Skip to Content

Programa XOGADE 2017-2018

O IES Praia Barraña a través do Departamento de Educación Física participará en algunhas das actividades do Programa XOGADE 2017-2018.

A campaña de actividade lúdico deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar), é unha iniciativa promovida e financiada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos galegos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma, dáselle así resposta a un dos obxectivos principais da política deportiva da Xunta de Galicia: fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade dende as idades máis temperás.

xogade

 Para máis información sobre o Programa XOGADE pinche na imaxen.



page | by Dr. Radut