You are hereActividades / Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación

Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación


CELEBRACIÓN DO 50 ANIVERSARIO DO ENSINO MEDIO EN MELIDE

MEDALLA DE OURO DO CONCELLO DE MELIDE 2017

Estimado Sr./Sra.

En representación do IES de Melide é un pracer para nós informarlle dos actos que terán lugar co gallo da celebración do quincuaxésimo aniversario deste centro de ensino e o que para a comarca de Melide supuxeron estes 50 anos de ensino medio.

Os actos darán comezo o vindeiro 29 de novembro ás 18:30h  no IES de Melide,coa Inauguración da Exposición dos 50 anos, onde se recolle unha pequena mostra do material didáctico empregado nos últimos anos no noso instituto, así coma obxectos e recordos que membros da comunidade foron achegando amablemente ó centro para enriquecer esta exposición. Nesta data teremos tamén a oportunidade de ver os traballos que o alumnado Ciclo Medio de Carpintaría e Moble fixo no último curso na “Poxa de Mobles Curso 1967-2017” ás 19:00 h no salón de actos (aula 309) do noso centro.

Remataremos os actos de celebración o día 16 DE DECEMBRO ÁS 12:00H COA GALA 50 ANIVERSARIO TAMÉN NO IES DE MELIDE para posteriormente, desfrutar do Xantar de Celebración e Reencontros previsto para as 14:30h no Pavillón do centro.

Esperamos poder contar con vostede nestes actos de celebración.

 Un cordial saúdo, 

A DIRECCIÓN

P.D.: É PRECISO CONFIRMAR ASISTENCIA ANTES DO DÍA 11 DE DECEMBRO

-CONFIRMAR ASISTENCIA GALA 50 ANIVERSARIO NO IES de Melide teléfono 881866109 indicar nome e apelidos das persoas asistentes.

-XANTAR DE CELEBRACIÓN E REENCONTROS

         Menú: Polbo, carne ó caldeiro, postre e café.

         Prezo: 20€

Ingreso en conta BANCO POPULAR ES17 - 0238 - 8194 - 1908 - 5000 - 0197, indicando XANTAR CELEBRACIÓN  así como nome e apelidos da persoa ou persoas que asisten.

11 de Novembro. Día do peón

 

Actividades da semana:

Durante os recreos: Mesa de “tuneado” do peón (cadaquén ten que traer o seu)

Exposición de peóns presentados para a categoría de “Peón tuneado”
Homenaxe ao primeiro libro de xogos tradicionais do noso país: "Xogos infantiles de galicia" de Arturo Romaní.

Venres día 10, no recreo:

Lectura do manifesto do “Día do Peón 2017” de xeito simultáneo en todos os centros galegos.
Interpretación musical a cargo dos nosos compañeiros/as de música.

Tirada conxunta de trompos, peóns, peonciños, perinolas, sevillanas...

Exhibición  de filigranas.
Xogaremos a ver que peón aguanta máis tempo bailando. Un xurado escollerá o peón máis fermoso da exposición.... e seguiremos xogando ao peón eternamente ....  Precisamos da túa colaboración, veña!!!


 

VISITA Ó RÍO FURELOS. PROXECTO RÍOS

Dentro do Proxecto Ríos o alumnado de 4º ESO A e C achegouse ó río Furelos co obxecto de facer unha primeira valoración do estado das augas a través da identificación de especies bioindicadoras.logo-proxectoRios

ALUMNADO DE 4º ESO VISITA A FUNDACIÓN TIC

O 27 de outubro o alumnado de 4º ESO visitou as instalacións da Fundación TIC en Lugo, alí tiveron a oportunidade, ademais de ver as instalación, de experimentar en primeira persoa como se realiza un pequeno programa de TV, o TicoDiario que podedes ver na seguinte ligazón.

Ligazón ó TICODIARIO do IES de Melide

Fundacion TIC

VISITA Á EXPOSICIÓN "DA ÁRBORE Á CADEIRA"

O alumnado do ciclo de madeira e o de FP-basica achegouse á Cidade da Cultura para visitar á exposición "Da árbore á cadeira" na que se toma como excusa a cadeira para centrar a atención no deseño do moble contemporáneo. Máis información.

Da arbore a cadeira

GALA DE ENTREGA DE PREMIOS OUFFescola

O alumnado do curso pasado matriculado na materia de Artes Escénicas de 1º BAC e 2º BAC, asistiron á GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO FESTIVAL DE CINE DE OURENSE 2017. 

A este festival presentaron dúas curtametraxes, "Maruaja Mallo: metade estrela, metade caracola· 

 

Quincena da memoria histórica

Do 15 ao 30 de outubro estase a celebrar no centro a quincena da memoria histórica. Durante a mesma poderase ver, nos corredores da planta baixa, a exposición Exilio e Deportación, de Monterrei e Boborás aos campos nazis”.

Máis información en BIBLIOMELIDE.

portada exposición exilio e deportación

ASISTENCIA Ó FESTIVAL "GALICREQUES"

O alumnado inscrito no club de lectura PAPALIBROS e o alumnado que cursa a materia de artes escénicas, achegouse a Santiago de Compostela o pasado 20 de outubro para ver Macbeth, ya somos el olvido que seremos, a cargo da compañía Alauda Teatro. Máis información nesta ligazón.

Galicreques

Alumnado de Filosofía visita o Parlamento

O alumnado de 1º de BAC e 4º ESO que cursa a materia de filosofía visitou o 18 de Outubro o Parlamento de Galicia. O Obxectivo da visita era coñecer o funcionamento das insitutucións democráticas e asistir a sesión na que se presentaba a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da materia.

Para continuar lendo preme aquí.

Visita o Parlamento

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido