Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

Celebramos o día mundial do ADN 2018 con Anxo Carracedo

O 20 de abril, acudimos ao Coliseo Noela para participar na celebración do día mundial do ADN. A inauguración do acto, organizado polo IES Virxe do Mar de Noia, contou coa presenza dos alcaldes de Boiro e Noia.

Ao longo da mañá presentáronse os traballos dos alumnos participantes no intercambio con Canarias, houbo actuacións musicais e finalmente chegou o invitado máis agardado, o doutor Anxo Carracedo, o gran profesor e investigador da USC. Empezou a súa intervención dedicándolle a conferencia aos alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato, dos que dixo que estaban no curso máis difícil da súa vida, polo que lle contaban os seus alumnos da Facultade de Medicina.

Falaunos da historia do descubrimento do ADN, de Xenética Molecular, de Investigación Criminal Forense, de Xenética do cancro...e todo dunha maneira tan clara e amena que teriamos pasado horas escoitándoo. Moitas grazas, Anxo!

Intercambio Climático Galicia - Canarias 2018

No curso 2015-2016, o IES Praia Barraña recibiu a invitación de Climántica, para formar parte do grupo de institutos galegos que organizamos este intercambio climático. Este ano fomos seis os centros que colaboramos. Cada un participou cun pequeno grupo de alumnos que estudou un problema medioambiental que afecta a algún ecosistema, especie ou actividade do seu contorno máis próximo.

Esta vez foron Antía de 3º ESO A, Carlos de 2º ESO A e Sandra de 2º ESO B, acompañados pola profesora do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Ana Urbieta, os encargados de representar ao IES Praia Barraña, co seu traballo " O cultivo do mexillón na Ría de Arousa".

O 16 de marzo puxeron rumbo a Canarias, para sumarse ao intercambio co colexio Decroly de La Laguna (Tenerife). Durante unha semana, xunto cos seus compañeiros galegos e canarios, tiveron tempo de compartir os resultados das súas investigacións escolares, participar en actividades deportivas na natureza, realizar avistamento de cetáceos, facer visitas didácticas a museos, institucións científicas e empresas; e percorrer parques nacionais e naturais en andainas guiadas. Tamén coñeceron de perto a vida cotiá das familias canarias que os acolleron nas súas casas. Ao final da semana chegou o máis complicado, a despedida.

Mais so era temporal, xa que o 17 de abril  os estudantes e profesores canarios viaxaron a Galicia para participar na fase galega do intercambio. Desta vez, cada un dos centros galegos participantes encargouse de organizar unha das actividades da semana.

O venres 20 de abril, a celebración do día mundial do ADN reuniu no Coliseo Noela de Noia a alumnos e profesores de tódalas comunidades educativas que colaboran co intercambio. Unha maxistral charla-coloquio de Anxo Carracedo, serviu de peche a este acto.

O pasado luns 23 de abril, as actividades organizounas o IES Praia Barraña. Por ese motivo, un numeroso grupo de estudantes e docentes canarios e galegos, achegouse a Boiro para iniciar un roteiro que lles permitiu coñecer un pouco mellor a comarca  do Barbanza. Comezaron navegando ata a illa de Sálvora, para percorrela nunha visita guiada, e  finalizaron o día participando nunha andaina medioambiental polas beiras do río Tambre. Para a realización destas actividades o IES Praia Barraña contou coa colaboración do Concello de Boiro que se fixo cargo do transporte en autobús dos participantes.

O día 24 os compañeiros canarios regresaron a Tenerife. Deica ao ano que ven!

Central hidroeléctica doTambre

Podedes encontrar máis fotos da fase canaria do intercambio neste enlace

Podedes encontrar máis fotos da excursión a Sálvora e ao Tambre neste enlace

Semana temática_ Intercambio 2018. Boiro: un día na batea

Como parte da contribución do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía á semana temática, presentámosvos este vídeo sobre o ciultivo do mexillón na Ría de Arousa que é un resumo dun traballo máis extenso presentado ao Intercambio con Canarias deste ano 2018.

O IES Praia Barraña participou no Campus de Climántica-Educocean en Aveiro

Unha pequena representación do IES Praia Barraña, composta por 2 alumnas da materia de Cultura Científica e 2 profesoras, acudiu á cidade portuguesa de Aveiro para participar entre os días 2 e 6 de setembro no Campus Xuvenil Internacional organizado por Climántica-Educocean.

Este encontro internacional sobre alteracións climáticas reuníu a 120 profesores e estudantes de España, Portugal e México, co obxectivo de analizar contidos, estratexias metodolóxicas e actividades que permitan artellar proxectos curriculares de comunicación científica e socioambiental do Cambio Climático.

A Fábrica, o centro que Ciência Viva-Axencia Portuguesa para a Cultura Científica e Tecnolóxica ten en Aveiro, foi o lugar escollido para desenvolver unha completa programación que incluíu visitas didácticas, simposios, coloquios, conferencias, shows de ciencia e talleres de robótica, holografía, teatro e vídeo. As aulas, salas e laboratorios da Fábrica enchéronse de talento, interese, traballo, bo ambiente e creatividade. O Campus rematou a súa fase portuguesa coa estrea do musical "Traxedia" escrito para ser representado polos alumnos e alumnas participantes.

O Campus continuou do 6 ao 8 de setembro en Noia, con máis actividades científicas, lúdicas e deportivas. Esta semana de actividades pechouse coa representación dunha segunda función do musical. Aquí vos deixamos algúns vídeos dese ultimo día.

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Traballo de 1º de Bacharelato para o intercambio con Segovia

O seguinte destino do intercambio triautonómico é Segovia, alí os alumnos e alumnas de primeiro de Bacharelato presentarán o vídeo que resume o seu traballo sobre o impacto do cambio climático no cultivo do mexillón.

Celebramos o Día Internacional do ADN e o Día da Terra

O intercambio Canarias - Galicia - Segovia rematou a súa fase galega cun simposio no que participaron dous destacados científicos, o catedrático da USC e director do Centro Nacional de Xenotipado, Anxo Carracedo e o catedrático de Ecoloxía e director do Campus do Mar da Universidade de Vigo Emilio Fernández. Este acto serviu tamén para celebrar o Día da Terra e o Día Internacional do ADN.

Por parte do IES Praia Barraña asistiron 35 alumnos de 1º e 2º de Bacharelato e de 4º de ESO. O alumnado de 4º de ESO presentou o vídeo do seu traballo sobre o impacto do cambio climático na reprodución da píllara das dunas. Os alumnos de 1º de Bacharelato presentarán o vídeo sobre o impacto do cambio climático na produción de mexillón en Segovia.

Ao final cada unha das comunidades educativas participantes contribuiu cunha actuación, musical. En representación do Praia Barraña actuou Marta Casais que interpretou a canción de Bob Dylan, Blowin' in the wind, acompañada por alumnas de 4º de ESO que cos seus carteis recordáronnos os diversos problemasmedio ambientais que poñen en perigo o medio ambiente deste planeta.

Visita á Illa de Sálvora( Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia)

 O IES Praia Barraña de Boiro foi o pasado mércores 19 o punto de encontro para o alumnado e o profesorado do colexio Decroly de La Laguna (Tenerife) e do IES Mariano Quintanilla de Segovia. Os tres centros que xunto co IES Virxe do Mar de Noia, o IES Rosalía de Castro de Santiago, o IES Poeta Añón de Outes e o CPI Dos Dices de Rois, participamos no intercambio triautonómico organizado por Climántica. A actividade organizada polo IES Praia Barraña, desenvolveuse no Arquipélago de Sálvora que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

 Arredor das once da mañá saímos do porto da Pobra do Caramiñal e unha hora despois desembarcamos na Illa de Sálvora. No peirao,  esperábannos Suso e Bea, guías do parque.  Antes de iniciar a visita, contáronnos  as características do parque marítimo-terrestre e explicáronnos as normas que debiamos respectar por encontrarnos nun espazo protexido. Os estudantes en prácticas, dun ciclo de medio ambiente, acompañáronnos durante a actividade. Botamos a andar por un camiño que discorría entre bolos de granito xigantescos, toxos, abruñeiros, herba de namorar e unha especie invasora inesperada, a cala. De cando en vez, parabamos para atender as explicacións sobre o ecosistema no que nos encontrabamos. Mentres descansabamos na fonte de Santa Catalina, escoitamos un relato fantástico que falaba de pasadizos submarinos que atravesan a Ría. Xa estabamos moi preto da aldea de Sálvora coas súas casas abandonadas, as súas eiras de pedra e os seus grandes hórreos.

Unha vez completada a ruta, fomos ata o pazo e sentámonos a comer fóra. A pesar do  vento do nordés e dos afloramentos de augas profundas e xeadas, houbo quen aproveitou para darse un baño na Praia do Castelo, ante a mirada pétrea da serea dos Mariño. Para finalizar o noso percorrido pola illa, tomamos a senda que conduce ao faro. Dende alí, tras escoitar a tráxica historia do naufraxio do Santa Isabel, regresamos ao barco. De volta na  Pobra do Caramiñal, subimos ao mirador da Curota para ver a Ría de Arousa e tódolos arquipélagos que forman o Parque das Illas Atlánticas. 

Podedes ver fotos da visita neste enlace

Intercambio climático Canarias-Galicia-Segovia 2016-2017

Un ano máis o IES Praia Barraña formou parte xunto co IES Virxe do Mar de Noia, o IES Poeta Añón de Outes, o IES Rosalía de Castro de Santiago e o CIP do Dices de Rois do grupo de cinco institutos galegos que, dentro do proxecto Climántica, realizan o intercambio climático co colexio Decroly de La Laguna (Tenerife). O intercambio desenvolveuse nunha primeira fase, entre os días 30 de marzo e 6 de abril en La Laguna (Tenerife) e encóntrase agora na súa segunda fase que transcorre en Galicia e conclúe o 24 de abril. Nesta fase incorporouse tamén o IES Mariano Quintanilla de Segovia que coordinará entre o 25 de abril e o 1 de Maio a terceira e última etapa deste intercambio triautonómico.

A Canarias viaxaron tres alumnas de 4º de ESO que investigaron o impacto do cambio climático sobre a píllara das dunas (Charadrius alexandrinus). Comezaron o intercambio presentando os resultados da súa investigación escolar no auditorio da UNED de la Laguna. Neste enlace podedes atopar o vídeo que resume o seu traballo.

Os seguintes días dedicáronos a realizar distintos itinerarios didácticos pola Illa de Tenerife.  Estas visitas permitíronlles coñecer a cidade Patrimonio da Humanidade de La Laguna, o Parque Nacional do Teide, o acantilado dos Xigantes, o Parque Rural de Anaga e o Parque Tecnolóxico e das Enerxías Renovables situado no sur da illa. Tamén practicaron sendeirismo, remo e buceo; realizaron avistamento de cetáceos e participaron nun taller de astronomía.

Neste actividade, as familias teñen un papel fundamental, xa que acollen nas súas casas aos alumnos e alumnas de intercambio. Moitas grazas.

Podedes ver as fotos da fase canaria do intercambio premendo neste enlace.

 

 

Guardar

Visita didáctica aos Xacementos de Atapuerca

Chegada ás Médulas.

Visita á aula arqueolóxica.

Visita guiada das Médulas con subida ao mirador de Orellán.

Ao terminar a visita dirixímonos cara a Arlanzón onde se encontraba o noso aloxamento, a Granxa Escola Arlanzón.

Ao día seguinte rean.

 

 

 

visita guiada aos xacementos de Atapuerca e ao  Centro de Arqueoloxía Experimental (Carex)

 

o día seguinte rean.

 

 

16:30 -18:00 Visita guiada ao Museo da Evolución Humana

18- Visita da cidade de Burgos

19:30 Regreso ao albergue. Cea no albergue.

 

Almorzo no albergue. Saída de Arlanzón

 Valporquero. Visita longa ás covas

 

Distribuir contido


by Dr. Radut