Skip to Content

Publicación das listaxes definitivas do Fondo Solidario de libros de texto (Curso 2020-2021)

 

Xa poden consultar as LISTAXES DEFINITIVAS de "admitidos" e "excluídos" no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS para o curso 2020/21 e no taboleiro de anuncios do centro.

*Os libros repartiranse o día da presentación de cada curso da ESO. (Non podemos concretar a data xa que estamos pendentes das instrucións definitivas da Consellería de Educación para poder organizar este inicio de curso)

*Recomendamos non mercar ningún libro ata comprobar que o centro non dispón de existencias.

O cheque de axudas para a adquisición de material escolar entregarase tamén ao inicio de curso, coincidindo coa entrega ordenada dos libros de texto.

Actuacións setembro 2020

Matrícula extraordinaria Curso 2020 - 2021

 


 A. Calendario de matrícula


 

 EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

 

Venres 04 de setembro - 09 a 14 horas

 

BACHARELATO
 
Luns 07 de setembro - 09 a 14 horas
 

 


 B. Impresos de matrícula


As familias deberán descargar o impreso correspondente ao curso no que formalicen a matrícula para o vindeiro ano académico dos seus/súas fillos/as e entregalo o día e hora establecidos no calendario anterior no propio centro.

As materias elixidas no seu momento durante a realización da prematrícula que se fixo nos meses de abril/maio constituirán a matrícula do alumno/a para o curso 2020 - 2021.

 

Impreso de matrícula (1º ESO)

Impreso de matrícula (2º ESO)

Impreso de matrícula (3º ESO)

Impreso de matrícula (4º ESO)

Impreso de matrícula (1º BACHARELATO)

Impreso de matrícula (2º BACHARELATO)

 

 

Fondo Solidario de libros de texto. Curso 2020 - 2021

 

 

 CONCERTAR CITA CHAMANDO AO 881 866 601 PARA SER ATENDIDOS/AS

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE AXUDAS

ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

CURSO 2020 - 2021

NORMATIVA APLICABLE

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21. Procedemento ED330B

DESTINATARIOS

  • Alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Alumnado cunha discapacidade 65 %.
  • Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
  • O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en educación primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros (ata o de agora o límite era de 5.400 euros), e a contía da axuda mantense a mesma, isto é, 50 euros/alumno.

FORMA E LUGAR PRESENTACIÓN SOLICITUDES

  • As solicitudes serán presentadas polos pais/nais ou titores/as legais do alumnado.
  • Única solicitude para todos os fillos admitidos no Centro.

                           FORMA DE PRESENTACIÓN

  • As solicitudes serán cubertas a través da aplicación FONDOLIBROS. A través dela cubrirán os datos solicitados pola Administración, gardarán o documento e así obterán o seu número de solicitude.

                       LUGAR DE PRESENTACIÓN

  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (non precisa presentación física da solicitude no Centro)

Esta é a opción máis aconsellable este curso por razóns sanitarias.

 

  • Presentación no Centro entregando, debidamente cuberta, a solicitude xerada pola aplicación FONDOLIBROS e a documentación complementaria necesaria (Anexos I e II)

Se se opta por esta segunda e excepcional forma de presentación deberán ter en conta as seguintes normas:

a) Chamar ao 881 866 601 e concertar cita para a entrega da solicitude e documentación. Non se atenderá a ninguén que non tivese concertada hora de atención previa.

b)Acudir ao centro provisto coa respectiva máscara de protección e con todos os documentos impresos, debidamente cubertos e preparados para a súa presentación.

c) No centro deberán gardar as distancias de seguridade interpersoal recomendadas polas autoridades sanitarias (2m) e contarán coas medidas necesarias de desinfección e hixienización de mans.

d) Recoméndase encarecidamente estar no centro o tempo indispensable para a tramitación do procedemento.

PRAZO PRESENTACIÓN  SOLICITUDES

Do día 20 de maio ao día 19 de xuño de 2020 (este incluído)

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

a)    Solicitude de participación.

b)    Anexo II.

c)    Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación real a 31 de decembro de 2018, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

2º. Certificado ou volante de convivencia.

3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

d)   Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

e)Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

f)     Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

g)   Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

h)  Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

PUBLICACIÓN DE ACTOS

Publicaranse no taboleiro de anuncios do Centro docente: a listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; a listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e a relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en  que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación da que carezan, nas seguintes datas.

  • Publicación das listaxes provisionais:

                   10/07/2020.

  • Reclamación contra as listaxes provisionais:

                   13 e 14 de xullo de 2020.

  • Publicación das listaxes definitivas:

                     14/09/2020.

Distribuir contido


by Dr. Radut