You are hereMúsica

Música


Intercambio teatral Melide-A Estrada

Esta semana, o grupo de Teatro Teiroa vén de participar na primeira parte do intercambio de aulas de teatro entre o IES de Melide e o IES Antón Losada Diéguez de A Estrada. Catorce actores e actrices melidenses desprazáronse ata a vila pontevedresa para compartir unha xornada de convivencia e representar a obra "Asemblea Xeral" galardoada no Certame de Cooperativismo no Ensino neste 2018 co primeiro premio á mellor actividade cooperativizada.

Nunha segunda fase do intercambio, recibiremos en Melide ao alumado da Aula de Teatro do Instituto Antón Losada. O pasado martes 27 de novembro,  o traballo e as horas de ensaio adicadas a esta montaxe de teatro negro para monicreques, sairon á escena nunha exitosa e ben acollida representación. Parabéns rapeces e rapazas!

IES DE MELIDE PREMIO Á MELLOR ACTIVIDADE COOPERATIVIZADA

Alumnado do noso centro participou no concurso COOPERATIVISMO NO ENSINO 2018, coa obra "Asemeblea xeral", no que resultou gañador na modalidae de actividades cooperativizadas e recibiu o premio da man de Patricia Rodríguez Franco, secretaria territorial da Xunta de Galicia na Coruña.

"Asemblea xeral" é unha adaptación para monicreques e teatro negro da obra homónima do valdeorrés Louro Olmo. A posta en escea e a adaptaciónd esta obra son o froito dun traballo de meses do alumnado de diferentes materias e niveis que traballaron conxuntamente para sacar adiante un proxecto de aprendizaxe cooperativa.

O vindeiro día 26 de xuño haberá unha nova representación dentro do programa de festas do Barrio de San Pedro en Santiago de Compostela, no centro Don Bosco ás 19:00H.

Premio_Asemablea xeral

 

Obradoiro de Ioga con Nanda Cabaleiro

Na última semana do 2017 tivemos con nós a Nanda Cabaleiro, a que fora profesora aquí no IES de Melide e que regresou para achegarnos e introducirnos nos beneficios do Ioga como técnica para manter a relaxación, o control da respiración e da posición corporal e para manter a concentración e o control da tensión e dos nervios en situacións de estrés ou de axitación. Ferramentas moi últiles para aplicar en calquera faceta da vida, pero que nós comezaremos a poñer en práctica desde xa nas nosas clases de Artes escénicas. Foi todo un pracer contar con ela e poidemos desfrutar dunha relaxante e interesante clase.

Asistencia ó espectáculo "RÉQUIEM POR UN MONICREQUE"

O pasado 11 de xaneiro o alumnado de 4º ESO de artes escénicas e de 1º BAC asisitiron en Santiago de Compostela ó espectáculo "REQUIEM POR UN MONICREQUE", peza deliciosam que partindo dunha anécdota histórica operística indaga con ironía na relación do escénico co extraescénico (preme aquí para ler máis)

requiem por un monicreque

Obradoiro Danza e Expresión Corporal

Este luns 13 de novembro tivemos con nos á bailarina Lola Corzo para achegarnos ao mundo da danza clásica.

O alumnado de Artes escénicas poido experimentar e darse conta da importancia do movemento dentro da escena, así como da complexidade que leva consigo o control do corpo e a dura disciplina de entrenamento que require.

A danza é unha das expresións culturais máis descoñecidas pero que está chea de beneficios, non só para a saúde, senón tamén  para a expresión, para a adquisicións de hábitos de traballo, disciplina de estudo e entrenamento, autocontrol, é un largo etcétera

ASISTENCIA AO FESTIVAL DE CINE OUFF ESCOLA

 

O día 24 de outubro os alumnos de Artes Escénicas do curso 2016-2017 asistiron como finalistas á gala dos VIII  OUFF ESCOLA (certame escolar de curtas enmarcado dentro do Festival de Cine de Ourense). Alí compartiron espazo con alumnos doutros colexios e institutos de Galicia e pasaron uns momentos moi emocionantes á espera do fallo do xurado. A sorte non quixo estar do seu lado… aínda que presentaron uns traballos moi creativos e ben elaborados.


Colherinhas, adaptación do texto de Séchu Sende “13 colherinhas numa caixinha negra”, do libro “A república das palavras”. Realizado por Laura, Alba, Alberto, Javier, Ainhoa, Marta, Nuria, Sandra e Helena, un grupo dinámico, creativo, enérxico e ...irrepetible.

Colherinhas from Belen on Vimeo.

ASISTENCIA Ó FESTIVAL "GALICREQUES"

O alumnado inscrito no club de lectura PAPALIBROS e o alumnado que cursa a materia de artes escénicas, achegouse a Santiago de Compostela o pasado 20 de outubro para ver Macbeth, ya somos el olvido que seremos, a cargo da compañía Alauda Teatro. Máis información nesta ligazón.

Galicreques

Concerto o 5 de xuño no Auditorio da Casa da Cultura de Melide.

O Alumnado de Música de 1º de Bacharelato como traballo de fin de curso avaliable na súa materia organiza un concerto o próximo día 5 de xuño no Auditorio da Casa da Cultura de Melide. O concerto está organizado polo Consorcio para a Promoción Musical do IES de Melide, que é un grupo de traballo creado dentro da aula co obxectivo de realizar proxectos de programación e organización de eventos culturais. Son os mesmos alumnos e alumnas os que compoñen, ademais, o grupo de percusión que intrepreta todas as pezas do concerto, baixo o nome de @REcortados. Colabora con eles ademais o Grupo de Teatro Teiroa.

As nosas creacións

 





Distribuir

Distribuir contido