You are hereActividades / Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación

Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación


Final do II Torneo de Ping-pong do IES de Melide

 Hoxe tivo lugar a final do II Torneo de tenis de mesa que se celebra no IES de Melide. O gañador desta edición foi Marcos Rivadulla Fociños de 2º de Bacharelato, quedando no segundo posto David Valcárcel Pazos de 4º ESO, nunha final intensa e de gran nivel de xogo. Parabéns aos laureados!

O terceiro e cuarto clasificados foron Adrián Andrade e Ángel Pereiro, que tamén levaron diploma de recoñecemento, acompañando a Marcos Rivadulla e a David Valcárcel.

SAMAÍN 2022 NO IES DE MELIDE

  Hoxe no IES celebramos o SAMAÍN! A primeira hora da mañá pantasmas, defuntos e terroríficas sombras, ataúdes que se abren, berros polos corredores escuros... e moitos sustos! pero tamén disfrutamos do magosto coas castañas quentiñas no recreo, e bailes, música e outras sorpresas durante o lecer. Remataremos coas regueifas entre Halloween e Samaín no recreo do día de Defuntos, xunto coa entrega de premios aos gañadores e accesits do concurso de relatos superterroríficos. 

 

PRESENTACIÓN DO PREMIADO GLOSARIO DE SIGNOS DO CICLO DE CARPINTERÍA E MOBLE NAS XORNADAS DE INCLUSIÓN

 O IES de Melide participou o pasado fin de semana nas Xornadas de inclusión educativa para presentar o seu proxecto 'Glosario en lingua de signos de termos do Ciclo de Carpintería e Moble'. Dito proxecto acadou o 1º premio de Boas prácticas inclusivas da Xunta de Galicia, e cumple co obxectivo de dar visibilidade a prácticas educativas que fomenten a inclusión do alumnado co fin de minimizar as barreiras da aprendizaxe. Lola Corzo, intérprete de signos do IES de Melide e o profesor Fernando López foron os encargados de expor os pormenores deste proxecto nas Xornadas de inclusión organizadas polo Centro de formación e innovación na EGAP en Santiago de Compostela.


O ALUMNADO DO IES PARTICIPA NAS XORNADAS DAS PROFESIÓNS

  Durante esta semana, o alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato do IES de Melide, participou nas Xornadas de orientación profesional, asistindo ás distintas charlas que se propuxeron segundo o interese mostrado previamente polo alumnado. Os 14 relatores convidados tiveron ocasión de explicar a súa formación, o proceso de acceso e os pormenores do día a día das súas ocupacións profesionais, respondendo ás dúbidas que o alumnado lles plantexou e animando aos participantes. Agradecemos a colaboración aos profesionais que participaron desinteresadamente nestas Xornadas.

O alumnado de Lingua portuguesa celebrando o 25 de abril

 Hoxe 25 de abril, o alumnado de Lingua portuguesa xuntouse para cantar "Grândola Vila Morena" de José Afonso, co gallo da conmemoración do 25 de abril, Día de Portugal, convidando a toda a comunidade educativa a entonar esta canción símbolo da liberdade, fraternidade e solidariedade dos pobos.

Semana da Poesía

  Durante unha semana do mes de marzo e para conmemorar o Día da Poesía, realizamos durante os recreos un recital poético no que participou alumnado de todos os cursos do IES. Léronse e recitáronse versos de moi diversos autores e en todas as linguas presentes no instituto. Páxinas de Pessoa, Rosalía, Machado, Shakespeare...foron disfutados polo auditorio; poemas en rumano, árabe ou francés, acompañados por lingua de signos, foron lidos e aplaudidos por un público atento. Os  participates ao rematar, levaron un agasallo como recordo destas xornadas.

DÍA DA MULLER NO IES DE MELIDE

 Hoxe 8 de marzo celebramos o Día da muller coa entrega de máscaras de cor violeta a todo o alumnado para visibilizar esta xornada. O alumnado de 2º de Bacharelato foi o encargado de facer no recreo unha representación coa lectura de textos alusivos a situacións ás que se enfrontan as mulleres no día a día, rematando con unha lembranza homenaxe ás mulleres ucraínas neste día.

 

NOVA EDICIÓN ESCOLA DE NAIS E PAIS O LUNS 7 DE FEBREIRO

 Queremos convidar ás familias do alumnado do IES de Melide á próxima charla-obradoiro da Escola de Nais e Pais que terá lugar o luns 7 de febreiro ás 18:10 na biblioteca do instituto.

  Nesta ocasión trataremos o tema "Previr dificultades de aprendizaxe e desmotivación. Cómo guiar no estudo sen sobreprotexer" con Virginia Castro Crespo.

  Consideramos interesante abordar esta temática pois neste momento do curso escolar, moitos alumnos e alumnas síntense sobrepasados e desmotivados cara os estudos, comó acompañar e apoiar aos nosos fillos e fillas sen sobreprotexer, cómo identificar e previr as dificultades de aprendizaxe? Nesta sesión, intentaremos dar respostas a estas cuestións e outras que xordan.

 Enviaremos un tríptico informativo para que confirmen a asistencia. Tamén poderán facelo chamando ao IES.

               

O DÍA DO PEÓN NOS RECREOS INCLUSIVOS

 Este curso celebramos o Día do Peón, como ven sendo tradición no IES de Melide, e contamos coa participación do alumnado de 1º de ESO, entre os que había expertos e expertas xogadoras con habilidades extraordinarias para facer bailar os peóns que se repartiron entre os alumnos e alumnas do primeiro curso. Enmarcamos a actividade no programa de Recreos inclusivos que estamos a desenvolver este curso e que busca a integración do alumnado novo e a promoción dos xogos populares no ámbito escolar. 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido