Novas pais/nais

Visita á exposición "Castelao maxistral" e á Librería Couceiro

 

O pasado 1 de marzo, o alumnado de 4º da ESO visitou na Cidade da Cultura a exposición Castelao maxistral.

Entroido 2019

O venres 1 de marzo celebramos no ximnasio o festival de Entroido, coa participación de doce grupos concursantes e unha actuación de exhibición, a do grupo de baile das actividades extraescolares. Malia as dificultades técnicas pola calidade do son, pasamos un moi bo anaco. Grazas a Ana, Anabel, Irene e Marga por facer de xurado, e ao alumnado de 1º de bacharelato por asumir a presentación do acto.

CALENDARIO DE EXAMES DE MATERIAS PENDENTES -MAIO 2019- [CURSO 18-19]

Andorra 2019

Andorra 2019

RECORDATORIO: NORMAS PARA A RECOLLIDA DUN ALUMNO/A NO CENTRO

Recordamos as normas (e achegamos modelo de autorización, por se fose preciso) para poder proceder á retirada dun alumno/a do centro. Estas mesmas pautas de actuación foron reiteradamente explicadas e entregadas xa a todas as familias, cada inicio de curso, xunto coa documentación para formalizar a matrícula.

DOCUMENTO

21 de febreiro: Día da lingua inicial

O alumnado de 1º ESO que é membro do EDLG estivo traballando arredor do Día da Lingua inicial e participou na elaboración deste vídeo onde aclaran certas cuestións que vén ben que lembremos.

AXUDAS PARA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS. ANO 2019

Charla : Superbacterias

O alumnado de Bioloxía de 1º e 2º de bacharelato asistiu o venres 22 de febreiro á conferencia da doctora Concepción González Bello, do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC.

Viaxe de fin de etapa (4º ESO): pago do 2º prazo

Recordamos ás familias do alumnado de 4º ESO que a data límite para o pago do segundo prazo da saída a Barcelona  é o 21 de febreiro. Máis información: AQUÍ

Rosalía tamén é nosa

Baixo o lema "Rosalía tamén é nosa" O EDLG do noso centro, en colaboración co departamento de Lingua Galega,  organiza diversas actividades para conmemorar o 24 de febreiro, data de nacemento de Rosalía de Castro.

Viaxe a Andorra de 1º de Bacharelato

O sábado 16 de febreiro regresou de Andorra o grupo de 1º de Bacharelato que participou na saída organizada polo departamento de Educación Física. Grazas aos profes Antonio, Sonia e Javier por darlle ao alumnado esta oportunidade de gozar da neve.

11 F_ Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

O IES do Milladoiro participa na iniciativa 11 de febreiro, que busca conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia poñendo a disposición dos centros educativos diversos recursos didácticos. Dentro deste programa,  o alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de coñecer a científica Nieves Vidal, do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia do CSIC de Santiago de Compostela e puideron escoitar a súa charla  Hai futuro para o noso bosque?

Guía de recursos para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero.

Como continuación dos compromisos adquiridos ao desenvolver o Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero, achegamos unha Guía de recursos

Xornada de formación do Club de debate

O venres 8 de febreiro, na Casa da Cultura do Milladoiro,  o alumnado de 1º de Bacharelato pertencente ao Club de debate participou nunha xornada de formación co alumnado doutros institutos da área de Santiago.

Teatro Foro

O alumnado de 1º ESO participará o mércores 13 no obradoiro Teatro Foro, da ACPP, dentro do proxecto Escolas sen racismo. O seu obxectivo é educar na paz, na resolución de conflitos e na solidariedade desde unha perpectiva global.

Obradoiro "A tribo"

O alumnado de 2º ESO C vai participar no obradoiro de comunicación "A tribo", que organizan conxuntamente IGASEX= e AGARESO en colaboración coa Obra Social la Caixa. Desenvolverase en tres sesións de cen minutos os días 15 e 22 de febreiro e o 1 de marzo.

Excursión a Andorra

A saída será o día 9 de febreiro ás 22.00 desde o aparcadoiro fronte á Casa da Cultura do Milladoiro. Recordamos a necesidade de que o alumnado leve a documentación esixida (autorización da Garda Civil, DNI e tarxeta sanitaria) e de que esta sexa facilmente localizable (non debe ir na maleta).

Obradoiro: OPS! Falamos portugués.

O alumnado de 4º ESO participou o 7 de febreiro no obradoiro "OPS! Falamos portugués. O portugués simples", unha actividade organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura.

Obradoiro de habilidades sociais e resolución de conflitos

Ao longo do mes de febreiro o alumnado de 2º ESO asistirá, nas súas horas de Titoría, a un Obradoiro de habilidades sociais e resolución de conflitos a cargo de IGASEX3. Os seus obxectivos principais son dotar o alumnado das ferramentas básicas para a adquisición e desenvolvemento das habilidades sociais implicadas nos procesos de mediación e negociación e, por outra banda, fomentar a expresión das emociónss e sentimentos para resolver os conflitos de maneira asertiva e positiva.

Resultados de xaneiro da IV Olimpíada da Convivencia

Charla para familias de alumnado novo no vindeiro curso 2019/2020

Ás 17:00 horas do vindeiro xoves 7 de febreiro celebrarase no Salón de Actos do IES do Milladoiro unha reunión informativa para familias que desexen coñecer o centro con vistas á primeira matriculación no noso Instituto no curso 2019/2020.  Está convidado tanto o alumnado de Ventín que faga reserva para o 2019/2020 como aquelas familias que teñan pensado facer solicitude de admisión (en marzo) para o noso centro.

Premio trimestral da IV Olimpíada da Convivencia

Os grupos gañadores do primeiro trimestre, 1º ESO D e 1º ESO E, gozaron xa do seu premio na cafetería do noso centro.

Inicio de matrícula para os exames DELF

Do 1 ao 28  de febreiro estará aberto o prazo de matrícula para a inscrición nas probas DELF de lingua francesa. Pode descargarse a folla de matrícula AQUÍ.

Continuamos co EPD_Lab

A sesión de xaneiro do Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento de AGARESO en 2º ESO dedicouse á análise da información dos medios de comunicación para aprender a distinguir as noticias falsas das verdadeiras.

Novo blog do EDLG

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega estrea blog cun vídeo sobre a paz lingüística realizado por eles. Podemos velo AQUÍ

Pensamentos de Castelao a Rosalía

Durante o segundo trimestre homenaxearemos no centro a dous persoeiros fundamentais para a nosa cultura a través de dúas efemérides: o aniversario do nacemento de Castelao (30 de xaneiro) e o de Rosalía (24 de febreiro). Entre outras accións, o EDLG  proporcionou a cada aula do centro unha planta de pensamentos con dous "pensamentos" (citas) de Castelao, previamente seleccionadas polo alumnado do grupo. A partir de febreiro esas verbas de Castelao serán substituídas por versos de Rosalía.

Publicacións do centro: Castelao maxistral. Propostas de traballo

O EDLG e o  departamento de Xeografía e Historia do noso centro elaboraron unha proposta didáctica para traballar a figura de Castelao e a exposición Castelao maxistral que vén de ser publicada por iniciativa de Nova Escola Galega. Ponse así a disposición de toda a comunidade educativa. Enlace: Castelao maxistral. Propostas de traballo.

Actividades de orientación para 2º de Bacharelato - Charla da USC

O martes 29 de xaneiro recibimos no centro a profesora da USC Carolina Torrón, quen informou ao alumnado de 2º de Bacharelato das características dos estudos universitarios. Esta actividade compleméntase coa visita á USC o 12 de febreiro e coas outras actividades de Orientación para 2º de Bacharelato.

Actividades de orientación para 2º de Bacharelato - Charla de exalumnas do centro

O venres 25 de xaneiro tivemos o pracer de ter outra vez con nós a Paula, Carmen e Patricia, que remataron os seus estudos no centro o curso pasado. Compartiron co estudantado de 2º BAC  a súa experiencia das probas ABAU, da toma de decisións académicas, das inquedanzas propias do último curso de Bacharelato e dos seus primeiros meses como estudantes universitarias. Grazas por compartir con nós tantas cousas, mozas!

Autorizacións familiares para a saída a Andorra de 1º de Bacharelato

A Garda Civil do Milladoiro indícanos:

1º) Aínda que o menor teña pasaporte necesita autorización, polo que a Garda Civil expedirá a autorización para viaxar, sempre que sexa solicitada polos dous proxenitores. Non é necesario que o pai e a nai vaian xuntos, pero si que se presenten os dous, aínda que sexa en días distintos, para ratificar a autorización.

2º) Para axilizar os trámites as familias poden descargar o documento da seguinte páxina web: AQUÍ

3º) Se o menor ten NIE ten que solicitar a autorización no consulado ou na embaixada correspondentes.

4º) É necesario que a autorización se solicite coa debida anticipación dada a carga de traballo que supón. É bo que se faga xa!

 

Distribuir contido