You are hereActividades / Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación

Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación


Érase unha vez .......... no país dos soños ...

Érase unha vez ..... no país dos soños ........... uns alumnos e uns profes que decidiron facernos pasar unha mañá estupenda agasallándonos coa súa música e a súa interpretación, primeiro, a todos os nenos e nenas dos coles de primaria e logo aos seus compañeiros do instituto.
Moitas horas de ensaio que se recompensan vendo a leicia de todos os asistentes. E colorín colorado, ste conto remata dando as grazas a todos os que empregan o seu tempo e a súa enerxía en facer felices aos demais.
Grazas David, grazas Marga e grazas Afonso.

1º Premio ao IES de Melide

O IES DE MELIDE GAÑA O 1º PREMIO COMO MELLOR PROXECTO DO PROGRAMA DO PLAN PROXECTA ALIMÉNTA-T BEN (FROITA ESCOLAR).

O xurado composto por representantes do Fondo Galego de Garantía Agraria e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa premiou o proxecto presentado “5 ao día: IES VIDA", de entre máis de 100 proxectos participantes de centros educativos de toda Galicia.

O contido do citado premio consiste nunha achega dun bono de 800 euros para material informático para o centro, libros sobre hábitos saudables para a biblioteca do centro e certificación emitida pola Consellería de Cultura, Educación  e Ordenación Universitaria de premio de Innovación educativa para os seis profesores e profesoras participantes.

Achéganse nun PDF as bases da convocatoria.

Parabéns para toda a Comunidade Educativa do IES de MELIDE

A DIRECCIÓN

Representantes das diferentes forzas políticas aceptan a invitación dun grupo de alumnos de 2º e 4º da ESO

Hoxe Venres, 22 de Maio de 2015, 19 alumnos tiverona a grande oportunidade de converterse en case "expertos periodistas".
Baixo as batutas das súas profesoras de Educación para a Cidadanía, Marga Quintela e Loli Vázquez non dubidaron en transmitirlles aos políticos as súas inquedanzas, as súas peticións co fin de mellorar a súa vila e o benestar de todos os demais nenos e nenas melidenses e da contorna.
Un cara a cara que fixo as ledicias dos asistentes.
Parabéns ás profes, aos futoros periodistas e grazas tamén aos representantes das forzas políticas xa que sen a súa perticipación esta actividade non se podería ter levado a cabo.

Charla de Manuel Núñez Singala

Foi un pracer para nós recibir este luns no noso IES a visita de Manuel Núñez Singala. A parte de todo o que representa para a lingua galega, este ano no noso instituto os alumnos representaron ao comenzo do curso "Comedia Bífida" da mán de Afonso García e "Instruccións para tomar café" da mán de Marga Quintela. Foi por elo que para o alumnado resultou moi emocionante ter ao autor das obras diante deles.

Uns días antes recibimos ao poeta Carlos Negro coa mesma ilusión e cariño. Toda unha honra para nós na semana das letras galegas.

ITINERARIO AMBIENTAL POLAS FRAGAS DO EUME E POLA RÍAS DE ARES

O departamentos de Educación Física organizou para o alumnado de 1º e 2º de ESO un Itinerario Ambiental polas Fragas do Eume a pé (Sendeirismo) e outro nunha contorna próxima, navegando en kaiak polas augas da Ría de Ares onde desemboca o río eume.

Esta actividade tiña como obxectivo fomentar e espertar no alumnado o interese pola práctica físico-recreativa na natureza, coñecendo novas formas de ocupar o tempo de lecer. Á súa vez pretendeu ser un programa de educación ambiental onde o bosque atlántico caducifolio, o ecosistema fluvial e ecosistemas do litoral mariño foron os protagonistas, sen esquecer importantes aspectos socioculturais da zona.

Deixámosvos unhas imaxes do itinerario en kaiak.

BRILLANTE PARTICIPACIÓN DOS REPRESENTANTES DO IES DE MELIDE NO ENCONTRO DA FASE GALEGA DO MEP

A Asociación Galega para a promoción da Oratoria e Retórica no Ámbito Europeo organizou en Melide pasado sábado, 2 de maio, un encontro da fase galega do MEP (Modelo Parlamento Europeo), ), unha alternativa ás xa coñecidas ligas de debate que ten a súa continuidade a nivel estatal e internacional.

No encontro participou unha delegación do IES Melide formada por Uriela García, María Mato, María Lamela e Álex Sleiman, coa dirección da profesora Loli Vázquez. 

A participación dos representantes do IES Melide foi brillante no seu conxunto. Entre outros recoñecementos, Uriela García foi designada mellor oradora do encontro, e María Lamela ocupou o cuarto posto entre os/as elixidos/as.

A cita celebrouse por primeira vez en Galicia, promovida por Agorae e a Colaboración do Concello de Melide e  a Dirección Xeral de Xuventude. Participaron medio centenar de alumnos de 9 centros escolares galegos.

Parabéns ás nosas alumnas e a Loli Vázquez que as acompañou ó longo de toda a xornada.

Pode descargarse un pequeno arquivo fotográfico do evento aquí:

https://drive.google.com/open?id=0B4ospBhQwCj2flJWQ1ZjZ1JScVpsYkpqVzVEeTlFUTNSVmlQd2ZQaEhkQ2NJQTBTQ0h6MTQ&authuser=0

  

Programa:http://asociacionagorae.org/oratoria/index.php/especial-mep/itemlist/category/26-mep-galicia 

Actuación en Muros

Hoxe xoves 30 de Abril a aula de Teatro do IES presentou na Casa da Cultura de Muros " Gorentosadas".

A actuación foi as 12:30 desta maña e ainda que o tempo non acompañou nada, os alumnos voltaron as 18:30 a Melide con unha nova experiencia na suas mochilas. 

A verdade e que estes rapaces están imparables este ano. Parabens a todos e moi agradecidos a Afonso García que leva a ledicia e as ganas de superación dos nenos por todos os lugares da nosa xeografía galega.

Celebración Edición O do Model European Parlament

A casa da Cultura de Melide acollera o vindeiro Sábado 2 Maio en horario de maña e tarde a celebración da Edición O do MEP ( Model European Parlament). 

Desexamos unha brillante intervención do noso alumnado que estará acompañado pola sua profesora Loli Vázquez. 

PRESENZA DO IES DE MELIDE NAS XORNADAS DO PLAN PROXECTA 2015

As nosas compañeiras Ádega Mariña e Amelia Andrés participaron como relatoras nas Xornadas Plan Proxecta 2015, un encontro organizado polo CAFI ao que asistiron máis de 300 docentes implicados no desenvolvemento dos diferentes programas.

O IES de MELIDEabre así a porta a toda a comunidade educativa galega para dar a coñecer o seu proxecto que leva por título 5 AO DÍA: “IES VIDA”, integrado no programa “ALIMENT-T BEN” do Plan Proxecta.

O proxecto do noso IES foi seleccionado, de entre preto de 100 propostas que se están a levar a cabo nos centros educativos de Galicia, como exemplo de “BOAS PRÁCTICAS”.

O obxectivo do plan é favorecer a integración no currículo escolar de temas transversais baixo unha metodoloxía de traballo por competencias, na que se favorece a colaboración do alumnado, o labor interdisciplinario dos docentes e a integración das novas tecnoloxías da información e a comunicación na práctica educativa.

O relatorio de Adega e Amelia tivo moi boa acollida entre o profesorado asistente as xornadas, sendo felicitadas pola súa amena e simpática exposición que se prolongou quince minutos da hora prevista por mor das moitas preguntas que lles fixeron.

Integrantes do centro Afexdi visitan o centro

Onte, 23 de abril de 2015 o IES deMelide tivo a immensa honra de recibi unha visita moi especial: Os chavales de Afexdi acompañados de tres dos seus monitores.
Afexdi é unha asociación con sede en Santiago de Compostela (Fontiñas) que se dedica a formación e emprego de persoas con discapacidades. Ofrecéronnos un obradoiro perfectamente estructurado de restauración e confección de libros. ¡Que mellor maneira de celebrar o día do libro que esta na que o alumnado aprende a restauralos e a cuidalos e a valoralos como un dos bens máis prezados que temos!
Cabe salientar que esta visita que tivo lugar onte entre as 11:00 h e as 13:30 h constituiu todo un éxito. Unha experiencia chea de ensinanza, cariño e entrega que quedará moito tempo no noso recordo.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido