Participamos este venres 21 de abril na fase comarcal do Club de debate organizado polos Servizos de Normalización Lingüística de varios concellos galegos celebrada este ano en Teo.
Desde o IES do Milladoiro acudiron dous grupos: Xente que fala (composto por Diego Madarnás, Javier Conde, Andrea Caramés, Sara Antón , Mario Campos, e Óscar Pin) e Debáteme esta! formado por Clara Barral, Sara Rey, Emma Medina, Xiana Cambeiro, Martina Bretaña, Iago Varela, Anthony Rivera, Brayan Colina e Carmen Fandiño
O equipo Xente que fala tivo que debater co IES de Bertamiráns defendendo a postura a favor do tema do debate “Somos menos sociais coas redes sociais?” e co IES Eduardo Pondal de Santiago defendendo a postura en contra. O equipo Debáteme esta tivo que defender a postura a favor diante do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro e a postura en contra diante do CPI dos Dices de Rois.
Os gañadores da primeira xornada da primeira fase foron: Xente que fala (IES do Milladoiro) que conseguiu o primeiro premio, Ames a palabra (IES de Ames-Bertamiráns) que acadou o segundo premio e o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón que conseguiu o terceiro premio.
Estes tres equipos, xunto cos tres que pasen na segunda xornada comarcal que se vai celebrar o vindeiro luns, irán á fase final galega que se vai celebrar a principios de xuño.
|
|||