You are herecontent / VISITA DO DR. ÁNGEL CARRACEDO

VISITA DO DR. ÁNGEL CARRACEDO


Este xoves 24 de xaneiro tivemos o pracer de ter connosco o doutor Ángel Carracedo, catedrático e director do Instituto de Medicina Legal de Santiago de Compostela e da Fundación Galega de Medicina Xenómica. Gran divulgador científico e persoa moi implicada na motivación dos máis novos, faceta da que que tivemos constancia de primeira man na xuntanza que tivo co alumnado de 4º ESO e 2º BAC na que lles insistiu en dedicarse a aquilo que lles emocione poñendo en valor o esforzo e a constancia para chegar a ser o que desexas. Xuntanza na que ademais desentranou os misterios do ADN “a molécula da vida e da morte”, da que é un apaixonado e á que ten dedicado o seu traballo como investigador.

Xa pola tarde, na Escola de Nais e Pais do IES de Melide, recalcou a importancia de atender a diversidade do alumnado e a necesidade de adaptar e modificar o sistema educativo actual “que mata a creatividade” e mina a potencialidade do ser humano. Neste eido destacan tamén as súas achegas na investigación sobre o TEA (trastorno do espectro autista) e o TADH (trastorno por déficit de atención e hiperactividade) presidindo nos últimos anos a Fundación INGADA.

Entre charla e charla, concedeulle unha entrevista a Falamelide, a radio do noso centro, entrevista que se pode escoitar aquí.

 

Etiquetas

As nosas creacións

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido