You are hereFilosofía
Filosofía
DÍA DA MULLER NO IES DE MELIDE
Hoxe 8 de marzo celebramos o Día da muller coa entrega de máscaras de cor violeta a todo o alumnado para visibilizar esta xornada. O alumnado de 2º de Bacharelato foi o encargado de facer no recreo unha representación coa lectura de textos alusivos a situacións ás que se enfrontan as mulleres no día a día, rematando con unha lembranza homenaxe ás mulleres ucraínas neste día.
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO IES DE MELIDE
Conmemoramos o día 25 de novembro no IES de Melide para poñer de relevo o noso rexeitamento cara unha realidade que cada ano están a sofrer mulleres de todo o mundo. Co gallo desta data, realizouse unha curtametraxe co alumnado de 2º de Bacharelato e recibimos a Carme Liñeiro, concelleira de Política social, Igualdade e Saúde do Concello de Melide. Ex-alumna do noso IES, a concelleira compartiu con alumnado de Bacharelato a súa experiencia no mundo do traballo social e no eido da igualdade e os conflitos de xénero.
CURTAMETRAXE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O alumnado de 2º de Bacharelato do IES de Melide participou o luns día 9 de novembro nun obradoiro de interpretación coa actriz Cristina Collazo, da compañía A Cova das Letras, para realizar unha curtametraxe en torno ao tema da violencia de xénero, con un texto de Rosalía de Castro datado no 1858, e que está considerado como un dos primeiros manifestos do feminismo. Esta obra audiovisual enmárcase nos actos de conmemoración do 25 de novembro e será difundido a través das redes sociais do Concello.
ASISTENCIA VI OLIMPIADAS DE FILOSOFÍA
Onte a Facultade de Filosofía fíxose pequena con tanta mente maravillosa!!!...máis de 200 participantes na Olimpiada Filosófica de Galicia!!!!....e nos tamén estivemos ahí...o grupo de filósofos do IES de Melide, participando nas modalidades de dilema moral, curta de video e fotografía. Ademáis, como non, montamos o noso telderete, tatuamos amor pola filosofía e agasallamos con pulseiras metafísicas a quen o quixera!!!!....E non nos chegaron a nada!!!
Grazas a Son Zeltia polo curre, adicación e amor co que organiza esta Olimpiada _ o caso é que fai 1000 cousas pero con ese ollar azul e limpo que ten da a sensación que está sempre en modo zen!!!!!!
Conferencia "DIVERSIDADE SEXUAL NAS AULAS"
Onte, 23 de abril, estivo no IES de Melide Alberto Hernández, do colectivo LGTB Ultreia, para falar sobre a diversidade sexual nas aulas ao alumnado de 3º ESO e 1º BAC.
Alumnado de Filosofía no Parlamento de Galicia
Despoís de varios días co triste cheiro a fume e lume, hoxe o Parlamento de Galicia recendía a Filosofía¡¡¡¡
A sensatez, a cordura a audacia e tamèn a regueifa inundou todos os cornellos do Parlamemto e a Filosofía ocupou os seus espazos.. A Iniciativa Lexislativa Popular presentada en defensa de esta materia foi aprobada por unamidade.
E o alumando do IES de Melide estivo alí inundando de aire fresco o Parlamento para recuperar o noso arsenal de armas de construcción masiva que non é outro que o pensamento!!!!! …
Deunos tempo ata a regueifar na escaleira principal, acompañad@s por público e parlamentari@s entusisasmad@s que se uniron ao nos lalala…
Pedímos filosofia
para a nosa melloria
se non temos pensamento
seria un sufrimento
lalalalala
Pedimos parlamentarios
pois sodes destinatarios,
deixade a filosofía
como unha sabedoría.
Lalalal
Necesitamos filosofía para ter un ensino que nos ensine a pensar e non a obedecer.
IES de Melide na IV Olimpiada Filosófica de Galicia.
O pasado día 17 de marzo os alumnos de Filosofía de 4º ESO participaron na IV edición da Olimpiada Filosófica de Galicia na modalidade de curtas de vídeo e fotografía. As curtas e fotos pódense visualizar na páxina da olimpiada que nesta edición propoñía como tema dos traballos a Intelixencia Artificial.
Pero ademais de participar deste xeito, os mesmos alumnos fixeron unha intervención teatral, que xa fora representada no IES de Melide o 17 de Novembro, co galo do Día da Filosofía, titulada A Academia de Platón.
Dita intervención foi acollida polo público da Facultade de Filosofía, tanto por parte do seu alumnado como por parte do profesorado, dun xeito extraordinario e os nosos alumnos recibiron ó final do acto unha mención especial e unha unánime e entusiasta ovación.
Felicitamos aos nosos alumnos pola súa dedicación e traballo nun acto que pretende difundir a filosofía como saber crítico e necesario, por un lado, e por outro, achegar os ámbitos do ensino medio e o universitario.
Parabéns a tod@s eles e VIVA A FILOSOFIA
Parlamento de Galicia
Como ven sendo habitual desde hai varios anos o Departamento de Filosofía organizou unha visita ao Parlamento de Galicia; este ano foron os alumnos de Ética de 4º ESO e Antropoloxía de 1º BAC os que tiveron a oportunidade de presenciar unha das sesións parlamentarias máis interesantes de todo o curso político xa que neste día tratabánse as preguntas ao presidente.
Tamén en liña con esta actividade, un grupo de estes alumnos participou os días 26 e 27 de febreiro nunha nova edición do Parlamento Xove, un certame que trata de incentivar o debate como ferramenta importante en todo discurso.
O alumnado participante Elvira Mazás, Cristina Simón, David Sesar e Ivan Oro, acompañados pola profesora Dolores Vázquez, cunha experiencia dilatada nestas lides, defenderom apaixoadamente os seus argumentos enfrontándose dialécticamente aos centros que lles foron asignados por sorteo.