Obradoiro "A tribo"

O alumnado de 2º ESO C vai participar no obradoiro de comunicación "A tribo", que organizan conxuntamente IGASEX= e AGARESO en colaboración coa Obra Social la Caixa. Desenvolverase en tres sesións de cen minutos os días 15 e 22 de febreiro e o 1 de marzo. O alumnado estará acompañado polo profesorado e polos profesionais de AGARESO.

O obradoiro, que se apoiará nas novas narrativas dixitais, terá tres fases:

1.- Reflexión sobre a importancia da educación para asegurar a igualdade de oportunidades.

2.- Identificación  das causas da exclusión social, destacando os condicionantes que dificultan o éxito nos estudos.

3.- Elaboración de materiais multimedia de reflexión e sensibilización sobre esta temática.