Skip to Content

Presentación da Bolsa "JUAN LAMPÓN" 2020

PRESENTACIÓN BOLSA JUAN LAMPON_0.jpg

  José Luis Nogueira Varela, profe de Educación Física do Insti da Pobra veu presentarnos a nova edición da Bolsa "JUAN LAMPÓN" aos nosos alumnos de 1ºESO.  

Foi unha charla enriquecedora e emotiva, don de se recordou a pegada que deixou Juan entre todo aquel que o coñecía, e do importante que é andar pola vida facendo gala de valores como o respecto, o compañeirismo, e a empatía cos demais.

Como todo deportista sabe, tamén é esencial esforzarse por facer as cousas o mellor que poidamos independentemente do noso nivel de destreza ou das dificultades que poidamos ter.

Aquí deixamos un link sobre isto último que de seguro nos fará reflexionar a todos. 

 

 

Xa sabedes que para mais información sobre esta Bolsa seredes informados polos membros do Departamento de Educación Física do centro.



story | by Dr. Radut