You are hereSecretaría, Taboleiro, Libros de texto, Acceso Universidade, Matrícula / Admisión, Impresos, Solicitude de certificados

Secretaría, Taboleiro, Libros de texto, Acceso Universidade, Matrícula / Admisión, Impresos, Solicitude de certificados


SECRETARÍA sticky icon

ACTIVIDADES DOCENTES DE FINAL DE CURSO (CONVOCATORIA ORDINARIA EN XUÑO) PARA 1º BAC, ESO, EBI, ESA e FP Básica e MADEIRA.

PDF coas ACTIVIDADES DOCENTES

 

CALENDARIO DE MATRÍCULA - CURSO 2017/18

PDF cos días e horas  CALENDARIO DE MATRÍCULA

PDF coas COMBINACIÓN DE MATERIAS a ter presente polo alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de BAC na matrícula do curso 2017-18. Estas combinacións establecense con atención ás prematrículas feitas polo alumnado no mes de maio.

 

RUTAS AUTOBÚS ESCOLAR - PARADAS AUTORIZADAS

PDF co LISTADO DE PARADAS POR RUTA

O prazo de solicitude de modificacións de paradas remata o 03/07/2017.

 

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2017-18

PDF co listado dos LIBROS DE TEXTO POR CURSO

Recoméndase non mercar libros ata setembro (ESO), despois de esgotar as posibilidades de facerse con eles a través do fondo de libros solidario do IES e do banco de libros da ANPA. Máis información na secretaría do centro.

 

LIBROS DE TEXTO - CURSO 2017/18 sticky icon

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR

PRAZO: ata o 23 de xuño (entregar a solicitude no centro onde está matriculado o alumnado).

RESUMO DOG

Impreso solicitude

DOG

SUXESTIÓNS Á REDACCIÓN DO PLAN DE AUTOPROTECCIÓN DO IES DE MELIDE

Segundo o aprobado na Xunta de Autoprotección do IES de Melide, celebrada o 31 de maio, ábrese un prazo de suxestións á redacción do Plan de Autoprotección do IES de Melide.

Aqueles membros da comunidade educativa que queiran facer algunha suxestión ou recibir aclaracións teñen ata o día 16 de xuño para comunicarse co equipo directivo do centro a través da conta de correo electrónico ies.melide@edu.xunta.es

Dito Plan será levado para a súa avaliación e posible aprobación ó Consello Escolar que se celebrará o próximo día 30 de xuño.

O Plan pode ser consultado neste enlace

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS XORNADAS ACADÉMICAS DO MÉRCORES 22 E XOVES 23

21/03/2017 19.00 h

Debido ás previsións de condicións meteorolóxicas adversas para o mércores 22 e xoves 23 de marzo, a dirección do IES de Melide con atención ás indicacións da Consellería de Cultura, educación e O.U. informa:

1.- Manter o horario habitual de clases coa excepción do mércores pola tarde, aprazando a realización dos exames que estaban previstos para facer  o mércores 22 (a partir das 11:10) e o xoves 23 (todo o día).

Tendo en conta que estamos na semana previa á realización das xuntas de avaliación do trimestre, recoméndase non baixar o ritmo de estudo, previsiblemente haberá que examinarse das materias afectadas o primeiro día de clase no que non haxa interrupcións do transporte escolar.

2.- MÉRCORES 22 DE MARZO

Realizar o servizo ordinario de transporte escolar a primeira hora da mañá e adiantar o regreso, saíndo os autobuses do centro ás 11:10. O alumnado transportado poderá elixir entre regresar ás súa casas ó finalizar o recreo ou esperar a que as familias os veñan a recoller á finalización do horario lectivo de mañá, ás 14:15.

Suspende a actividade lectiva do mércores pola tarde.

3.- XOVES 23 DE MARZO

Suspender o servizo ordinario de transporte escolar a primeira hora da mañá e realizar con normalidade o de regreso, con saída do centro ás 14:15.

O alumnado transportado que desexe acudir a clase terá que facelo, na viaxe de ida, polos seus propios medios.

 

PRÉGASE Á TODA A COMUNIDADE ESCOLAR QUE ESTEA ATENTA Á PÁXINA WEB, ONDE INFORMAREMOS SEGUNDO AVANCEN AS HORAS DAS POSIBLES VARIACIÓNS QUE TEÑA ESTA INFORMACIÓN.

TAMÉN MANDAREMOS AVISOS POR ABALAR MÓBIL.

Un saúdo

O equipo directivo

Presentación do alumnado - ESO E BACHARELATO

O alumnado de 1º de ESO terá unha presentación inicial co Equipo Directivo e coa Orientadora do centro o XOVES 15 DE SETEMBRO ÁS 11:30 HORAS.

O VENRES, 16 DE SETEMBRO ÁS 11:30 HORAS, todo o alumnado da ESO e de Bacharelato terán presentación cos titores/as.

O día 15 de setembro publicarase nesta web os listados de alumnado por grupos e a súa aula de referencia.

Haberá servizo de transporte escolar. Para calcular o paso do autobús por cada unha das paradas débese ter en conta que o transporte escolar iniciará a ruta unha hora antes da presentación. A hora de regreso dos autobuses será con saída do IES ás 12:30 (xoves 15) e ás 13:00 (mércores 16).

APORTACIÓNS ó Plan de Convivencia e ás Normas de Organización e Funcionamento

Axúntanse os borradores do PLAN DE CONVIVENCIA e do NOF (normas de organización e funcionamento). A comisión de convivencia do IES de Melide, encargada da redacción destes documentos, abre un prazo ata o próximo venres 03 de xuño para recoller as aportacións da comunidade educativa.       

 

As nosas creacións





Distribuir

Distribuir contido