You are herecontent / SUSPENSIÓN DAS CLASES A PARTIR DO LUNS 16 DE MARZO

SUSPENSIÓN DAS CLASES A PARTIR DO LUNS 16 DE MARZO


Ante o anuncio da voluntariedade de asistencia a clase, mañá venres 13 de marzo e a suspensión da actividade académica dende o 16 de marzo no ensino galego, informamos:

-Mañán venres o centro permanecerá aberto e o alumnado será atendido polo profesorado no seu horario habitual.

-Respecto das probas de avaliación previstas para mañán 13 de marzo: queda a criterio do profesorado realizar ou non as probas pero coa OBRIGATORIEDADE de facerllas ó alumnado que falte mañá unha vez se reanude a actividade lectiva.

-Respecto da información solicitada na circular enviada hoxe a través do alumnado: agradeceríamos nola fagan chegar (persoalmente no centro ou a través de chamada telefónica) pois seríanos de gran axuda para organizar o traballo dos próximos días.

 

Seguiremos informando das novas que se produzan ao longo destes días a través de ABALAR MÓBIL  e a PÁXINA WEB do centro.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

O equipo directivo

 

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido