You are hereActividades
Actividades
O ALUMNADO DO CICLO DE CARPINTERÍA DO IES ELABORA MOBILIARIO INNOVADOR PARA A BIBLIOTECA
Alumnado e profesorado do Ciclo de Carpintería e Moble do IES de Melide, fixo entrega hoxe do novo mobiliario deseñado e creado no propio centro educativo e que incorpora materiais de última xeración. As estanterías son multifuncionais, con espazo de almacenaxe e con mesado para lectura. A súa movilidade fai que o seu uso e o seu desprazamento sexa máis sinxelo. Parabéns ao Ciclo de formación profesional do IES pola súa aportación e contribución á mellora da nosa biblioteca.
DÍA DA POESÍA
O día Mundial da Poesía celébrase o 21 de marzo, equinoccio de primavera, e foi declarado pola Unesco no ano 1999 co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética. Nós imos alongar durante esta semana a conmemoración para disfrutar desta "Primavera dos e das poetas", lendo poemas durante os recreos na biblioteca do IES, en todas as linguas que conviven no noso instituto. Da man das musas, queremos que as nosas verbas e outras emprestadas, deixen un eco de beleza no aire, compartindo a palabra poética para medrar na experiencia vital.
TEATRO VIRTUAL PARA UN FIN DE CURSO ONLINE [cap.4]
Chega o capítulo final de
"Microteatro para unha corentena"
Un espectáculo de teatro virtual para un fin de curso a_típico e a_nómalo.
Microteatro en 30 segundos da man do alumnado de Artes escénicas. Hoxe por partida triple, despedimos esta serie de intervencións teatrais desde a casa coa orixinalidade e creatividade de Pablo, a frescura e o xenio de Raquel e a ironía e perspicacia de Nico.
A aula de Artes escénicas do IES de Melide desexamos que teñades un bo verán. Gozade deste capítulo e... Que siga o espectáculo!
TEATRO VIRTUAL PARA UN FIN DE CURSO ONLINE [cap.3]
Hoxe, no capítulo 3 de
"Microteatro para unha corentena"
Un espectáculo de teatro virtual para un fin de curso a_típico e a_nómalo.
O optimismo e bo humor chegan da man dun home que é a alegría das clases, Hector, e a reflexión, a delicadeza e a cordialidade chegan da man de Paula, unha muller de corazón xeneroso.
Sen máis, goza do espectáculo de hoxe.
TEATRO VIRTUAL PARA UN FIN DE CURSO ONLINE [cap.2]
Na entrega 2 de
"Microteatro para unha corentena"
Un espectáculo de teatro virtual para un fin de curso a_típico e a_nómalo.
Dous cracks dos obxectivos que medran detrás das cámras. Ela expresiva, natural expontánea, el activo, voluntarioso e imparable.
Goza do espectáculo de hoxe con Elena e Oscar.
TEATRO VIRTUAL PARA UN FIN DE CURSO ONLINE [cap.1]
O alumnado de Artes escénicas do IES de Melide presenta:
"Microteatro para unha corentena"
Un espectáculo de teatro virtual para un fin de curso a_típico e a_nómalo.
O a_rgalleiro alumnado de Artes escénicas de 4º de ESO non quixo que o a_burrimento se apoderase da situación, así que preparou un pequeno espectáculo desde as casas para poñer un pouco de sabor a este descafeinado fin de curso.
En pequenas pílulas de 30 segundos chegan, dende o confinanmento dos seu fogares, as reflexións, ideas e curiosidades de 9 artistas da palabra.
Na entrega de hoxe Anita e Lucas.
Ela incombustible e expontánea, apúntase a un bombardeo, el alegre e optimista, non deixa pasar a oportunidade de regalarvos un sorriso.
Goza do espectáculo e non perdas as nosas próximas entregas.
Intercambio teatral Melide-A Estrada
Esta semana, o grupo de Teatro Teiroa vén de participar na primeira parte do intercambio de aulas de teatro entre o IES de Melide e o IES Antón Losada Diéguez de A Estrada. Catorce actores e actrices melidenses desprazáronse ata a vila pontevedresa para compartir unha xornada de convivencia e representar a obra "Asemblea Xeral" galardoada no Certame de Cooperativismo no Ensino neste 2018 co primeiro premio á mellor actividade cooperativizada.
Nunha segunda fase do intercambio, recibiremos en Melide ao alumado da Aula de Teatro do Instituto Antón Losada. O pasado martes 27 de novembro, o traballo e as horas de ensaio adicadas a esta montaxe de teatro negro para monicreques, sairon á escena nunha exitosa e ben acollida representación. Parabéns rapeces e rapazas!
Obradoiro de Ioga con Nanda Cabaleiro
Na última semana do 2017 tivemos con nós a Nanda Cabaleiro, a que fora profesora aquí no IES de Melide e que regresou para achegarnos e introducirnos nos beneficios do Ioga como técnica para manter a relaxación, o control da respiración e da posición corporal e para manter a concentración e o control da tensión e dos nervios en situacións de estrés ou de axitación. Ferramentas moi últiles para aplicar en calquera faceta da vida, pero que nós comezaremos a poñer en práctica desde xa nas nosas clases de Artes escénicas. Foi todo un pracer contar con ela e poidemos desfrutar dunha relaxante e interesante clase.
Quincena da memoria histórica
Do 15 ao 30 de outubro estase a celebrar no centro a quincena da memoria histórica. Durante a mesma poderase ver, nos corredores da planta baixa, a exposición “Exilio e Deportación, de Monterrei e Boborás aos campos nazis”.
Máis información en BIBLIOMELIDE.
ASISTENCIA Ó FESTIVAL "GALICREQUES"
O alumnado inscrito no club de lectura PAPALIBROS e o alumnado que cursa a materia de artes escénicas, achegouse a Santiago de Compostela o pasado 20 de outubro para ver Macbeth, ya somos el olvido que seremos, a cargo da compañía Alauda Teatro. Máis información nesta ligazón.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »