CLUBE DE GANCHILLO no Ies de Melide

Os recreos inclusivos buscan ofrecer actividades variadas e diferentes para que todo o alumnado poida participar segundo os seus intereses. O clube de ganchillo triunfa nalgúns tempos de lecer entre alumnos, alumnas e profesorado. Aquí deixamos unha mostra!

FINAL DO TORNEO DE XADREZ

O venres rematou o torneo de xadrez no Ies de Melide cunha final moi igualada! Durante dous meses o alumnado participou neste campionato para poñer a proba os seus coñecementos de estratexia. Pronto entregaremos os trofeos aos gañadores! 

PRAZO SOLICITUDES BECAS CURSO 2023-24

No día de hoxe, ábrese o prazo para a solicitude de bolsas de estudo do curso 2023/24. Lembramos que para solicitar as devanditas bolsas os trámites serán todos onlilne.

Poderán ser beneficiarios das distintas contías ao alumnado que no ano académico 23/24 cursen:

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinanzas deportivas
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico

PRAZOS: 27 de marzo ao 17 de maio de 2023

Para calquera información no seguinte enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño

Publicación das instruccións para o acceso e admisión nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. 

- As probas específicas de acceso, tanto para o grado medio como para o superior, terán lugar o 3 de xullo.

- O prazo de inscrición para esas probas comprende ata o 22 de xuño. 

Para máis información consultar a resolución.

 

XORNADAS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

Durante dous días, o Ies de Melide contou coa colaboración de máis de 20 profesionais de ámbitos e áreas diferentes, que explicaron a súa experiencia e deron os seus consellos ao alumnado de 4º de ESO e 2º de bacharelato. 

Aprenderon dunha psicóloga, dunha veterinaria, dun enxeñeiro industrial e dunha enxeñeira química, dun mestrE, dun preparador físico, dunha filóloga, de profesores dos ciclos da familia de administración e finanzas, de informática e de agraria, dunha educadora social, etc. Foron unhas xornadas moi completas e repletas de información!

 

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO

Aberto o prazo para concurrir aoa premios extraordinarios de bacharelato dende o 26 de abril ata o 25 de maio.

Máis información nesta ligazón.

Segunda sesión de "Wellness: aprende a sentirte ben".

O alumnado de 2º de bacharelato tivo a segunda sesión do programa Wellness: aprende a sentirte ben, para afianzar o que aprenderon sobre as estratexias para controlar a ansiedade e a relaxación de mente e corpo. 

STOP ACCIDENTES no IES de MELIDE

No IES de Melide buscamos sensibilizar ao alumnado sobre a importancia da condución segura e sostible, libre de sustancias e de riscos innecesarios. Para iso, contamos unha vez máis, coa colaboración de STOP ACCIDENTES.

Nesta ocasión, o alumnado de 4º de ESO tivo unha charla de sensibilización sobre as condutas de risco ao volante, e o alumnado de 1º e 3º de ESO, sobre o uso seguro da bicicleta na vía urbana e semiurbana. 

STOP ACCIDENTES | Asociación de Ayuda y Orientación a los Afectados por  Accidentes de Tráfico

 

MEMORIAS DUN EX NAZI

A semana pasada o Ies recibiu a David Saavedra, autor do libro "Memorias de un ex nazi", para falarnos da súa experiencia e para sensibilizar ao alumnado de 4º de ESO, 1º de Bacharelato e FP, sobre os perigos da radicalización do pensamento. 

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA NO IES: UN PROXECTO DE LINGUA PORTUGUESA

 O alumnado de Lingua portuguesa do IES de Melide, elaborou unha serie de fotografías artísticas con pé de foto en portugués que está exposta no corredor da planta baixa do instituto. A exposición, que leva por nome "Rua das palavras perfeitas", serve para implementar o labor pedagóxico da lingua co alumnado de distintos cursos. 

 

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido