Skip to Content

Convocatoria de axudas para realizar actividades formativas en linguas estranxeiras

 

 

 

 

Achégase ligazón á convocatoriade axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiv. Premendo na imaxe pódese acceder a toda a información.

VENRES 21 DE FEBREIRO (11:20h-14:10h)

CARTEL ENTROIDO 2020.jpg

 

 

CHARLA SOBRE DEPORTE DO DEPARTAMENTO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 4ºESO.

O  Departamento de Ingés ven de preparar unha  unidade  didáctica  sobre  deporte para o alumnado de 4ºESO,  facendo  mais visible  os  deportes  "menos  publicitarios", o  deporte  feminino  e  o  deporte  para  persoas con  discapacidade.
 
Todo o alumnado xunto  ca súa  profesora Pury Vez puideron  disfrutar  da  visita do  atleta galego Celso Comesaña,  quen  é  tamén guía da  atleta galega Susana Rodríguez.
 
Ámbolos dous van  participar nos  próximos  Xogos  Paralímpicos 2020.
 
Celso foi  quen de transmitir ó  alumnado a  sua  paixón  polo  deporte e  o  seu  respeto  polos  deportistas  que  superan  barreiras  e  en especial por  Susana Rodríguez.
Dun  xeito  moi  claro  explicou  o  seu  día  a  día  entrenando e  compitindo xuntos. 
Animou ó alumnado  a practicar  deporte  e  a  contribuir  na  inclusión das  perosas  con  discapacidade.
 
Parabéns Celso  e Susana por todos  os  vosos  logros e moita sorte para os futuros retos.
 
De seguro o faredes fenomenal.
GUIA PARALIMPICO.jpg
 
 
guia paralímpico grupo 4ESO_0.jpg
 

Presentación da Bolsa "JUAN LAMPÓN" 2020

PRESENTACIÓN BOLSA JUAN LAMPON_0.jpg

  José Luis Nogueira Varela, profe de Educación Física do Insti da Pobra veu presentarnos a nova edición da Bolsa "JUAN LAMPÓN" aos nosos alumnos de 1ºESO.  

Foi unha charla enriquecedora e emotiva, don de se recordou a pegada que deixou Juan entre todo aquel que o coñecía, e do importante que é andar pola vida facendo gala de valores como o respecto, o compañeirismo, e a empatía cos demais.

Como todo deportista sabe, tamén é esencial esforzarse por facer as cousas o mellor que poidamos independentemente do noso nivel de destreza ou das dificultades que poidamos ter.

Aquí deixamos un link sobre isto último que de seguro nos fará reflexionar a todos. 

 

 

Xa sabedes que para mais información sobre esta Bolsa seredes informados polos membros do Departamento de Educación Física do centro.

"NADAL SOLIDARIO"

nadal solidario ipg.jpg

25 de novembro do 2019. Outro día contra a violencia machista.

Somos X comeza o curso 2019-2020 berrando contra a violencia machista. No noso rincón a nosa homenaxe ás 1027 mulleres asasinadas dende que temos cifras oficiais.Sabendo que son máis porque tamén hai feminicidios fóra dos límites familiares.

Baixo este prisma, a día de hoxe van 93 mulleres asasinadas no que vai de ano por violencia de xénero!!! 93!!! 1.079 dende o ano 2010, cando se iniciou o cómputo extraoficial de vítimas de feminicidio en España.

O machismo mata!!

II Faladoiro EspazoFamiliaS

25/11/2019 17:18
Europe/Madrid

 Neste curso 2019-2020 o EspazoFamiliaS-Boiro inicia a súa segunda etapa cun faladoiro para reflexionar e aprender a mellorar a alimentacion e evitar a obesidade infantil ou outros trastornos alimentarios. 

Lembrade que temos setvicio de canguraxe. Apuntádevos no vos cecntro educativo ou enviádenos un correo a espazoboiro@gmail.com. 

 

Agardámosvos. 

Distribuir contido


by Dr. Radut