You are hereActividades / Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación

Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación


Día internacional contra a violencia de Xénero no IES

No IES Melide adicámoslle tempo ó Día CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO por ser un tema interesante e que nos preocupa.

Aproveitamos non só ese día senón outras xornadas para traballar de xeito interdisciplinar nas aulas rematando coa elaboración dun enorme mural feito polos alumnos de 1º e 2º ESO.

En 3º ESO aproveitando o tema da biblioteca os alumnos traballaron coas súas mans para dar forma e vida a obxectos con lemas alusivos a este día.

Obsequiáronnos con fermosos broches, debuxos, marcapáxinas, fundas de móbil…

En 4º ESO baixo o lema “ A muller da miña vida “ os alumnos editaron un vídeo do que todos puidemos disfrutar no recreo .

Os alumnos de 2º ESO e 1º BAC  de Marga Quintela  representaron polas aulas un Teatro mínimo ó longo das tres primeiras horas da mañá. Tratouse dunha representación curta pero contundente que gustou moito entre o alumnado ademáis de polo impactante , polo factor sorpresa, xa que os alumnos non sabían que ían ter esta actividade.

Na biblioteca do centro non faltou unha exposición de libros con esta temática.

 

E porque no IES non queremos que este tema quede no olvido a partires do mes de xaneiro ofreceremos ós nosos alumnos un total de 4 ou 5 obradoiros repartidos ata final de curso.

ASÍ VIVIMOS A CARREIRA SOLIDARIA 2014 - SAVE THE CHILDREN

Unha carreira de sentimentos para percorrer entre todos os 2.800 quilómetros simbólicos que nos separan de MALÍ. www.iesaudemelide.es

XI CARREIRA SOLIDARIA "SAVE THE CHILDREN" POR MALÍ

O día 20 de novembro, -Día Internacional dos dereitos do Nen@-, faremos no pátio a 3ª hora para o alumnado de 1º e 2º de ESO a XI CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE. O resto do alumnado pode participar nalgunha das clases de educación física da semana do 17 ao 21 de novembro.

Máis información en: por el@s e por nos…, iesaudemelide.es cos máis desfavorecidos.

POXA DE MOBLES 2014 - CICLO DE CARPINTERÍA

O 19 de novembro ás 18:15 pasa polo noso IES para levar un moble con deseño, de calidade e a bo prezo; feito polo alumnado do Ciclo de Carpintería. 

SORTEO DUN MOBLE ENTRE OS ASISTENTES.

Podes ver os mobles na web do ciclo clicando en:  http://madeiramelide.weebly.com

10 edición do DÍA DO PEÓN no IES de MELIDE

Moitos dos xogos tradicionais galegos son xogos estacionais, é dicir, xóganse nunha determinada época do ano e non noutra. Pero se algún deles ten o momento do seu protagonismo ao longo do ano perfectamente marcado, ese é o peón. 

O refraneiro recórdanos que polo San Martiño (11 novembro), peóns ao camiño; polo Santo André (30 novembro), trompos outra vez; polo San Amaro (15 xaneiro), peóns ao tellado; polo Santo Antón (17 xaneiro), peóns ao caixón; pola Santa Olalla (12 febreiro), peóns á borralla; e polas Pascuas, trompos ás ascuas…

Coa lectura dun pequeño manifestó comezará o acto no recreo do martes-11 no noso IES, no que coa colaboración da AGXPT (Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional) intentaremos batir un reto: 100 trompos bailando ó mesmo tempo. Haberá tamén concursos de habilidades coa buxaina e de decoración dos peóns.

A convocatoria da décima edición do Día do Peón, no que se espera que máis de 10.000 nenos e nenas galegas disfruten simultanemente desde xogo está realizada por Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional.

Estades invitad@s a participar.

FILME REALIZADO POLO NOSO ALUMNADO E PROFESORADO QUE PARTICIPOU NO MARCO DE EXPERIENCIAS CINE EN CURSO, UN PROGRAMA DA "BAO A QU" QUE EN GALICIA SE DESENVOLVE CO CGAI-CENTRO GALEGO DE ARTES DE IMAXE NO MARCO DO PLAN PROXECTA

Samaín 2014

 


UN ANO MÁIS CELEBRAMOS NO NOSO IES O SAMAÍN.

DUAS HORAS" TERRORÍFICAS" NAS QUE OS ALUMNOS PUIDERON ELEXIR ENTRE O VISIONADO DUNHA PELÍCULA DE TERROR OU PARTICIPAR NUNHA XINCANA.

TIVEMOS A SORTE DE CONTAR CUNHA ACTIVIDADE ORGANIZADA POLOS ALUMNOS DE 1º BAC DE ANTROPOLOXÍA, UN CONTALENDAS QUE FIXO AS LEDICIAS DOS ASISTENTES.

NON FALTARON NO PATIO AS CASTAÑAS, ASADAS Ó MÁIS PURO ESTILO TRADICIONAL.

ENTREGAMOS 3 PREMIOS MOI MERECIDOS:

1. PREMIO Á MELLOR CALABAZA.

2. PREMIO Á MELLOR PASTELERÍA DO TERROR.

3. PREMIO Ó MELLOR GRUPO( POR MAIOR PUNTUACIÓN E MENOR TEMPO) QUE PARTICIPOU NA XINCANA.

DENDE A DIRECCIÓN QUEREMOS AGRADECERVOS A TOD@S A VOSA IMPLICACIÓN E TRABALLO.

 

Parabéns ós gañadores!!!!!!!!!!!!!!!!

Vémonos o vindeiro ano con máis e mellores ideas.

THINGS GO BETTER WITH BREAKFAST

Como colofón ao traballo realizado nas clases de educación física, inglés e matemáticas, o alumnado de 1º ESO e 2º ESO compartiu almorzo no pavillón de deportes do IES de MELIDE.

Baixo un formato que convidaba á lectura dun discurso persoal elaborado por cada quen para a ocasión, sobre as bondades dun almorzo saudable, o alumnado cargou de alimentos a súa mochila e participou ademáis nun concurso no que se xogaba, nin máis nin menos, o bocadillo do recreo.

Por grupos de clase contestaron a cinco preguntas formuladas en inglés sobre as consígnas básicas para elaborar un bo almorzo: variado, equilibrado, suficiente, seguro e agradable.

Deixámosvos unhas imaxes da actividade…

Visita o noso blog  www.iesaudemelide.es

EXPOSICIÓN DE DEBUXOS

Traballos do alumnado do IES de MELIDE na Sala de exposicións da Casa de Cultura de Melide. Aberto do 11 ó 26 de xuño.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido