You are hereActividades / Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación

Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación


ACTO DE CLAUSURA DO PROGRAMA CLASES SEN FUME 2016/2017

O IES de Melide foi escollido para albergar o acto de clausura de esta 15ª edición por ser o centro con maior participación de aulas neste curso escolar, non só na provincia da Coruña senón tamén de toda Galicia, cun total de nove aulas e 158 escolares de primeiro e segundo da ESO. O IES de Melide participou en oito edicións, gañando un accésit a mellor actividade creativa no curso 2013-2014 e o premio Fogares sen fume no curso 2014-2015.

Nun acto moi dinámico e ameno, un grupo de alumnos e alumnas de 1°e 2° de ESO e tamén de 1° de BAC, en representación de todos os seus compañeiros e compañeiras, presentaron o traballo realizado tanto neste curso como en cursos anteriores para Clases sen Fume, a través de diferentes improvisacións teatrais e proxeccións audiovisuais.

Este programa, CLASES SEN FUME, é un concurso educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO, é dicir de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco, tendo ás comunidades educativas como instrumento indispensable para a execución do proxecto.

Ó acto asistiron o Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia de A Coruña, a Xefa Territorial de Sanidade, a Alcaldesa de Melide e a coordinadora do programa “Clases Sen Fume”.

Parabéns para o noso alumnado, polo seu saber estar e o seu alto grao de implicación neste programa.

PRODUCCIÓN CINEMATOGRÁFICA - eNPRoXeCTo 2016/17

SuMaCoNXeiTo

UnHa iNViTaCióN a aLMoRZaR eN CoMPaÑía

SINOPSE: Escenas de acción que invaden un espazo no que os protagonistas desvelan as propiedades dun almorzo equilibrado, variado, suficiente, agradable e seguro (e dan respostas ó que ten que ter a miña cunca e o meu prato) para render no día a día. Ó mesmo tempo fan “guiños” dos ingredientes dun estilo de vida saudable..., na que o sedentarismo non pode estar presente.

IRIA BARREIRO VÁZQUEZ PREMIADA NO CERTAME DE DEBUXO E POESÍA AVELINO DÍAZ

Iria Barreiro Vázquez de 1º BAC A acada o segundo premio do "Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz" celebrado en Meira o pasado beres 28 de abril, convocado polos concellos de Riotorto e Meira e pola Asociación Cultural “Avelino Díaz”. O poema premiado titúlase “Barreiras”.

Parabens!

OBRADOIROS CULTURAIS SEMANA DO 3 Ó 7 DE ABRIL

Este curso organizáronse no centro, coincidindo na semana do 3 ó 7 de abril, uns OBRADOIROS CULTURAIS para o alumnado dos grupos máis afectados pola falta de alumnado. Un dos obxectivos destes obradoiros era que o alumnado traballara na aula dunha forma distinta á tradicional eque ó mesmo coñecera distintas actividades e traballos que se están a facer no centro.

 continuación una pequena mostra do que foron estes obradoiros,

Obradoiro de "Música Electrónica", impartido por Mateo Mena quen cursou estudos de inxeñaría e de música e unificou estas dúas liñas aparentemente tan apartadas de coñecemento nun obradoiro no que ademais trata de concienciar sobre a reciclaxe. Amosou como con compoñentes tan sinxelos procedentes de aparatos vellos como un altofalante cables e uns clips se pode comezar a facer música.

MateoMena

Obradoiro de Cultura Clásica: as profesoras de cultura clásica Susana Losada e Teresa Alonso achegaro ó alumnado da ESO o obradoiro que levan o LVDI COMPOSTELLANI (OBRADOIROS DE CULTURA CLASICA) e o alumnado poido experimentar coa escrita e o vestiario na antigüedade.

CulturaClasica

Obradoiro de robótica: a profesora Nieves Martínez xunto co seu alumnado de robótica de 2º bach prepararon unha sesión para amosar como programar de forma sinxela que é un robot e desmostrar que iso da programación tampouco é tan complicado.

Obradoiro de impresión 3D: Nieves Martínez amousou ó alumnado como funciona a impresora 3D que recentemente acaba de chegar ó centro e que moi posiblemente dentro de poucos anos estará en moitos dos fogares e das empresas nas que traballará o noso alumnado.

 impresionerobotica

Obradoiro de madeira: o alumnado de 4º ESO pasou polo taller de madeira onde o profesor Javier Iglesias explicoulles que se facía no ciclo de madeira, como traballaban os rapaces e os traballos que están a facer os alumnos e alumnas actuais do ciclo.

 madeira

Obradoiro de fotografía: o profesor Claudio Fernández explicou ó alumnado de TIC os segredos da fotografía e preparounos para unha labor moi especial, a edición da orla de 2º BAC. 

E para dar clausura esta semana tan intesa de traballo dúas alumnas de 2º BAC Nadia Sniba e Carlota Casal fixeron unha exposición maxistral sobre a súa perspectiva feminina da historia. Nadia e Carlota non son catedráticas nin traballan en ningunha institución pro-igualdade, son alumnas de bacharelato do noso centro e por propia iniciativa traballaron, investigaron e improvisaron sobre este tema para deixarnos a todos e todas abraiados.

CharlaFeminismo

NORABOA E MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XORNADA DE ACOLLIDA - ALUMNADO DE 6º PRIMARIA CIPS (26 abril)

Como cada ano por estas datas recibimos a visita do alumnado dos CIPS adscritos (Nº1, Martagona, Pastor Barral, Toques e Arcediago).

O alumnado que de 1º de ESO capitaneou un acto informativo, flexible e interactivo no que se presentaron cuestións de interese relativas á nova etapa educativa que o alumnado iniciará; cuestións que atinxen á organización e funcionamento do IES e á liña de traballo que se segue, así como un breve percorrido polas instalacións do mesmo. 

O acto rematou co espectáculo “NON SABEN QUEN ES” da compañía teatral Duende Sico, promovido dende a Deputación da Coruña e o Concello de Melide, dentro do programa de fomento da lingua galega “Coa lingua fóra".

OS MOBLES DE HAI 60 ANOS

O departamento de madeira segue a sorprendernos coa súa vea creativa. Nesta ocasión, e inspirados de novo pola conmemoración do 50º aniversario do IES de Melide, fan un repaso pola década dos 60 do s. XX, época na que comezou a súa andaina o IES de Melide. Parabéns por este traballo que fará as delicias dos máis vetranos da nosa comunidade escolar, que poden/podemos ver escenas, mobles e obxectos cotiáns da infancia ou xuventude. En que fogar non había unha vaixela duralex, as famosas latas de colacao, que volven estar de moda, ou un clásico sofá de skay marrón?

Ver presentación en biblomelide

Sorteo das viajes culturais do IES de Melide

O posuidor da papeleta que teña o número 7314 foi o gañador do sorteo realizado nas VIAXES CULTURAIS A LONDRES E PORTUGAL do IES de Melide.

O afortunado/a poderá desfrutar dunha cea para dúas persoas a escoller dentro da carta do RESTAURANTE MARISQUERÍA SAN ROQUE e dunha sesión de peiteado, manicura e maquillaxe en GÓMEZ ANDÓN PERRUQUERÍA MIXTA.

Dende o IES de Melide queremos agradecer a estes dous establecimentos RESTAURANTE RAXERÍA SAN ROQUE E PERRUQUERÍA MIXTA GOMEZ ANDÓN así como á IMPRENTA MELIGRAF a sua colaboración desisnteresada neste sorteo.

NORABOA AO AFORTUNAD@

LEMBRÁMOSLLES QUE HAI UN PRAZO DE 15 DÍAS PARA RECLAMAR O PREMIO.

Mención de honor no concurso en liña "LINGUA DE NAMORAR"

A alumma do IES de Melide Anabel López Blanco de 1º de bac. recibiu unha mención honorífica na súa participación no concurso organizado por política lingüística " O galego, Lingua de namorar ", en palabras dos organizadores "pola súa frescura e denotación pola identidade e lingua propias". Máis información na páxina oficial do concurso.

 Noraboa Anabel

PARTICIPACIÓN DA ALUMNA URIELA GARCÍA RICO NA XII OLIMPÍADA NACIONAL DE BIOLOXÍA.

Os días 23 a 26 do pasado mes de marzo celebrouse en Pamplona a Olimpíada Nacional de Bioloxía 2017. Como representante de Galicia asistiu, xunto con outros dos rapaces, a nosa alumna Uriela García Rico, a cal foi acompañada pola súa profesora Cristina Viqueira Gómez.

A proba constou de dúas partes, unha teórica e outra práctica.

A parte teórica consistiu na resolución de 150 preguntas tipo test sobre as distintas áreas de coñecemento da bioloxía que se estudan ao longo de toda a etapa da ESO e do Bacharelato (Xenética, Fisioloxía e Histoloxía animal e vexetal, Bioquímica, Microbioloxía, Zooloxía, etc.).

Ao día seguinte tivo lugar a parte práctica, na que, nos laboratorios da Facultade de Bioloxía de Pamplona, os participantes realizaron 4 prácticas de carácter experimental empregando o material e as técnicas coas que se traballa hoxe en día nas universidades.

Durante os 4 días que os alumnos/as estiveron en Pamplona non todo foron exames, tamén houbo grandes momentos de ocio e convivencia, xa que tiveron a oportunidade de coñecer distintos lugares de interese da cidade e dos arredores, tales como o Planetario de Pamplona ou o Faial do Parque Natural “Señorío de Bertiz”.

Aínda que Uriela non foi seleccionada para representar a España na Olimpíada Internacional, demostrou, unha vez máis, os seus amplos coñecementos, a súa excelente preparación e a súa boa actitude. O IES de Melide e, en especial, os compoñentes do departamento de Ciencias Naturais, senten unha enorme honra de contar con rapazas e rapaces tan motivados como Uriela.

Parabéns por chegar ata tan lonxe Uriela!

olimpiada nacional biología

21 de Marzo, poesía con pegada no IES de Melide

Así é como celebramos o día da poesía, decorando as nosas escaleiras cun precioso   fragmento do tema de SES “Unha mañá de setembro” e  o imprescindible “NON” de Celso Emilio Ferreiro”.

Quedaron espectaculares!, pásate polo IES e goza da poesía.

POESÍA PARA TOD@S!

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido