FONDO DE LIBROS DE TEXTO:LISTAXE DEFINITIVA sticky icon

Xa podes consultar a Listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario de libros para o curso 2024-25 a través de aplicación fondo libros (preme na imaxe) identificándote con certificado electrónico, Chave 365 ou conta de usuario ou podes consultar a listaxe no taboleiro de anuncios da secretaría do IES.

Nesta litaxe poderás ver cales son os libros que finalmente tés adxudicados.

 Os Vales para compra de material escolar poderán retirarse na secretaría do centro a partir do día 4 de setembro

 

 

Libros de texto curso 2024-25 sticky icon

Pode consultar aquí o listado de libros para o curso 2024-25

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR.

 

Poderá solicitar o préstamo de parte dos libros de texto e as axudas para adquisición de material escolar no aplicativo web fondolibros ou na secretaría do centro. Teña en conta os seguintes prazos:

 

Prazo de solicitude 21 de xuño
Prazo devolución libros curso anterior 21 de xuño
Listaxe provisional de admitidos 19 de xullo
Reclamación á listaxe provisional 22 e 23 de xullo
Listaxe definitiva de admitidos 24 de xullo

Os listados de admitidos provisional e definitivo poderán consultarse no aplicativo web e no tabolerio de anuncios do IES e Melide.

OFERTA FORMATIVA DO IES DE MELIDE

   
   

ESTUDOS DE ESO E BACHARELATO

CICLO FORMATIVO BÁSICO E MEDIO DE CARPINTERÍA E MOBLE

CICLO SUPERIOR DUAL DE DESEÑO E AMOBLAMENTO

CICLO SUPERIOR DUAL DE GANDEIRÍA E ASISTENCIA EN SANIDADE ANIMAL

ESTUDOS DE SECUNDARIA PARA ADULTOS

CURSOS DE CAPACITACIÓN DIXITAL PARA ADULTOS

Matrícula curso 24/25

1. MATRÍCULA EN ESO E BACHARELATO

Organización dos días e prazos

 

Documentación

  • A documentación necesaria está indicada no propio sobre de matrícula
  • O pago do seguro escolar farase na oficina bancaria. Poderá facerse presencialmente, desde un caixeiro automático ou desde unha aplicación móbil. Reocorde imprimir o recibo e indicar o nome do alumno/a no xustificante.
  • Parada transporte escolar. Para alumnado con dereito a transporte pode consultar aquí a lista de paradas autorizadas

 2. MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOS:

  • Ciclos formativos en réxime ordinario: Consultar prazos aqui
  • Ciclos formativos en réxime dual intensivo: Consultar prazos aqui

CARTA ABERTA Á COMUNIDADE DO IES DE MELIDE

En relación cos feitos acontecidos nesta semana contra un profesor membro desta comunidade educativa o IES de Melide manifesta o seu rexeitamento e condena este tipo de accións facendo chegar a todos os membros da comunidade educativa unha

Carta aberta á comunidade do IES de Melide.


Convencidos de antemán da comprensión e solidariedade coas persoas afectadas por este tipo de situacións, queremos agradecer a súa colaboración en aras dunha convivencia pacífica e respectuosa.

IES DE MELIDE PRIMEIRO PREMIO DO CERTAME O VELLO DOS CONTOS

O alumnado do IES de Melide de 1º ESO B ven de recibir o primeiro premio do VI Certame escolar internacional de Podcast Xosé Mosquera, "O vello dos contos". Organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro xunto con Arraianos Produccións. Podes escoitar aquí a obra premiada.

Parabéns!!!

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS AO RENDEMENTO ACADÉMICO

Para máis información preme na imaxe

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024/25

Axudas para libros de texto e material escolar

Aberto o prazo para a solicitude de participación no Fondo solidario de libros de texto e de Axudas para adquirir material escolar para o alumnado matriculado na ESO no curso 2024/25

Prazo: ata o 21 de xuño de 2024

Solicitudes: poden presentarse de tres maneiras

  • En Sede Electrónica da Xunta de Galicia
  • Empregando a aplicación fondolibros e presentándo o impreso que xenera presencialmente no centro.
  • De maneira manual presencialmente no centro

Toda a información no seguinte enlace

IMPORTANTE! Un dos requisitos para poder ter acceso ao Fondo de libros e ás Axudas de material é ter devoltos os libros en préstamo no presente curso. Data límite 21 de xuño de 2024

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido