You are herecontent / Alumnado de Filosofía no Parlamento de Galicia

Alumnado de Filosofía no Parlamento de Galicia


Despoís de varios días co triste cheiro a fume e lume, hoxe o Parlamento de Galicia recendía a Filosofía¡¡¡¡

A sensatez, a cordura a audacia e tamèn a regueifa inundou todos os cornellos do Parlamemto e a Filosofía ocupou os seus espazos.. A Iniciativa Lexislativa Popular presentada  en defensa de esta materia foi aprobada por unamidade.

E o  alumando do IES de Melide estivo alí inundando de aire fresco o Parlamento para recuperar o noso  arsenal de armas de construcción masiva que non é outro que o pensamento!!!!! …

Deunos tempo ata a regueifar na escaleira principal,  acompañad@s por público e parlamentari@s entusisasmad@s que se uniron ao nos lalala…

 

Pedímos filosofia

para a nosa melloria

se non temos pensamento

seria un sufrimento

lalalalala

Pedimos parlamentarios

pois sodes destinatarios,

deixade a filosofía

como unha sabedoría.

Lalalal

 

Necesitamos filosofía para ter un ensino que nos ensine a pensar e non a obedecer.

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido