You are hereNovas

Novas


ESCOLA NAIS E PAIS DO IES DE MELIDE

Como pensa e sinte un adolescente?

Como acercarnos de forma afectiva e efectiva aos nosos fillos/as?

Como axudar aos nosos fillos/as na resolución de conflitos

Como incentivar e motivar aos nosos fillos/as

Espazo web e blog para a escola de nais e pais do IES de Melide.

http://escoladenaisepaisdoiesdemelide.weebly.com/

Espazo web e blog para a escola de nais e pais do IES de Melide

Espazo web e blog para a escola de nais e pais do IES de Melide.

http://escoladenaisepaisdoiesdemelide.weebly.com/

Benvid@s a este espazo, que non pretende ser máis que unha extensión da escola de nais e pais que hoxe poñemos en marcha. 

Queremos que esta escola sexa algo máis que unha reunión mensual. Gustaríanos que os debates e as propostas que saen destas xuntanzas, traspasasen as catro paredes do centro e se leven á vida familiar. A idea é tomar estes encontros como un punto de partida da reflexión, da análise e do debate sobre o noso xeito de ser nais e pais e do modelo de educación que lle pretendemos dar aos nosos fillos e as nosas fillas. 

Como ademais sabemos que educar non é doado, ofrecemos este soporte para ter un punto de contacto permanente onde todos poderemos lanzar ao ar unha dúbida, unha inquedanza, unha proposta ou simplemente unha reflexión sobre o que estamos a vivir.                             

Benvid@s de novo e graciñas por estar.

ANPA "TERRA DE MELIDE" - DEVOLUCIÓN E PRÉSTAMO DE LIBROS COMPARTIDOS

 O Venres 4 e Luns 7 de Setembro son os días destinados á devolución dos libros prestados polo Banco de Libros  en horario de 10 a 1 da mañá no local da ANPA

Por outra banda os interesados en seguir percibindo o préstamo para este curso deberán ademais ter ó día a cota de socio.

O préstamo farase unha vez iniciado o curso ao longo da primeira quincena.

Calquera cuestión que vos xurda podedes consultala nos teléfonos:

                        Jose    615469722                  Chus   605889738

Lois Pereiro.

As Letras Galegas 2011 con Lois Pereiro.

Presentación en Melide do libro "55 mentiras sobre a lingua galega"

O próximo venres, 5 de febreiro, ás 8 da noite na Biblioteca Municipal de Melide, terá lugar a presentación e debate sobre o libro colectivo "55 mentiras sobre a lingua galega".

 

 

 

As nosas creacións





Distribuir

Distribuir contido