Skip to Content

Chegaron os bisbitas a pasar o inverno

 

As primeiras aves migratorias do outono van chegando a Boiro. Este  bisbita pratense, pica dos prados (Anthus pratensis) achegouse a espreitar o que pasaba nas pistas do IES Praia Barraña.

Esperabámolos dende outubro e hoxe, por fin, xa mediado novembro, deixáronse ver. Como cada ano, despois de criar no norte de Europa, volven á Praia de Barraña e ás marismas do río Coroño para pasar o inverno. Insectos, vermes, caracois e sementes non lles han faltar. Estarán con nós ata marzo, así que teremos moitas oportunidades de observalos. Pero non pensedes que vai ser fácil. Os fermosos debuxos das súas plumas permítenlles mimetizarse co chan e pasar desapercibidos tanto nos campos como nas praias.

Ana Urbieta

 



page | by Dr. Radut