CUALE: Estudos de ampliación de lingua estranxeira

Se estás interesado en matricularte en CUALE, ampliación de linguas estranxeiras aquí che deixamos toda a información:

 

Que é o CUALE?

É un curso de ampliación en lingua estranxeira que se imparte nunha tarde a semana durante 3 h no IES de Melide

Para que vale?

Permite unha certificación oficial do nivel de inglés a través dunha proba na escola oficial de idiomas para os niveles A2, B1 e B2

Quen pode Acceder?

A1: Alumnado matriculado en 3º ESo

A2: Alumnado matriculado en 4º ESO

B1 Alumnado matriculado en BAC ou con certificado A2

B2: Alumnado matriculado en BAC ou Ciclos ou con certificado B1

Cantas prazas temos?

Cada grupo terá un máximo de 20 prazas. Se hai mais solicitudes que prazas poderá establecerse unha proba de nivel previa. 

Datas e actuacións:

Mes de xuño: preinscripción

Mes de setembro:

Día 26 Proba de nivel para acceso a B2 (máis solicitudes que prazas)

Día 27 Matricula na secretaría do centro

 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Os vales de Axuda para adquisición de material escolar poderán ser retirados na secretaría do centro desde o día 4 de setembro.

 

  • Cada vale solo poderá ser empregado nun único establecemento.
  • Non deberá asinarse o vale ata ter consumido a totalidade do importe concedido.
  • O vale poderá ser empregado como máximo ata o 10 de abril de 2025
  • O vale solo poderá ser retirado pola persoa que fixo a solicitude ou por unha persoa debidamente autorizada mediante unha autorización por escrito.

INICIO DE CURSO 2024-25

Aquí podes consultar as datas de presentación e de inicio de clases

FONDO DE LIBROS DE TEXTO:LISTAXE DEFINITIVA

Xa podes consultar a Listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario de libros para o curso 2024-25 a través de aplicación fondo libros (preme na imaxe) identificándote con certificado electrónico, Chave 365 ou conta de usuario ou podes consultar a listaxe no taboleiro de anuncios da secretaría do IES.

Nesta litaxe poderás ver cales son os libros que finalmente tés adxudicados.

 Os Vales para compra de material escolar poderán retirarse na secretaría do centro a partir do día 4 de setembro

 

 

OFERTA FORMATIVA DO IES DE MELIDE

   
   

ESTUDOS DE ESO E BACHARELATO

CICLO FORMATIVO BÁSICO E MEDIO DE CARPINTERÍA E MOBLE

CICLO SUPERIOR DUAL DE DESEÑO E AMOBLAMENTO

CICLO SUPERIOR DUAL DE GANDEIRÍA E ASISTENCIA EN SANIDADE ANIMAL

ESTUDOS DE SECUNDARIA PARA ADULTOS

CURSOS DE CAPACITACIÓN DIXITAL PARA ADULTOS

Libros de texto curso 2024-25

Pode consultar aquí o listado de libros para o curso 2024-25

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR.

 

Poderá solicitar o préstamo de parte dos libros de texto e as axudas para adquisición de material escolar no aplicativo web fondolibros ou na secretaría do centro. Teña en conta os seguintes prazos:

 

Prazo de solicitude 21 de xuño
Prazo devolución libros curso anterior 21 de xuño
Listaxe provisional de admitidos 19 de xullo
Reclamación á listaxe provisional 22 e 23 de xullo
Listaxe definitiva de admitidos 24 de xullo

Os listados de admitidos provisional e definitivo poderán consultarse no aplicativo web e no tabolerio de anuncios do IES e Melide.

Matrícula curso 24/25

1. MATRÍCULA EN ESO E BACHARELATO

Organización dos días e prazos

 

Documentación

  • A documentación necesaria está indicada no propio sobre de matrícula
  • O pago do seguro escolar farase na oficina bancaria. Poderá facerse presencialmente, desde un caixeiro automático ou desde unha aplicación móbil. Reocorde imprimir o recibo e indicar o nome do alumno/a no xustificante.
  • Parada transporte escolar. Para alumnado con dereito a transporte pode consultar aquí a lista de paradas autorizadas

 2. MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOS:

  • Ciclos formativos en réxime ordinario: Consultar prazos aqui
  • Ciclos formativos en réxime dual intensivo: Consultar prazos aqui

CARTA ABERTA Á COMUNIDADE DO IES DE MELIDE

En relación cos feitos acontecidos nesta semana contra un profesor membro desta comunidade educativa o IES de Melide manifesta o seu rexeitamento e condena este tipo de accións facendo chegar a todos os membros da comunidade educativa unha

Carta aberta á comunidade do IES de Melide.


Convencidos de antemán da comprensión e solidariedade coas persoas afectadas por este tipo de situacións, queremos agradecer a súa colaboración en aras dunha convivencia pacífica e respectuosa.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido