Os alumnos e alumnas de Historia do Mundo Contemporáneo- sección bilingüe recrearon un ano máis fotos históricas.
Esta foto é unha recreación realizada por Jessica Fernández dun retrato de Maud Wagner, que a comezos do século XX se converteu na primeira tatuadora coñecida no mundo occidental.
Jessica elixiu esta fotografía porque amosa o valor da historia cotiá e o importante papel das mulleres na Historia e porque a tatuaxe segue presente na actualidade.
Laura Piñeiro recreou esta fotografía de Frida Kahlo por ser unha muller á que admira moito como artista e como persoa pola súa fortaleza ante a enfermidade e pola súa defensa do feminismo.
Liz Puerto recreou un cartaz que representa ao Tio Sam, personificación dos EEUU, facendo un chamamento aos homes para loitasr na I Guerra Mundial. Este cartaz, á súa vez, é unha adaptación doutro anterior realizado no Reino Unido. Liz imitou este cartaz pois tivo un grande impacto na súa época e é reinterpretado de xeitos moi diferentes na actualidade.