You are hereOferta educativa

Oferta educativa


Ensinanzas

A rede de centros da Consellería de Cultura, Educación e O.U. defíneo como un centro de liña tres para a ESO e con dúas modalidades de Bacharelato.  O resto da oferta educativa complétase actualmente cun Ciclo de Formación Profesional de grao medio de  Carpintaría e Moble, un Programa de Cualificación Profesional Inicial, 2º curso (PCPI – en extinción coa entrada en vigor da L.O.M.C.E.), oferta de Formación Profesional Básica no perfil de Carpintaría e Moble, que neste curso escolar non se imparte por mor da escaseza de solicitudes, un grupo de EBI (Ensinanzas Básicas Iniciais), un grupo de Educación Secundaria para as Persoas adultas (ESA), ademais dunha ampla oferta na aprendizaxe da lingua inglesa. Actualmente, esta oferta componse de catro grupos de potenciación de Linguas estranxeiras: dous grupos de CUALE-alumnos/as, un grupo de CUALE-profesores/as e dous grupos do programa THAT´S ENGLISH, no nivel B1 do MECR (Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas).

O horario xeral do centro distribúese da seguinte maneira:

- A xornada de mañá para a ESO e Bacharelato comeza ás 08:40 h e remata ás 14.15 h, cun tempo de lecer na metade de xornada (11:10 h a 11:45 h). O seu horario semanal complétase coa tarde dos luns entre as 16:20 h e as 18:00 h para Bacharelato e coa tarde dos mércores no mesmo horario para a ESO.

- Os ensinos de EBI, ESA, PCPI II, CUALE e THAT´S ENGLISH desenvólvense en horario vespertino entre as 15.30h e as 21.40h, cun descanso entre as 18:00 h e as 18:20 h.

O alumnado

O número de alumnos e alumnas matriculadas na totalidade da oferta educativa é de 226 alumnas e 254 alumnos o que fai un total de 480 para este curso. Por ensinanzas, atopamos:

-Tres grupos de 1º de ESO, cun total de 82 alumnos/as.

-Tres grupos de 2º de ESO, cun total de 72 alumnos/as.

-Tres grupos de 3º de ESO, cun total de 60 alumnos/as, incluído o PDC.

-Tres grupos 4º de ESO, cun total de 66 alumnos/as, incluído o PDC.

- Dous grupos de 1º de Bacharelato, cun total de 52 alumnos/as.

- Tres grupos de 2º de Bacharelato, cun total de 61 alumnos/a

- Ciclo Formativo de Grao Medio de Carpintaría e Moble: 18 alumnos no primeiro curso e 16 alumnos no segundo.

- Un grupo de Ensinanzas Básicas Iniciais  para Adultos (Nivel 1) con 11 alumnos/as.

- Un grupo de ESA con 15 alumnos/as.

- Un grupo de PCPI II con 13 alumnos (formando grupo coa ESA).

- Catro grupos de Potenciación de Linguas estranxeiras (dous grupos de CUALE-alumnos, no que participan un total de 39 alumnos e alumnas, un grupo de CUALE-profesores e dous grupos do programa THAT´S ENGLISH, compostos por 16 alumnos/as).

Respecto á nacionalidade, como xa se expuxo, ao centro acode alumnado de diversas nacionalidades, sendo a comunidade máis representativa a procedente de Marrocos, seguida de alumnado con nacionalidades  do sur e do centro de América.

Existe tan só un 6,68% de alumnado estranxeiro (31 alumnos/as) que, por tratarse de nacionalidades con lingua común ou alumnado que reside no país dende hai tempo, non presenta dificultades lingüísticas importantes.

Este curso participamos da escolarización na Educación Secundaria para persoas Adultas dun alumno que sofre discapacidade auditiva e da fala,  e que está a ser apoiado por unha intérprete da linguaxe de signos a tempo completo, e ao que se lle ofrecen adaptacións metodolóxicas que aseguran unha mellor atención á súa aprendizaxe. 

As nosas creacións





Distribuir

Distribuir contido