You are hereActividades / Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación

Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación


FOTOS ORLA E ACTO DE DESPEDIDA 2º BAC

Tedes a continuación as fotos do acto de despedida de 2º BAC e das orlas.

-Ligazón ás fotos das ORLAS

-Ligazón ás fotos do acto de despedida.

 

IES DE MELIDE PREMIO Á MELLOR ACTIVIDADE COOPERATIVIZADA

Alumnado do noso centro participou no concurso COOPERATIVISMO NO ENSINO 2018, coa obra "Asemeblea xeral", no que resultou gañador na modalidae de actividades cooperativizadas e recibiu o premio da man de Patricia Rodríguez Franco, secretaria territorial da Xunta de Galicia na Coruña.

"Asemblea xeral" é unha adaptación para monicreques e teatro negro da obra homónima do valdeorrés Louro Olmo. A posta en escea e a adaptaciónd esta obra son o froito dun traballo de meses do alumnado de diferentes materias e niveis que traballaron conxuntamente para sacar adiante un proxecto de aprendizaxe cooperativa.

O vindeiro día 26 de xuño haberá unha nova representación dentro do programa de festas do Barrio de San Pedro en Santiago de Compostela, no centro Don Bosco ás 19:00H.

Premio_Asemablea xeral

 

XORNADA DE ACOLLIDA - ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Como cada ano por estas datas recibimos a visita do alumnado dos CIPS adscritos (Nº1, Martagona, Pastor Barral, Toques e Arcediago).

O alumnado que de 1º de ESO capitaneou un acto informativo, flexible e interactivo no que se presentaron cuestións de interese relativas á nova etapa educativa que o alumnado iniciará en setembro. 

No acto, no que tamén participou o equipo directivo e a orientadora do centro, tratáronse tamén cuestións que atinxen á organización e funcionamento do IES de Melide e á liña de traballo que se segue.

Finalizou o acto cun percorrido polas instalacións do IES.

Vémonos en setembro!

PIRAGÜISMO 2018

O departamento de Educación Física organizou en para o alumnado de 1º ESO un Itinerario Ambiental navegando en kaiak polas augas da Ría de Ares. 

Ofertouse esta actividade co obxectivo de fomentar e espertar o interese pola práctica físico-deportiva na natureza e como  programa de educación ambiental onde o ecosistema do litoral mariño foi o protagonista, sen esquecer os importantes aspectos socioculturais da zona.

O Club Náutico Firrete de Pontedeume foi a entidade concertada para desenvolver a actividade. 

CORREMELIDE 2018

   Un ano máis o IES de Melide organizou o “Corremelide”, unha actividade lúdico-deportiva que ten como principal obxectivo o fomento da lingua galega nun día de convivencia entre os rapaces e rapazas dos centros educativios de Melide.

   Máis de seiscentos nenos e nenas dos centros educativos de Melide (CEIP nº1, CEIP Martagona e CEIP Mestre Pastor Barral, CEIP Martagona, CEIP de Toques e IES de Melide) participaron neste evento cultural e deportivo que cumpría a súa décimo oitava edición.

   O IES de MELIDE agradece a colaboración na organización do Concello de Melide, Policía Local, Protección Civil e da empresa JIM Sport.

CADRO DE ACTIVIDADES

IES DE MELIDE GAÑADOR DO CONGRESO ALIMÉNTATE BEN

Alumnado de 1º ESO do noso centro participou no I Congreso Aliméntate ben onde expuseron as conclusión do seu traballo realizado ó longo do curso e seguro convenceron ó xurado cos seus "5 nutriconsellos para un prato saudable" pois conseguiron o 1º premio. Noraboa a todos!!

O proxecto presentado o pasado venres 4 de maio foi elixido como o mellor para o ámbito do ensino secundario e de formación profesional. O premio concedido de 2.500 €  empregarase en financiar as actividades do proxecto que se está a desenvolver no centro. O alumnado de 1º de ESO gozará tamén dun día de desfrute no parque acuático de Cerceda.

Seguir lendo...

Enlace a iesaudemelide para ver vídeo e presentacións...

 

CONCURSO ROBÓTICA EEI EN VIGO

Alumnado de robótica participou no concurso que organiza a Escola de Enxeñeiros Industriais en Vigo o pasado 4 de maio. Alí competiron cos seus deseños e desfrutaron dunha xornada inolvidable.

IES DE MELIDE NA INTERCOMARCAL DE XADREZ

Alumnado de 1º ESO do IES de Melide participou este pasado domingo 29 de abril na fase intercomarcal do torneo de xadrez organizado dentro do programa xogade da Consellería de Educación, quedando como subcampións da súa categoría. Noraboa Iker, Xoel, Raúl, Carlos e Simón.

torneo xadrez

 

O IES DE MELIDE NOS III LUDI COMPOSTELANI

Alumnado do IES de Melide estivo nos III LUDI COMPOSTELANI, celebrados na Facultade de Filosofía en Santigo de Compostela, nos que se organizaron diferentes actividades relacionadas coa cultura clásica para alumnado de primaria e secundaria e  no que o noso centro participou organizando obradoiros de moda clásica, escritura e danza ademais de representar a Regueifa filosóf@s greg@s vs filosof@s alemáns.

IIILUDICompostelani

conferncia "MAIO DO 68 EN COMPOSTELA"

Ricardo Gurriarán, doctor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, estivo este martes co alumnado de 1º bach que cursa a materia de historia do mundo contemporáneo para explicar como foi e como se viviu o maio do 68 en Compostela.

maio68Compostela

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido