You are hereMadeira
Madeira
ACTO DE ENTREGA DE DÚAS MESAS DE I+D+I FEITAS NO IES DE MELIDE PARA ALUMNADO CON MOVILIDADE REDUCIDA
O IES de Melide fixo a doazón de dous pupitres que incorporan última tecnoloxía e deseño para persoas con movilidade reducida, e que foron creados e elaborados no taller do Ciclo de Carpintería e Moble do IES de Melide, cun proxecto gañador do primeiro Premio de Innovación que convoca a Xunta de Galicia.
Representantes do IES acudiron ao CEE Santa María de Lugo, xunto co CIFP Politécnico de Lugo, e representantes da Consellería de Eduación, para facer entrega de estas dúas mesas eléctricas que permiten axustar as medidas e posibilidades ao usuario; permite incorporar unha pantalla táctil, ordenador ou outros dispositivos electrónicos para que o alumnado deste centro teña acceso e autonomía na súa formación. Este modelo, poder servir de prototipo xa que non existe nada semellante no mercado.
O proxecto inicial xurdiu hai tempo, debido a necesidades do propio IES de Melide, pero agora vese realizado e mellorado, convertindo unha necesidade nunha solución, aprendizaxe-servizo que favorece a inclusión e o acceso a unha educación integradora.
PRESENTACIÓN DO PREMIADO GLOSARIO DE SIGNOS DO CICLO DE CARPINTERÍA E MOBLE NAS XORNADAS DE INCLUSIÓN
O IES de Melide participou o pasado fin de semana nas Xornadas de inclusión educativa para presentar o seu proxecto 'Glosario en lingua de signos de termos do Ciclo de Carpintería e Moble'. Dito proxecto acadou o 1º premio de Boas prácticas inclusivas da Xunta de Galicia, e cumple co obxectivo de dar visibilidade a prácticas educativas que fomenten a inclusión do alumnado co fin de minimizar as barreiras da aprendizaxe. Lola Corzo, intérprete de signos do IES de Melide e o profesor Fernando López foron os encargados de expor os pormenores deste proxecto nas Xornadas de inclusión organizadas polo Centro de formación e innovación na EGAP en Santiago de Compostela.
O ALUMNADO DO CICLO DE CARPINTERÍA DO IES ELABORA MOBILIARIO INNOVADOR PARA A BIBLIOTECA
Alumnado e profesorado do Ciclo de Carpintería e Moble do IES de Melide, fixo entrega hoxe do novo mobiliario deseñado e creado no propio centro educativo e que incorpora materiais de última xeración. As estanterías son multifuncionais, con espazo de almacenaxe e con mesado para lectura. A súa movilidade fai que o seu uso e o seu desprazamento sexa máis sinxelo. Parabéns ao Ciclo de formación profesional do IES pola súa aportación e contribución á mellora da nosa biblioteca.
1º Premio Ciclo de Madeira
Ciclo de Madeira do IES de Melide
1º PREMIO BOAS PRÁCTICAS DE EDUCACIÓN INCLUSIVA 2021
O Departamento de Madeira do IES de Melide acaba de recibir o 1º premio de boas prácticas de educación inclusiva 2021. No traballo obxecto do premio, o departamento de madeira recompilou os vocablos máis empregados nas aulas e realizou o glorasio de Linguaxe de Signos coa finalidade de facilitar a inclusión no ámbito educativo do alumnado con discapacidade auditiva.
Este glosario leva asociado un gran traballo de investigación que se desenvolveu grazas á colaboración do Ciclo de Madeira do IES de Melide co departamento de Lingua Galega e á intérprete de signos Lola Corzo García. Traballo que trascende ademáis o ámbito do ensino, pois foi moi ben recibido polo sector produtivo, pois ata o de agora non había ningunha recompilación de vocablos deste sector na Linguaxe de Signos e facilita a incorporación ó sector de persoas con discapacidade auditiva.
PARABÉNS
O GLOSARIO DIXITAL DO CICLO DE MADEIRA CON LINGUA DE SIGNOS
O Ciclo de Carpintería e Moble do IES de MELIDE na prensa:
O catálogo de 200 termos do mundo da carpintería en galego, castelán e na lingua de signos, ven de ser reseñado na prensa, poñendo de relevancia a importancia desta iniciativa pioneira no mundo educativo e profesional, de grande utilidade e proxección. Podédela atopar na seguinte dirección web: iesmelide-madera.com.
MATERIAL PARA O ALUMNADO DE MARTA LÓPEZ PERIAGO
Neste pdf podedes atopar o material das distintas materias que imparte a profesora de Marta López Periago.