Axudas para estudos

Listaxe provisional de alumnado admitido e excluído no Fondo solidario de libros e nas Axudas a material escolar

As listaxes están expostas no centro e poden descargarse nos  arquivos adxuntos. No caso das axudas para material escolar, o alumnado con materias pendentes para setembro non figura en ningunha destas listas. Sairá nas listaxes definitivas de setembro. PRAZO DE ALEGACIÓNS: exclusivamente luns 17 e martes 18. PRAZO FINALIZADO

Listaxe provisional de alumnado admitido e excluído no fondo libros e nas axudas a material escolar.

As listaxes están expostas no centro e poden verse  nos ficheiros adxuntos. Recordamos que o prazo para as alegacións abrangue exclusivamente os días 17 e 18 de xullo. Os libros e os vales de material serán entregados en setembro.

Fondo libros e material escolar curso 2017-2018

   Informamos ás familias que solicitaron participar no fondo de libros de texto que a listaxe provisional será publicada nesta web o 14 de xullo. O prazo de alegacións á listaxe provisional abrangue exclusivamente os días 17 e 18 de xullo. PRAZO FINALIZADO

   Recordamos que o alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria de setembro ten que  devolver os libros prestados o día do exame.

   A listaxe definitiva do fondo solidario coa relación de axudas admitidas e excluídas será publicada nesta web e no centro o 15 de setembro. A entrega de libros ao alumnado terá lugar o 18 e 19 de setembro de 2017. A entrega de vales de axudas para o material irá dende o 15 ao 29 de setembro, e deberán ser recollidos persoalmente polos interesados na secretaría do centro.

31/5/17-PRESENTACIÓN SOLICITUDES AXUDAS LIBROS E MATERIAL PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULE EN 1º ESO NO CURSO 2017/18

O alumnado que se matricule en 1º ESO no curso 2017/18 terá que presentar a solicitude para recibir libros do fondo e axudas de material no IES do Milladoiro. O prazo para presentar dita solicitude remata o 23 de xuño[Máis información]

BOLSAS DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA. CONVOCATORIA CURSO 2017-2018

Consulta no enlace a CONVOCATORIA  2017–2018 da Fundación Amancio Ortega. As inscricións poden realizarse dende o 3 de outubro até o 15 de novembro do 2016 (apertura e peche ás 13:00 horas, horario peninsular). Co teu DNI e correo electrónico poderás inscribirte no programa e crear a túa solicitude.

FONDOLIBROS 1º E 3º ESO [CURSO 2016-2017]: LISTAXES DEFINITIVAS E LIBROS ADXUDICADOS

FONDO LIBROS-ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PROVISIONAIS (13/7/16)

Publicadas as solicitudes de Admitidos e Excluídos provisionais para participar no Fondo de Libros de texto.

Prazo de alegacións 2 días. PRAZO REMATADO.

Admitidos

Excluídos

LISTAXES DAS AXUDAS PARA A REALIZACION DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2016

Listaxes correspondentes ao disposto no artigo 14.1 da Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 28/03/2016).

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR [2016-2017]

Solicitudes ata o 23 de xuño   //    Devolución de libros ata o 22 de xuño

RESUMO FONDO E AXUDAS LIBROS 2016

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS

ORDE DO 6 DE NOVEMBRO de 2015: NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

 

Xúntase a Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

 

  • O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

 

BOLSAS DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA 2016-2017

Consulta no enlace a CONVOCATORIA  2016–2017 da Fundación Amancio Ortega.

As inscricións poden realizarse dende o 5 de outubro até o 12 de novembro do 2015 (apertura e peche ás 13:00 horas, horario peninsular). Co teu DNI e correo electrónico poderás inscribirte no programa e crear a túa solicitude.

BASES

CALENDARIO

LISTAXE COMPLEMENTARIA DE LIBROS DE 2º ESO [FONDOLIBROS 2015_2016]

Listaxe complementaria dos libros de 2º ESO que se entregarán aos alumnos admitidos definitivamente en fondolibros.

Os alumnos de 4º ESO que están definitivamente admitidos en fondolibros recibirán os restantes libros entre mañá e o vindeiro luns na súa aula.

LISTAXE DEFINITIVA DOS ALUMNOS DE 2º E 4º ESO ADMITIDOS NO FONFO SOLIDARIO [2015_16] - Adxudicación de libros de texto

No adxunto publicamos a listaxe definitiva na que figuran os libros que recibirá o alumnado de 2º e 4º de ESO que se acolleu á convocatoria do fondo solidario de libros de texto 2015/16 (Orde de 21 de maio de 2015, DOG de 1 de xuño). Os alumnos que aparecen sen libro terán que esperar á súa adquisión na maior brevidade posible.

LISTAXE DEFINITIVA

Os libros serán entregados a partir do xoves 17 de setembro polos titores de 2º e 4º ESO nas súas respectivas  horas de titoría nos termos que establece o artigo 19 da devandita convocatoria (pode consultala aquí).

REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO [2015-2016]

O xoves 10 de setembro, ás 18:00, terá lugar unha reunión informativa no IES sobre a tramitación de Bolsas e Axudas para alumnado con necesidades específicas.

A resolución pola que se convocan estas axudas foi publicada no BOE de 1 de agosto de 2015. Preme no enlace para consultar o texto da convocatoria:

Resolución de 24 de julio de 2015, de la Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, por la que se convocan ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo, para el curso académico 2015-2016.

Nos adxuntos poderás acceder a un resumo da convocatoria (destinatarios, requisitos, dotación, prazos...)

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR [2015-2016]

Publicada no DOG de 1 de setembro a Orde do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

Nos adxuntos podes acceder ao contido íntegro da Orde, ao impreso de solicitude e a un breve resumo da Orde. Tamén podes cumprimentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia [aquí].

BOLSAS PARA ESTUDOS BACHARELATO, CICLOS FORMATIVOS E FP BÁSICA [2015-2016]

O xoves 6/8/2015 publicouse no BOE a Resolución pola que se convocan bolsas para o alumnado que curse estudos postobrigatorios no ano académico 2015-2016 (bacharelato, ciclos formativos e FP básica). No enlace pódese acceder ao texto completo da devandita resolución.

As solicitudes deben cumprimentarse na sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (aquí), entrando na opción "Trámites y servicios".

O período de solicitude desta convocatoria remata o 30 de setembro de 2015. 

BOLSAS PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS [2015-2016]

Distribuir contido