a auga estaba totalmente transparente, o substrato son coídos e gravas con area e limos, a cobertura de vexetación acuática é boa e o río ten moita sombra e poucos claros. Esto lévanos a unha valoración final do hábitat boa, de 61 puntos, que se interpreta como un hábitat que pode soportar unha boa comunidade de macroinvertebrados.

Bosque de ribeira: árbores propias de ribeira (amieiro, salgueiro, loureiro, freixo, Carballo ,abedul, olmo , vimbieira, chopo).

Plantas invasoras: carballo americano( Quercus rubra), eucalipto (Eucalyptus globulus) e acacia ( Acacia melanoxylon) e a margarida africana (Arctotheca caléndula).

 

2.- Calidade físico-química. Medimos unha serie de parámetros e os resultados

foron os seguintes: Temperatura da auga 15ºC , transparencia boa na zona de mostraxe xa

que se aprecian 3 sectores, nitratos 5mg/l, osíxeno disolto de 4mg/l ,PH 6

e nivel de saturación de osíxeno ……………………

 

3.- Calidade Biolóxica: para valorala, fixámonos sobre todo nos macroinvertebrados

xa que son doados de capturar cun trueiro e son organismos bioindicadores que

dan unha idea rápida da calidade do ecosistema.

 

Identificamos: tricópteros (larvas con estuche) de tipo Limnephilidae e Sericostomidae, larvas de libélula (Libellulidae) e de cabaliño do demo (Calopterygidae), Heterópteros como o zapateiro común (Gerridae) e dípteros (Chironomidae e Simullidae).

Segundo os macroinvertebrados atopados, tendo en conta que cada familia ten

unha categoría (moi boa, boa, moderada, deficiente e mala) e que para determinar

o rango de calidade debemos atopar polo menos 3 familias representadas que

indiquen o mesmo, chegamos á conclusión de que o tramo de río estudiado presenta boa calidade tal como indican as larvas de libélulas, dos cabaliños do demo e os tricópteros.

 

Conclusión:

O río está en bo estado e así o reflexan os datos da área de mostraxe. A participación do alumnado foi moi positiva e paréceunos importante facer este tipo de actividade porque ademais de facer unha clase distinta, demostramos que ás veces pequenos estudios son suficientes para sacar conclusións importantes e tamén serven para concienciar da importancia que ten conservar o medio natural e de que somos cada un de nós quen debe facelo.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut