You are hereActividades / Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación

Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación


SEGUNDO OBRADOIRO DO PLAN PROXECTA “O MUNDO QUE QUEREMOS”

Este mércores día 17 de xaneiro, tivo lugar no IES de Melide o segundo obradoiro do Plan Proxecta "O mundo que queremos". Este segundo obradoiro, dirixido a alumnado de 4º de ESO e impartido por formadores de Solidariedade Internacional, versou sobre produccións de audio e vídeo e continuará no mes de febreiro, cando se desenvolverá o terceiro dos obradoiros.

VIAXE O CERN

Alumnado de 4º de ESO e 1º de BACH visitou o CERN días antes do inicio do curso escolar. Ademáis de visitar o prestigioso centro de investigación de física de partículas, tamén se visitou a cidade de Xenebra, as sedes da Cruz Vermella e de Nacións Unidas e a ciudade de Lausana. O programa completo amósase baixo estas liñas nun mapa interactivo.

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA CIENCIA

O día 28 de novembro no IES de Melide conmemoramos o día da Ciencia realizando diversas actividades científicas durante o recreo, coordinadas dende o Club de Ciencia. Así, o alumnado de 1º de ESO amosou ós seus compañeiros e docentes os seus traballos sobre o sistema solar e diversas especies de fauna que poden identificarse na charca do centro. Por outra banda, alumnado de 1º de BACH realizou un taller de transmisión de mensaxes empregando fibra óptica. Os alumnos das materias de TICs de 1º e 2º de BACH elaboraron diversas aplicacións para iPad nas que se poñían a proba coñecementos relacionados coa táboa periódica, xa que este ano o día da ciencia estaba adicado a Mendeleyev, que hai 150 anos  creou a táboa periódica que da orixe á actual. O recreo rematou cunha competición en liña de Kahoot na que participaron tanto o alumnado como o profesorado do centro. Tamén contamos cunha exposicíón nos corredores sobre a química nos voos espaciais, conmemorando o 50 aniversario da chegada do home á lúa.

CONMEMORACIÓN 25 N

Dende o IES de Melide, traballamos para educar no respeto, na igualdade e na resolución de conflitos de forma non violenta, co gallo da conmemoración do día internacional da violencia de xénero sensibilizámonos especialmente contra a violencia ás mulleres a través de diversas actividades organizadas dende vicedirección, biblioteca, departamento de orientación e departamentos didácticos entre as que destacamos:

  • Obradoiros sobre igualdade impartidos pola Consultora de Igualdade e Políticas Sociais e financiados polo Concello de Melide para alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC.
  • Microteatro nas aula. Alumnado da materia de teatro de 2º BAC fará unha micro-representación teatral polas aulas do centro.
  • Dende o departamento de orientación de realizarán actividades nas titorías de 1º ESO e 2º ESO.
  • Dende a biblioteca do centro compártese un mural contra o sexismo ao que tedes acceso dende esta ligazón.
  • Exposición de traballo do alumnado de debuxo artístico nos corredores do centro.

Actividades realizadas durante o 25N

BENVIDA AO IES DE MELIDE

Comeza un novo curso e dende o IES de Melide queremos darvos a benvida a todos. Esperamos que este curso que ven cargado de proxectos novos e ilusionantes, sexa fructífero para toda a comunidade educativa.

Sabemos que co comezo do curso aparecen moitas ilusións renovadas, moitos novos proxectos e moitas novas tarefas que abordar. Pero tamén xorden medos, inquedanzas e moitos interrogantes, sobre todo no alumnado de 1º ESO que comeza a súa andadura no noso centro educativo. Co obxectivo de compartir todos estes sentimentos, de coñecer o instituto e de coñecernos  mutuamente, organizamos en colaboración co Departamento de Educación Física e de Orientación, unhas dinámicas grupais para darlle a benvida ao alumnado de 1º da ESO. Así, fomos quen de ir descubrindo dende os máis grandes aos máis pequenos recunchos do noso Centro, e tamén de construír unha Tea de Araña para comezar a tecer redes de colaboración, traballo en equipo, empatía e solidariedade. 

Fotos Benvidas

RECOÑECEMENTO AOS MELLORES EXPEDIENTES DE BACHARELATO

No Palacio de Congresos de Santiago entregáronse os premios aos mellores expedientes de bacharelato e selectividade, 719 alumnos galegos recibiron a distinción resultado dunha suma de organización, traballo e, seguro, moito esforzo. Entre eles destacar a Iria Varela Pedreira e Adrián Iglesias Campos, alumnos do IES de Melide. Parabéns e noraboa polo voso esforzo ao longo de todos estes anos.

MelloresExpedientes2019

 

MEMORIA DO CLUB DE CIENCIAS

O IES de Melide participou por segundo ano consecutivo no Club de Ciencia. Unha das actividades que se levou a cabo durante todo este curso foi a realización dun mural informativo onde figura parte da biodiversidade que está presente na charca e nos arredores do hotel de insectos que temos na área verde do patio do instituto. Os debuxos das distintas especies e a súa edición informática foi realizada por alumnado dos distintos niveis educativos. Outras das actividades realizadas poden visualizarse no seguinte PDF memoria.

ICÍA GARCÍA CARREGAL, DO IES DE MELIDE, GAÑA O RETO LECTOR 2019

Icía García Carregal, do IES de Melide, gaña o Reto Lector 2019 pola súa recomendación de A FILLA DO MINOTAURO de Marilar Aleixandre.

Parabéns á gañadora e aos cinco finalistas!

FOTOS DAS ORLAS DE 2º BAC E ACTO DE DESPEDIDA

Na seguinte ligazón podedes ver e descargar as fotos individuais das orlas de 2º BAC 2019 e do acto de despedida.

Ligazón ás fotos individuais das orlas: preme aquí

Ligazón ás fotos do acto de despedida: preme aquí.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido