UN EX-ALUMNO DO IES DE MELIDE É PREMIADO NO CERTAME ARQUÍMEDES 2015

David Méndez Martínez, ex-alumno do IES de Melide, acada o segundo premio no Certame universitario ARQUÍMEDES 2015 de investigación científica (Área de Ciencias Experimentais Exactas e Ambientais).

David, que rematou co mellor expediente da súa promoción os estudos de Grao en Matemáticas no 2014, na Universidade de Santiago de Compostela, está a facer na actualidade a tese doutoral en Málaga.

Parabéns!

19 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA

ACTIVIDADES NO IES MELIDE:

. Xornada de filocafé nas aulas co alumnado de 1º bac.

. Proxección de videos filosóficos elaborados polo alumnado de 1º bac.

. Proxección de partido de fútbol entre filósofos( Monthy Phyton).

. Campaña de carteis  para publicitar a filosofía e CALENDARIOS.

Intervención polas aulas de 3º, 4º ESO e 1º E 2º bac do grupo Teiroa " A ACADEMIA DE PLATÓN".

INVITAMOSVOS A BOTARLLE UNHA OLLADA Ó VÍDEO.

FELIZ DÍA DA FILOSOFÍA!!!!!

VI Seminario sobre a Memoria. Actividade complementaria coorganizada polo IES Melide en Mondoñedo

Domingo, 22 de novembro de 2015

A partir das 11.00 h.

Na Praza da Catedral de Mondoñedo

Percorrido polo Mondoñedo histórico, na procura das pegadas da represión franquista, e en especial daquelas que teñen relación con O Gardarríos, o guerrilleiro máis coñecido da comarca.

Acceso ao programa aquí.

 

REMATOU O VI CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO, COORGANIZADO POLO IES DE MELIDE

O VI Curso de formación sobre o patrimonio lúdico, centrado na relación do xogo tradicional coa literatura oral e coa música, celebrouse a fin de semana do 13 e 14 de novembro en Santiago.

Nel participaron medio cento de educadores e educadoras procedentes de toda Galicia, que desenvolveron un total de cinco sesións prácticas de aprendizaxe de xogos e de análise de estratexias para integrar o patrimonio lúdico no currículo. No programa do Curso houbo tempo tamén para a reflexión teórica, suxerida polo investigador portugués João Amado, e polos galegos Antón Cortizas e César Camoira, filólogo melidao este último.

O Curso forma parte dos proxectos de colaboración permanentes existentes entre o IES de Melide e a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, entidade promotora do mesmo. A Biblioteca do centro, por exemplo, conta no seu catálogo cos fondos documentais e bibliográficos da AGXPT.

VI CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO

VI CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO: XOGO, LITERATURA ORAL E MÚSICA, coorganizado polo IES de Melide.

Venres e sábado, 13-14 de novembro de 2015.

Conservatorio Profesional de Música de Santiago.

Toda a información aquí (enlace).

2ª CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR - XUNTA

Máis información na Secretaría do IES

1.- PARA AQUELAS PERSOAS QUE NON O SOLICITASEN NO PRAZO ANTERIOR.

2.- PARA RENTAS PER CÁPITA FAMILIARES INFERIORES A 5.400 €.


3.- PRAZO DE DEZ DÍAS HÁBILES, dende o 10 de novembro.

Ligazón ao DOGA

Parabéns para o Ciclo de Madeira

Concluído o control de Avaliación do Informe Final, relativo ao Convenio de subvención de referencia, enviado pola súa institución ao finalizar a actividade referida ao seu proxecto de Asociacións Leonardo dá Vinci,  comunícolle que a avaliación xeral do informe foi calificada como: MOI BO TRABALLO.

Servicio Español para la Internalización de la educación

https://woodergy.wordpress.com

Por outra banda, o Ciclo de Madeira do IES de Melide recibe un TRADE DE COLUMNA CON MORDAZA . Maquina que forma parte do equipamento solicitado á XUNTA no curso 2014/15.

Samaín 2015

Logo do Día da Biblioteca adicado a "Alicia no país das marabillas", o noso centro se prepara para vivir "unha semana terrorífica":

1- Concurso de cabazas organizado polo Departamento de Debuxo do centro.

2- Concurso de "relatos terrorificos" relacionados co Samaín.

O Departamento de lingua galega, o Equipo de Dinamización e a biblioteca do IES Melide convoca dende hoxe ata o vindeiro 13 de novembro un certame literario.

Se establecen 3 categorías:

    1. Categoría Meigallo: para alumnos de 1º e 2º Eso

    2. Categoría Pocion: para alumnos de 3º e 4.

    3. Categoría Santa Compaña: alumnado de Bac.

Haberá un premio por categoría.

3- Decoracion das portas das aulas na Eso.

FELIZZZZZ SAMAÍN  A TOD@S. 

O IES de Melide contará para os cursos 2015/16 e 2016/17 cun Plan de Formación Permanente do Profesorado

Non alleos ó movemento de innovación pedagóxica, estamos a impulsar un traballo por proxectos transversais baseados nas competencias claves baixo liderados compartidos co alumnado  e utilizando metodoloxías  colaborativas facilitadas por un uso creativo, pedagóxico e interactivo das TIC.

Co nome de eNPRoXeCTo queremos desenvolver aprendizaxes nas que despreguemos o conxunto integrado de contidos, destrezas e actitudes (dimensións da competencia), poñéndoas ó servizo da resolución eficaz dunha situación "problemática".

Obxectivos

-Analizar os currículos buscando coincidencias que permitan o traballo por proxectos transversais e interdepartamentais (profesorado) e  intergrupal (alumnado) cun cambio real na metodoloxía de aula, traballo por competencias clave.

-Avanzar rumbo unha perspectiva curricular da atención á diversidade, buscando solución de aprendizaxe baseadas nas modificacións a nivel contextual, buscando a máxima inclusión posible.

-Coñecer o funcionamento básico das TIC e as súas posibilidades pedagóxicas, interactivas e creativas dentro e fóra da aula. Estudar e analizar as posibilidades que teñen como ferramenta colaborativa e integradora do alumnado con NEE.  

As nosas creacións





Distribuir

Distribuir contido