You are hereActividades / Complementarias

Complementarias


CONMEMORACIÓN DO DÍA DA CIENCIA

O día 28 de novembro no IES de Melide conmemoramos o día da Ciencia realizando diversas actividades científicas durante o recreo, coordinadas dende o Club de Ciencia. Así, o alumnado de 1º de ESO amosou ós seus compañeiros e docentes os seus traballos sobre o sistema solar e diversas especies de fauna que poden identificarse na charca do centro. Por outra banda, alumnado de 1º de BACH realizou un taller de transmisión de mensaxes empregando fibra óptica. Os alumnos das materias de TICs de 1º e 2º de BACH elaboraron diversas aplicacións para iPad nas que se poñían a proba coñecementos relacionados coa táboa periódica, xa que este ano o día da ciencia estaba adicado a Mendeleyev, que hai 150 anos  creou a táboa periódica que da orixe á actual. O recreo rematou cunha competición en liña de Kahoot na que participaron tanto o alumnado como o profesorado do centro. Tamén contamos cunha exposicíón nos corredores sobre a química nos voos espaciais, conmemorando o 50 aniversario da chegada do home á lúa.

MEMORIA DO CLUB DE CIENCIAS

O IES de Melide participou por segundo ano consecutivo no Club de Ciencia. Unha das actividades que se levou a cabo durante todo este curso foi a realización dun mural informativo onde figura parte da biodiversidade que está presente na charca e nos arredores do hotel de insectos que temos na área verde do patio do instituto. Os debuxos das distintas especies e a súa edición informática foi realizada por alumnado dos distintos niveis educativos. Outras das actividades realizadas poden visualizarse no seguinte PDF memoria.

ITINERARIO EN KAIAK

Co obxectivo de fomentar e espertar o interese pola práctica físico-recreativa na natureza, coñecendo novas formas de ocupar o tempo de lecer, o alumnado de 1º ESO e 2º ESO do IES de Melide desprazouse ata Pontedeume para participar nun programa de educación ambiental que tiña como protagonista o piragüismo.

CORREMELIDE 2019

Música, xogos populares e baile animaron un Corremelide 2019 sumamente cálido.

Máis de medio millar de escolares pertencentes ao CEIP nº1 de Melide, CEIP Martagona e CEIP Mestre Pastor Barral, CEIP Arcediago, CEIP de Toques e IES de Melide corren polas rúas do casco vello da vila de Melide para fomentar o uso do idioma galego. 

O IES de MELIDE congratúlase da bo comportamento no evento dos escolares e agradece a participación dos centros educativos e da colaboración na organización do Concello de Melide, JIM Sport e Cabreiroa.

Imaxes en www.iesaudemelide.es

O IES de Melide asina un contrato-programa coa Consellería de Educación

O IES de Melide firma un contrato-programa coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional dirixido á mellora do éxito escolar. 

Con atención a autonomía dos centros educativos presentamos unha serie de medidas específicas de actuación (programas) en relación ao acompañamento escolar fora do horario lectivo, á mellora das competencias clave (matemática e comunicación lingüística), mellora da convivencia e promoción de igualdade nos centros, e mellora  do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

VISITA DO DR. ÁNGEL CARRACEDO

Este xoves 24 de xaneiro tivemos o pracer de ter connosco o doutor Ángel Carracedo, catedrático e director do Instituto de Medicina Legal de Santiago de Compostela e da Fundación Galega de Medicina Xenómica. Gran divulgador científico e persoa moi implicada na motivación dos máis novos, faceta da que que tivemos constancia de primeira man na xuntanza que tivo co alumnado de 4º ESO e 2º BAC na que lles insistiu en dedicarse a aquilo que lles emocione poñendo en valor o esforzo e a constancia para chegar a ser o que desexas. Xuntanza na que ademais desentranou os misterios do ADN “a molécula da vida e da morte”, da que é un apaixonado e á que ten dedicado o seu traballo como investigador.

Xa pola tarde, na Escola de Nais e Pais do IES de Melide, recalcou a importancia de atender a diversidade do alumnado e a necesidade de adaptar e modificar o sistema educativo actual “que mata a creatividade” e mina a potencialidade do ser humano. Neste eido destacan tamén as súas achegas na investigación sobre o TEA (trastorno do espectro autista) e o TADH (trastorno por déficit de atención e hiperactividade) presidindo nos últimos anos a Fundación INGADA.

Entre charla e charla, concedeulle unha entrevista a Falamelide, a radio do noso centro, entrevista que se pode escoitar aquí.

 

CÓDIGO QC: goza coa química do teu cerebro

Grazas por participar e por coidar a vosa saúde, quen coida a saúde goza dunha maior calidade de vida. 

Xa coñecedes o circuíto, e ao longo do curso o alumnado de 2º de BAC que cursa actividade física e saúde organizará quedadas en diferentes puntos quilométricos. Iredes vendo... 

Fotografías en www.iesaudemelide.es

 

Avance "Día do Peón 2018"

Moitos dos xogos tradicionais galegos son xogos estacionais, é dicir, xóganse nunha determinada época do ano e non noutra. Pero se algún deles ten o momento do seu protagonismo ao longo do ano perfectamente marcado, ese é o peón.

aDD MiNuTeS To GeT aCTiVe HouRS

Con este título de suma minutos para gañar horas activas, o alumnado de 2º de bacharelato que cursa a materia de “Actividade Física e Saúde” (de libre configuración de centro) trata de desvelar diferentes posibilidades de práctica deportiva para o tempo de recreo, onde os protagonistas organizan  “quedadas “ para convidarannos a participar.

O obxectivo deste programa en colaboración co profesorado de garda de recreos activos é contribuír, xunto a outras liñas de traballo no centro, á práctica con regularidade de actividade física.

Código QCgoza coa química de tu cerebro

IESaúdeMelide

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido