You are hereTaboleiro

Taboleiro


NOVAS INSTRUCIÓNS ABAU 2020

O responsable da comisión delegada correspondente ao noso centro acaba de comunicarnos unhas instrucións a maiores das xa dadas anteriormente e a ter en conta para os días dos exames.

Ver instrucións

CALENDARIO FIN DE CURSO 2º BAC

Deixamos a continuación un calendario onde se indican datas de interese para o alumnado de 2º BAC: entrega de notas, reclamacións, conferencia telemática ABAU e procedemento matríclua ABAU.

-CALENDARIO FIN DE CURSO 2º BAC     -PRAZOS E INSTRUCIÓNS MATRÍCULA ABAU

- HORARIO PREPARACIÓN ABAU

-LISTADO ASISTENCIA PREPARACIÓN ABAU

ENQUISA ASISTENCIA 2º BAC SEMANA 1 AO 5 XUÑO

Tedes a continuación a enquisa de asistencia para a semana do 1 ao 5 de maio. Prazo para cubrila ata venres 29 de maio ás 14:15H. Unha vez teñamos os datos publicaremos o listado do alumnado que vai cada día ao centro.

 LIGAZÓN A ENQUISA           HORARIO 2º BAC 1-5 XUÑO

(ACTUALIZADO -SABADO 30) LISTADO ALUMNADO 1-5 XUÑO 

HORARIOS ALUMNADO 2º BAC E 2º CM

Unha vez revisada lista asistencia da semana do 25 ao 29 de maio, publicamos os horarios definitivos desta semana.

-HORARIOS 2º BAC

-HORARIO 2º CMEDIO MADEIRA

-PROTOCOLO E NORMATIVA

FORMULARIO DE ASISTENCIA para a semana do 1 ó 5 de maio.

INCORPORACIÓN ALUMNADO 2º BAC E 2º CICLO MEDIO. PROTOCOLO E HORARIO

Publicada, por parte da Consellería de Educación, a resolución que recolle a reincorporación do alumnado de 2º BAC e 2º CM as clases presenciais, publicamos o horario das clases de 2º BAC A e B (o horario de 2CM publicarase o luns) e o protocolo e normativa destes días.

AS CLASES INICIARANSE O MARTES DÍA 26 AS 8:40H

Non entra en funcionamento o servizo de transporte escolar polo que o alumnado terá que achegarse ao centro polo seus medios.

Para poder organizar o centro e asegurar o cumprimento das distancias de seguridade e medidas de protección TODO O ALUMNADO TERÁ QUE CUBRIR UNHA ENQUISA SEMANAL SOBRE A ASISTENCIA A CLASE que se enlaza a continuación.

-LIGAZÓN Á ENQUISA SOBRE A ASISTENCIA ÁS CLASES. obrigatorio cubrila antes do luns as 10:00h

-LIGAZÓN HORARIO 2º BAC A e B

-LIGAZÓN AOS PROTOCOLOS E NORMATIVA

 

 

HORARIO VIDEOCONFERENCIAS

Tedes a continuación os horarios de videoconferencias de 1º bacharelato:

1º BAC A            1º BAC B

SOLICITUDE DE ENTREVISTA TITOR OU PROFESOR DE MATERIA

A solicitude de entrevistas telemáticas cos titores de cada grupo así como do profesorado realizarase a través da plataforma ABALAR MÓBIL (acceder menú da aplicación→ titorías → seleccionar profesor/a co que se desexa contactar-→ enviar a mensaxe de solicitude de entrevista). Enviar mensaxe con solicitude de entrevista.

O profesorado ten marcado no seu horario unha hora de atención ás familias que aparecerá especificada no listado de profesores que aparace na aplicación ABALAR MÓBIL

En caso de non ser posible por este procedemento, poñerse en contacto co centro (vía correo-e: ies.melide@edu.xunta.es, ou telefónicamente: 881866109) indicando o nome da persoa que solicita a cita, o nome do alumno/a, curso e o profesor/a con quen se quere falar. O centro porase en contacto co profesor e buscarase a vía telemática máis apropiada.

 

DATAS AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA ESA módulo III

Datas para a avaliación extraordinaria da ESA, móulo III, que se realizarán de forma telemática:

-Ámbito social: día 12 de maio de 12h a 13h.

-Ámbito científico: día 13 de maio de 11h a 13h.

-Ambito de comunicación: día 14 de maio de 11h a 13h.

INSTRUCIÓNS DO 27 DE ABRIL

Estimadas familias,

como xa saberedes, o pasado 27 de abril a Consellería de Eduación publicou as instrucións a seguir para o curso 2019/20. Son moitos os axustes que temos que facer agora o profesorado e departamentos en cando as programacións e criterios de avaliación, polo que ata a vindeira semana non publicaremos as modificacións realizadas. Mentras deixamos un breve resumo dalgúns puntos que recollen estas instrucións:

  • Flexibilizaranse criterios de promoción e titulación para evitar que a situación actual perxudique ó alumnado

  • Para acadar a nota final teranse en conta as notas de 1º e da 2º avaliación, avaliación actual para recuperar, reforzar e avanzar contidos mínimos imprescindibles.

  • A nota do terceiro trimestre solo poderá ser tida en conta para subir nota.

  • A avaliación de setembro sigue operativa.

  • As materias que non se aproben este curso se levarán como materias pendentes para o curso 2020-21.

  • Polo tanto, todo aquel alumnado que teña suspensas 1º e 2º avaliación que aproveite este tempo para recuperar o máximo posilbe.

En canto teñamos máis concreción publicarémola na páxina wed do centro.

PLANIFICACIÓN DE 1º ESO e 2º ESO

Vistas as dificultades que está tendo o alumnado dos cursos inferiores para organizar e xestionar os apuntes proporcionada polo profesorado, tarefas e datas de entrega, tratamos de organizar toda esta información nun único documento, tamén tratamos de igualar criterios para subir o material de cada semana á aula virtual así como as datas de entregas de tarefas. Esperamos que vos sirvan de axuda.

Nos documentos de cada curso podedes consultar:

  • Horario das sesións de video-conferencias que vai a ter o alumnado. Será o profesor da materia quen indicará o día que comenza estas sesións.
  • Desglosado por materia: lugar onde se localiza a información, lugar onde hai que entregar as tarefas e data establecida como norma para entregar (admite excepcións que indicará profesorado debidamente).

1º ESO A     1º ESO B    1º ESO C     1º ESO D   

2º ESO A     2º ESO B     2º ESO C     2º ESO D

Contacto

Teléfono: 881866109

PARA A ATENCIÓN NO CENTRO

SOLICITAR CITA PREVIA 

Correo-e: ies.melide@edu.xunta.es
Teléfono orientacion (provisional durante COVID-19): 636562574

 

Escola Oficial de Idiomas

AS NOSAS CREACIONS

CALENDARIO

Radio na Biblio

Distribuir

Distribuir contido