Skip to Content

Intercambio climático Canarias-Galicia-Segovia 2016-2017

Un ano máis o IES Praia Barraña formou parte xunto co IES Virxe do Mar de Noia, o IES Poeta Añón de Outes, o IES Rosalía de Castro de Santiago e o CIP do Dices de Rois do grupo de cinco institutos galegos que, dentro do proxecto Climántica, realizan o intercambio climático co colexio Decroly de La Laguna (Tenerife). O intercambio desenvolveuse nunha primeira fase, entre os días 30 de marzo e 6 de abril en La Laguna (Tenerife) e encóntrase agora na súa segunda fase que transcorre en Galicia e conclúe o 24 de abril. Nesta fase incorporouse tamén o IES Mariano Quintanilla de Segovia que coordinará entre o 25 de abril e o 1 de Maio a terceira e última etapa deste intercambio triautonómico.

A Canarias viaxaron tres alumnas de 4º de ESO que investigaron o impacto do cambio climático sobre a píllara das dunas (Charadrius alexandrinus). Comezaron o intercambio presentando os resultados da súa investigación escolar no auditorio da UNED de la Laguna. Neste enlace podedes atopar o vídeo que resume o seu traballo.

Os seguintes días dedicáronos a realizar distintos itinerarios didácticos pola Illa de Tenerife.  Estas visitas permitíronlles coñecer a cidade Patrimonio da Humanidade de La Laguna, o Parque Nacional do Teide, o acantilado dos Xigantes, o Parque Rural de Anaga e o Parque Tecnolóxico e das Enerxías Renovables situado no sur da illa. Tamén practicaron sendeirismo, remo e buceo; realizaron avistamento de cetáceos e participaron nun taller de astronomía.

Neste actividade, as familias teñen un papel fundamental, xa que acollen nas súas casas aos alumnos e alumnas de intercambio. Moitas grazas.

Podedes ver as fotos da fase canaria do intercambio premendo neste enlace.

 

 

Guardar



page | by Dr. Radut