You are hereSecretaría, Taboleiro, Libros de texto, Acceso Universidade, Matrícula / Admisión, Impresos, Solicitude de certificados

Secretaría, Taboleiro, Libros de texto, Acceso Universidade, Matrícula / Admisión, Impresos, Solicitude de certificados


PROCEDEMENTO DE COMUNICACIÓN DO PROFESORADO CO ALUMNADO

A continuación tedes o documento onde está recollido por curso, materia e profesor a forma que terán de deixar tarefas estes días.

DOCUMENTO

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE TRABALLO DESTES DÍAS

Estimadas familias:

Vistos os últimos acontecementos estamos preparándonos por un posible aumento de días de suspensión da actividade docente presencial, isto nos vai a levar un días polo que vos solicitamos paciencia e colaboración. Esta fin de semana, como puidestes observar, a páxina web do centro e a aula virtual estiveron en mantemento, polo que o que tiñamos pensado adiantar durante a fin de semana para que estivera case todo listo, terémolo que facer ao longo destes días.

Pasamos a darvos algunhas indicacións sobre como funcionaremos. Son moitas as instrucións que van, por favor, lede todo moi atentamente (e varias veces se fai falta) e logo, se precisades aclaracións chamade ó centro, pero procurade non colapsarnos con pequenas cuestións:

  • A comunicación do profesorado co alumnado: será principalmente a través da aula virtual, correo electrónico, páxina web e abalar móbil. Xúntase listado detallado por cursos e materias onde se indica a forma que vai empregar o profesorado para comunicarse con vós e enviarvos tarefas.
    • A maioría dos cursos e inicialmente estes días son accesibles como convidado, polo que non precisades nome de usuario e contrasinal, premedes no curso e na ventá que aparece marcamos entrar como convidado.
    • O material irase engadindo pouco a pouco, entre hoxe e mañán estarán todos os cursos creados.  
  • Mentras non está habilitada a aula virtual: para traballar ao longo desta semana:
    • Lede detidamente a guía elaborada polo departamento de orientación para organizarvos da mellor forma posible estes días.
    • Repasade e estudade toda a materia do trimestre, pois as probas de avaliación do 2º trimestre non feitas, serán realizadas nada máis regresemos seguindo un calendario que publicaremos mércores día 18 de marzo.
    • Realizade as tarefas que o profesorado vos vai indicando na páxina web do centro (apartado departamentos no departamento correspondente, correo electrónico ou aula virtual).
  • Enviaremos instrucións sobre o manexo da aula virtual para todo aquel alumnado e familias que nunca a manexaron:
  • Se alguén precisa de asesoramento ou non é capaz de entrar na aula virtual, poderá chamar ó centro (881866109-722567520 en horario de 10h a 13h), trataremos de resolver todas as dúbidas.

  • Alumnado que sabe manexar a aula virtual podería axudar a resolver dúbidas ós compañeiros

  • Para alumnado que non ten medios telemáticos para seguir as clases, poñerémonos en contacto coas autoridades para confirmar que vos podedes achegar ó centro a recoller as copias do traballo aportado polo profesorado.

  • Mantemos para hoxe a avaliación de 2º bac, mañán día 17 de marzo á partir das 12 h faremos visibles as notas dende a aplicación ABALAR MÓBIL, aquel alumanado maior de idade que non ten acceso a abalar móbil poñerémonos en contacto con vós.

Esperamos que esteades todos ben, irémosvos informando pouco a pouco trataremos de ir aclarando as dúbidas que poidan xurdir.

 Graciñas pola vosa colaboración e coidádevos moito

O Equipo Directivo

SUSPENSIÓN DAS CLASES A PARTIR DO LUNS 16 DE MARZO

Ante o anuncio da voluntariedade de asistencia a clase, mañá venres 13 de marzo e a suspensión da actividade académica dende o 16 de marzo no ensino galego, informamos:

-Mañán venres o centro permanecerá aberto e o alumnado será atendido polo profesorado no seu horario habitual.

-Respecto das probas de avaliación previstas para mañán 13 de marzo: queda a criterio do profesorado realizar ou non as probas pero coa OBRIGATORIEDADE de facerllas ó alumnado que falte mañá unha vez se reanude a actividade lectiva.

-Respecto da información solicitada na circular enviada hoxe a través do alumnado: agradeceríamos nola fagan chegar (persoalmente no centro ou a través de chamada telefónica) pois seríanos de gran axuda para organizar o traballo dos próximos días.

 

Seguiremos informando das novas que se produzan ao longo destes días a través de ABALAR MÓBIL  e a PÁXINA WEB do centro.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

O equipo directivo

 

Convocadas as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

Publicación no DOG do 26 de febreiro, da Orde do 10 de febreiro de 2020, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Cartaz informativo

TABOLEIRO

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO POR CURSOS - CURSO 2019/20

 

Información

 

LIÑAS DE AUTOBÚS - CURSO 2019/20 

Información

A solicitude de novas paradas remata o 5 de xullo.

ASIGNACIÓN LIBROS DE TEXTO

A asignación do fondo de libros relativa ó curso académico 2017/18 pódese consultar na conserxería do centro.

Os libros asignados serán entregados o día 15 no IES de Melide, na presentación de curso dos distintos grupos co seu titor/a.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido