You are hereDependencias

Dependencias


Dependencias do Centro

Ver galería fotográfica

Facendo unha análise rápida da dimensión estrutural podemos dicir que o centro conta cun edificio de tres plantas con forma de “U irregular” con dobre escaleira e cun pequeno ascensor para facilitar a accesibilidade ás persoas con dificultades motrices. Todas as aulas de grupo, aulas-materia (Tecnoloxía, Música, Debuxo, específicas de apoio), laboratorios, departamentos didácticos, aulas informáticas, biblioteca, ximnasio, taller de carpintería, conserxería, secretaría, despachos de dirección, sala de profesorado e cafetería están no edificio principal. O número total de espazos hábiles é de 56 (incluído o pavillón), e separado, a vinte metros, está o pavillón deportivo que inclúe tamén no seu interior un escenario para un uso  polivalente. A zona exterior inclúe dúas pistas polideportivas, un patio  pavimentado e unha zona verde.

PLANO DAS DEPENDENCIAS DO CENTRO

NOME DAS DEPENDENCIAS DO CENTRO

100    Camiño de Ovedo (Aula de Informática)
101    Aula de PDC
102    Alhóndiga
103    Nilo Cea (Obradoiro de Madeira)
104    Castro Canseco (Obradoiro de Madeira)
105    A Carballeira (Tecnoloxía da Madeira)
106    As Fervenzas (Aula de Informática)
107    Fernán e Aldara
108    A Capela
109    O Bocelo
110    Pena Moura
111    Álvarez Carballido
112    Taboada Roca
113    Terra de Abeancos
114    O Castelo
115    Niso Rodríguez
116    Manuel Caxide (Aula de Educación Plástica)
117    Forno dos Mouros (Tecnoloxía)
118    Aires de Melide (Ximnasio)
119    Xenaro Sueiro (Pavillón Polivalente)
201    O Cruceiro
202    Aller Ulloa (Laboratorio de Física)
203    Antonio Casares (Laboratorio de Química)
204    Cova da Serpe
205    Rei García
206    Inés de Castro
207    Sancho de Ulloa
208    Os Irmandiños
209    Os Garceiras
210    Andrés Sampaio
211    Varela Fondevila
212    As Telleiras (Tecnoloxía)
301    Parga Pondal (Laboratorio de Ciencias da Natureza)
302    María Balteira
303    Val de Furelos
304    Curuxás
305    Abdalá ben Melik
306    Castro da Graña
307    Careón
308    Segade Bugueiro
309    Carlos Velo (Aula de medios audiovisuais)
310    Moa
311    Afonso Castelao (Aula de Debuxo)


Abeancos. Terra de Abeancos. Antigo nome dunha ampla comarca arredor de Melide. Xurisdicción eclesiástica. Aínda leva este nome o Alcipreste de Abeancos. Figura xa no S. VIII, no testamento do Bispo de Lugo Odoario.

Aires de Melide. Coro moi popular polos anos 50. Melide débelle moitas veladas e cantigas. O coro foi artífice da normalización lingüística daquel tempo, con toda a súa obra en galego.    

Alhóndiga. Antigo mercado de froito de Melide, situado detrás da Obra Pía de San Antón, onde fora a eira (ou Curro) do Pazo.

Aller Ulloa. Ramón María Aller Ulloa. Natural de Filgueiroa (Lalín). O meirande astrónomo que ten dado Galicia. Construíu o primeiro observatorio astronómico galego en Lalín, no ano 1912.

Álvarez Carballido. Duarte Álvarez Carballido. O primeiro historiador da comarca. Finou no 1913. Publicou moitos traballos e realizou varios descubrimentos. É o punto de partida doutros estudios.

Balteira. María Peres, A Balteira. A máis coñecida das soldadeiras medievais por ter sido nomeada (e maltratada ata extremos insospeitados) en innumerables cantigas de escarnio e maldicir. As soldadeiras exercían en teoría o oficio de bailarinas, pero na práctica realizaban tamén outras funcións pouco confesables (soldadeira: a que acompaña ós soldados nas campañas).

Bocelo. O Bocelo. O Bocelo. Serra que limita a Terra de Melide coas terras de Sobrado dos Monxes. O cumio da serra o Coto do Pilar, con 801 m.

Capela, A. Nome popular co que se coñece o famoso mosteiro benedictino de San Antoíño de Toques. S. XI. Prerrománico da comarca. Contorno paisaxístico.

Carballeira. A Carballeira. Paraxe do contorno coñecida pola idade dos seus carballos.

Careón. Serra que limita a Terra de Melide coa comarca da Ulloa. A serra ten unha altitude media duns 700 m.

Casares. Antonio Casares e Rodrigo. Natural de Monforte de Lemos. Un dos meirandes químicos galegos.

Castelao. Afonso Daniel Rodríguez Castelao. Narrador, dramaturgo, investigador, político... e caricaturista nacido en Rianxo.

Castelo. O Castelo. Lembranza do castelo de Melide, que pertencía á mitra de Compostela. Destruído durante as revoltas irmandiñas no s. XV, estaba situado no outeiro chamado O Castelo, onde se ergue hoxe a Capela do Carme.

Castro Canseco. Francisco de Castro Canseco. Escultor, autor do retablo barroco da igrexa parroquial. Do ano 1690, trátase dunha obra capital da arte galega. Viviu en Melide nove anos, onde lle naceron dous fillos. Tivo obradoiro de escultura, traballando para Melide e Sobrado. De Melide marchou para Ourense, onde finou, despois de deixar unha extensa obra. Pénsase que seu pai era de Melide.

Castro. Inés de Castro. Casad con Lope de Ulloa, é a nai de Sancho de Ulloa, conde de Monterrei. Ten cenotafio funerario no Convento do Sancti Spiritus (igrexa parroquial). S. XV.

Caxide, Manuel. Escultor nacido en Furelos. Tivo o seu taller en Santiago, onde fixo retablos e imaxes que se atopan espalladas por todo o país.

Cea. Nilo Cea Rodríguez. Mestre de ensinanza primaria na parroquia de Furelos. Escritor, poeta e escultor. Nacido e morto en Melide.

Cova da Serpe. Serra da Cova da Serpe. Serra situada ó nordeste da Terra de Melide. Nela localízanse varias lendas relacionadas coas veciñas terras de Narla (Friol).

Curuxás. Ramón Rodríguez Varela, O Curuxás. Nace no 1904 en Toques. Viviu en San Xiao do Camiño (Palas de Rei). Labrego, mineiro en Noia e Asturias. Participou na resistencia ó golpe do 36 e na guerrilla antifranquista dos anos 40. Morreu na década dos 60, de morte natural.

Fernán e Aldara. Fernán López e Aldara González. Matrimonio do S. XIV. El, notario de Melide. Fixeron doazón dos terreos para a construcción do convento franciscano-igrexa parroquial, que rexeu a vida cultural e económica da comarca, ata a exclaustración do 1835. Fernán ten sartego na igrexa parroquial.

Fervenzas, As. Fervenza ou cascada do río Furelos en Brañas (Toques). Contorno paisaxístico moi popular e único na comarca: muíño-castro-fervenza.    

Forno dos Mouros. Dólmen situado no cumio da Serra do Bocelo. Posúe sete chantas e tampa, con corredor e con pinturas no interior. É o único dólmen que se conserva completo no conxunto arqueolóxico-funerario da Terra de Melide.

Furelos. Val de Furelos. Nome do río e da aldea. A súa rede fluvial rega a Terra de Melide, desembocando no Ulla nun punto limítrofe con Pontevedra. Na aldea de Furelos existe unha ponte medieval.

Garceiras. Os Garceiras. Grupo de gaiteiros da Terra de Melide, de sona recoñecida por todo Galicia. Paseou polo mundo o nome de Melide.

García. Rei García. O último rei galego, repetidamente traizoado polos seus irmáns Urraca, Sancho II e Alfonso VI. A historia-lenda conta  que o rei Don García estivo prisioneiro nun castelo que se sitúa en Vilouriz (Zas de Rei). Foi tamén o doador dos terreos para edificar o primeiro mosteiro da Capela.

Graña. Castro da Graña. Castro no que se levaron a cabo varias escavacións, podendo ser visitada a construcción das casas que hai na súa croa. Os achados están expostos no Museo da Terra de Melide.

Irmandiños. Algúns xefes irmandiños, entre os que se atopaban Lope Pérez de Muxía, Pero Bermúdez de Montaos, Bernal Eáns e Sueiro Pérez, reuníronse en 1467 en Melide e acordaron atacar ó arcebispo Alonso de Fonseca e a Sancho Sánchez de Ulloa. Melide é tida pola capital da revolta irmandiña. O castelo de Melide, do que existe constancia, foi destruído durante as revoltas.

Melik. Abdalá ben Melik. Caudillo árabe que, no 812, librou unha batalla, ben a carón do Furelos ou ben preto de Chantada. Algúns historiadores consideran o seu nome orixe do topónimo Melide.

Moa. A Moa. Popular nome dunha céntrica zona da vila. O seu nome fai lembranza da moa dun muíño de moer a casca de carballo para os píos dos curtidores, cando desde o S. XIV ó XIX funcionou en Melide a Confraría de Santa Catarina, de zapateiros e curtidores. Oficio de moito raigame, pois aínda neste século chegou a haber máis de 20 obradoiros onde traballaban uns cen obreiros. Foi o oficio máis importante da vila. Existe o libro da Confraría.

Ovedo. Camiño de Ovedo. Camiño primitivo que chagaba polo Norte. Xúntase en Melide co Camiño Francés.

Parga Pondal. Cidre Parga Pondal. Natural de Laxe. É considerado o meirande xeólogo galego.

Pena Moura. Conxunto de penas naturais que se atopa no cumio da Serra do Bocelo. Lugar de lendas a carón do conxunto de mámoas, onde se atopa o Forno dos Mouros, con dólmen completo.

Rodríguez, Niso. Debuxante melidao que ilustrou os escudos heráldicos do libro Terra de Melide.

Sampaio. Andrés Sampaio. Cura e profesor, director do Coro de Melide. Impartiu ensinanzas no IES Melide.

Segade Bugueiro. Mateo Segade Bugueiro. Nado en San Cosme. Foi bispo en México, Cartaxena e Murcia, e, finalmente, arcebispo. Fundou en 1671 a Obra Pía de San Antón de Melide, practicamente unha Universidade que contaba con cátedras de Filosofía e Gramática, un lector de Arte e dous de Teoloxía. Tiña a súa sé no convento de San Francisco.

Taboada Roca. Antonio Taboada Roca. Xenealoxista e historiador de Melide. A el debémoslle, quizabes, que se estudiase esta terra e se publicase o libro Terra de Melide.

Telleiras. As Telleiras. Lembranza dos obradoiros de tella que existiron ata os finais dos anos 60 en Leboreiro, Furelos e Piñor.

Ulloa. Sancho Sánchez de Ulloa, conde de Monterrei. Señor feudal da comarca, da Ulloa e doutros lugares. Personaxe da Guerra Irmandiña. Melide débelle a construcción da capela maior do convento franciscano-igrexa parroquial. Capela de estilo gótico, con dous sartegos: o de súa nai Inés de Castro e o de Leonor de Mendoza, primeira  muller de seu pai. Tamén foi padroeiro dos Hospitais de peregrinos de Melide e do Leboreiro. Personaxe de moita cultura e tido por home de ben.    

Varela Fondevila. Xoán Varela Fondevila. Natural de Folladela, foi no s. XVIII bispo auxiliar de Santiago. Fundou en Folladela a segunda escola pública da comarca. A súa casa natal é o Pazo das Figueiras, con capela, pombal e heráldica.

Velo. Carlos Velo. Cineasta galego que foxe a México ó acabar a Guerra. Alí desenvolve unha gran campaña política galeguista, ata ser delegado do Consello de Galicia. É importante o seu ensaio Imaxe de Galicia. Como cineasta, realizou un magnífico documental titulado Galicia no ano 1935, que chegou a proxectarse na zona republicana e en Europa. Xa exiliado, dirixiu a película Raíces, galardoada co primeiro premio da crítica internacional de Cannes.

Xenaro Sueiro. Conserxe do IES de Melide dende a fundación do centro ata a súa xubilación no ano 2007.

 

OUTRAS DEPENDENCIAS:

Local da ANPA

Biblioteca

Cafetería

Conserxería

Departamentos

Dirección

Xefatura de Estudos

Secretaría

Orientación

Patio de recreo

Pistas polideportivas

Aula de Pedagoxía Terapéutica

Sala de recepción de nais e pais

Local limpeza

Servizos

 

Ver galería fotográfica

ANPA

Audiovisuais
Aulas
Biblioteca
Cafetería
Conserxería
Debuxo
Departamentos
Dirección
Gimnasio
Informática
Laboratorios
Limpeza
Orientación
Patio de recreo
Pavillón
Pedagoxía terapéutica
Pista polideportivas
Plástica e visual
Recepción de nais/pais
Sala de profesores
Secretaría
Servicios
Talleres

Tecnoloxía

Xefatura

As nosas creacións





Distribuir

Distribuir contido