Reforzos da asignatura de Relixión 2º Bach C

En primeiro lugar espero que todos vos estedes ben de saúde.

Os alumnos que teñen suspenso a segunda avaliación, teñen que entregar o traballo correspondente da segunda avaliación. Si é que non nos incorporamos farei media coas dúas primeiras avaliacións, pero os alumnos que queiran ampliar os seus coñecementos e mellorar a  media das dúas primeiras avaliacións, podedes leer o proceso da morte de Cristo que pasarei en pdf e facer unha comparativa coa aplicación da pena de morte en distintos países do mundo.

Tedes que ver a película Pena de morte para realizar este traballo.

O traballo ten que ter como mínimo tres páxinas e consistirá en contestar a estas preguntas.

1º ¿Qué países aplican a pena de morte hoxe en día?

2º A aplicación da pena de morte en EEUU non cambia o índice de criminalidade cada vez mais en aumento. ¿Qué é o que falla na sociedade americana? ¿Qué medidas aplicarías tí para cambiar a sociedade?

3º A lectura do proceso da morte de Cristo e o asesoramento da monxa fai que o asasino morra coa conciencia tranquila. ¿Cales son as claves da súa conversión na película?

A data límite si isto sigue así é o 29 de maio.

 

AdxuntoTamaño
La Pasión y muerte de Jesús.pdf1.44 MB