AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR [2015-2016]

Publicada no DOG de 1 de setembro a Orde do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

Nos adxuntos podes acceder ao contido íntegro da Orde, ao impreso de solicitude e a un breve resumo da Orde. Tamén podes cumprimentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia [aquí].