You are hereOrientación
Orientación
ADMISIÓN EN CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O CURSO 23-24
Publicado o calendario e inscrición nos ciclos de formación profesional (ciclos de grado medio, grado superior e para a fp dual). O prazo de presentación das solicitudes comprende dende o 23 de xuño ás 9:00 ata o 5 de xullo á 13:00.
Para máis información consultar nesta ligazón.
Dende o Departamento de Orientación facilitamos o proceso, realizando a matrícula con vós para solucionar posibles incidencias.
CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES para alumnado de estudos POSTOBLIGATORIOS
Publicada a convocatoria para a solicitude dunha praza nos centros residenciais docentes(CDR) de Coruña, Vigo e Ourense, para estudos postobrigatorios.
O prazo de presentación das solicitudes comeza hoxe día 7 de xuño e remata o 1 de agosto de 2023.
Para máis información consultar a convocatoria na seguinte ligazón.
RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS
A Universidade da Coruña e de Santiago de Compostela teñen aberto o prazo para solicitar as residencias universitarias públicas para o alumnado que vai cursar un grao universitario no curso 23-24.
Para máis información consultar os seguintes ligazóns:
Para resolver calquera dúbida ou informarse sobre as residencias en calquera outra cidade, contactar co Departamento de Orientación.
AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO (NEAE)
Recordamos que o prazo para solicitar as axudas para alumnado NEAE está aberto ata o 20 de setembro de 2023.
Estas axudas están destinadas a:
- Alumnado que precisa determinados apoios e atencións educativas especiais derivas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.
- Alumnado con TEA que require esas axudas e apoios educativos especiais.
- Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo derivadas de ALTAS CAPACIDADES.
NOVIDADE DESTE CURSO: ofrécese a posibilidade de recibir un subsidio de cuantía fixa para gastos adicionais de carácter xeral.
Para realizar a solicitude e obter máis información prema aquí.
CLUBE DE GANCHILLO no Ies de Melide
Os recreos inclusivos buscan ofrecer actividades variadas e diferentes para que todo o alumnado poida participar segundo os seus intereses. O clube de ganchillo triunfa nalgúns tempos de lecer entre alumnos, alumnas e profesorado. Aquí deixamos unha mostra!
FINAL DO TORNEO DE XADREZ
O venres rematou o torneo de xadrez no Ies de Melide cunha final moi igualada! Durante dous meses o alumnado participou neste campionato para poñer a proba os seus coñecementos de estratexia. Pronto entregaremos os trofeos aos gañadores!
Acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño
Publicación das instruccións para o acceso e admisión nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.
- As probas específicas de acceso, tanto para o grado medio como para o superior, terán lugar o 3 de xullo.
- O prazo de inscrición para esas probas comprende ata o 22 de xuño.
Para máis información consultar a resolución.
XORNADAS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL
Durante dous días, o Ies de Melide contou coa colaboración de máis de 20 profesionais de ámbitos e áreas diferentes, que explicaron a súa experiencia e deron os seus consellos ao alumnado de 4º de ESO e 2º de bacharelato.
Aprenderon dunha psicóloga, dunha veterinaria, dun enxeñeiro industrial e dunha enxeñeira química, dun mestrE, dun preparador físico, dunha filóloga, de profesores dos ciclos da familia de administración e finanzas, de informática e de agraria, dunha educadora social, etc. Foron unhas xornadas moi completas e repletas de información!
Segunda sesión de "Wellness: aprende a sentirte ben".
O alumnado de 2º de bacharelato tivo a segunda sesión do programa Wellness: aprende a sentirte ben, para afianzar o que aprenderon sobre as estratexias para controlar a ansiedade e a relaxación de mente e corpo.
STOP ACCIDENTES no IES de MELIDE
No IES de Melide buscamos sensibilizar ao alumnado sobre a importancia da condución segura e sostible, libre de sustancias e de riscos innecesarios. Para iso, contamos unha vez máis, coa colaboración de STOP ACCIDENTES.
Nesta ocasión, o alumnado de 4º de ESO tivo unha charla de sensibilización sobre as condutas de risco ao volante, e o alumnado de 1º e 3º de ESO, sobre o uso seguro da bicicleta na vía urbana e semiurbana.